"ROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1150.

  • PERSOEIRO

    Economista librecambista. Foi profesor de Historia Económica en París. Entre as súas obras destaca Histoire de l’économie politique en Europe depuis les anciens jusqu’à nos jours (Historia da economía política en Europa desde a Antigüidade ata os nosos días, 1837-1845), primeiro intento sistemático de elaborar unha historia da economía política. Foi o primeiro director do Journal des economistes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia patricia de Milán. Os seus descendentes foron condes milaneses de Arona (1445); destacaron Carlo Borromeo , cardeal e arcebispo de Milán, Federico Borromeo (1564-1631), marqués de Anguera, e Carlo Borromeo (falecido en 1734), grande de España (1708) e vicerrei de Nápoles (1710).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (Arona, Lombardía 1538 - Milán 1584) Arcebispo de Milán (1564-1584) e cardeal (1560). Dirixiu a Contrarreforma en Suíza e reformou a súa diocese fundando colexios e seminarios. Escribiu numerosos sermóns e instrucións. Canonizado en 1610, a súa festividade celébrase o 4 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francesco Castelli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e poeta polaco. Destacou como membro activo da resistencia nacional contra os nazis. As súas novelas tratan estes problemas; entre elas destacan Slad (A pegada, 1946) e Ile jest zycia (Canta vida queda, 1971). A súa obra máis importante é Kolumbowie-rocznik 20 (Os colonos do ano 20, 1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor mercantil e empresario. Foi director de relacións públicas de Cetycar coas Casas Regionales, delegado xeral de Carta de España e correspondente de La Región Internacional. Publicou máis de 200 poesías e gravou diversos casetes coa Orquestra Compostela, amais dunha novela que titulou Amar es tiempo perdido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras indicando que unha substancia orgánica contén bromo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dito ou feito sen importancia que se dirixe a alguén para rirse del, sen intención de causarlle dano.

    2. Molusco mariño de corpo alongado e vermiforme, duns 5 a 10 mm de diámetro, e de cuncha reducida, situada no extremo anterior do animal. Este molusco emprega a cuncha como órgano de perforación, co que escava galerías na madeira somerxida. Esta especie, cosmopolita, supón un problema para barcos, embarcadoiros, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Haloxenación dunha molécula orgánica con bromo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén bromo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido oleoso de cor amarelada que ferve a 174°C con descomposición, empregado en medicina e en síntese orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal do ácido brómico. Os bromatos empréganse para mellorar as condicións das fariñas empregadas na panificación e en análise química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega empregada na composición de palabras, que significa ‘alimento’. Ex: bromatoloxía, bromatometría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especialista en bromatoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia todo o relativo aos alimentos. Trátase dunha disciplina químico-biolóxica, con vertentes tecnolóxicas e sanitarias, aplicada aos alimentos e aos seus ingredientes, que utiliza moitas ciencias fundamentais (bioloxía, bioquímica, física, microbioloxía, química) e participa na problemática da tecnoloxía aplicada (bioenxeñería, enxeñería química, técnica de envasado, etc). Ocúpase do estudo da composición e as propiedades dos alimentos e os seus ingredientes; dos procesos de fabricación e almacenaxe de alimentos; de colaborar coa nutrición no coñecemento da relación das propiedades dos alimentos co seu papel no organismo; de promover normas e disposicións lexislativas que permitan garantir o correcto estado sanitario e a calidade dos alimentos, reprimir os fraudes e contribuír a unha información axeitada ao consumidor en cuestións alimentarias; e dos aspectos económicos e antropolóxicos da produción e o consumo de alimentos. A preocupación do ser humano pola calidade dos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á bromatoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Parte da volumetría que inclúe os métodos de análise nos que o reactivo valorante é unha solución de bromato de potasio. Aprovéitanse analiticamente as propiedades oxidantes deste composto de dúas maneiras diferentes: para valorar directamente substancias redutoras ou para xerar cantidades controladas de bromo elemental para efectuar a bromación de substancias orgánicas. No primeiro caso a semirreacción de redución do bromato é a seguinte:

    FORMULA

    que serve para valorar redutores como o arsénico (III), o antimonio (III), o estaño (II), o cobre (I), o ferro (II), o nitrito, o selenito, o ioduro e moitos outros. Recoñécese o punto final pola aparición de bromo elemental, que provoca a decoloración de determinados indicadores, como o vermello de metilo, que se destrúen polo bromo. No segundo tipo de aplicacións da solución valorada de bromato, faise reaccionar en medio ácido cun exceso de ión bromuro para producir bromo elemental, segundo a reacción:

    FORMULA2

    que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á bromatometría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome alemán de Bydgoszcz (Polonia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo inglés. Imitando o estilo de Ben Jonson, escribiu unhas vinte comedias ricas en recursos estilísticos, pero faltas de orixinalidade, entre elas, The Northern Lass (A rapaza do norte, 1632), The Antipodes (Os antípodas, 1646), Court Beggar (Mendigo de corte real, 1653).

    VER O DETALLE DO TERMO