"Rab" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 681.
-
VER O DETALLE DO TERMO
entá pequena ou na parte alta dunha parede, protexida con vidros, que ten por obxecto iluminar o interior da estancia onde está situada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bimensual dedicada á literatura que se editou en León. No seu consello de redacción figuraban Agustín Delgado, L. Mateo Díez ou J. Antonio Fierro. No ano 1967 publicouse un número dobre dedicado á poesía social-realista galega. Este monográfico, da autoría de Basilio Losada, dividía os traballos de dezaseis poetas galegos en dúas partes, acompañados dun estudo introdutorio. Na primeira parte aparecían mostras de autores, como Pimentel, Seoane, Cunqueiro, Celso E. Ferreiro e Cuña Novás, así como testemuños da Guerra Civil. A segunda parte acollía poetas da xeración dos 50, como Neira Vilas, Manuel María, Uxío Novoneyra, Bernardino Graña, X. Torres, Salvador García, Xosé L. Franco, X. A. Cribeiro, Méndez Ferrín, Carlos Casares e A. López.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode cobrar. Ex: Asinoume un pagaré cobrable a quince días.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compilación de leis e editos auspiciada por Hammurabi, monarca da primeira dinastía de Babilonia (1793-1750 a C). Constitúe o primeiro código coñecido da historia, do que se conservan 282 artigos, estruturados en tres partes seguindo as tradicións lexislativas sumerias e acadias: un prólogo, o corpo legal e o epílogo. Comeza cunha explicación dos códigos relixiosos de Asiria e Babilonia e logo presenta unha guía de procedementos legais, a imposición de penas por acusacións inxustificadas, o falso testemuño e os erros xudiciais. Recolle tamén disposicións sobre o dereito de propiedade, préstamos, depósitos, débedas, propiedade doméstica e dereitos familiares, e regula os prezos de diferentes tipos de servicios comerciais. Presenta como base do dereito penal a Lei de Talión, común entre os pobos semitas. Unha das funcións primordiais era proporcionarlles protección a todas as clases sociais babilónicas, fundamentalmente aos pobres e aos escravos contra a inxustiza dos ricos e poderosos. O...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode comparar ou é digno de ser comparado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode comprar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical xurdida en 1977 ao abeiro do Partido del Trabajo de España (PTE). Nas primeiras eleccións sindicais de 1978 acadaron 17 representantes nas principais empresas galegas: oito en Megasa, sete en Astano e dous en Barreras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical latinoamericana fundada en México en 1938 baixo a presidencia do mexicano Lombardo Toledano e do brasileiro Luis Prestes. O seu programa propuña unha reforma agraria, a defensa dos réximes democráticos e a independencia económica latinoamericana. Asistiron delegacións sindicais de Arxentina, Bolivia, Chile, Colombia, Paraguay, Venezuela, Nicaragua, Costa Rica, Perú, Ecuador, Cuba, EE UU e México. Ao pouco tempo, os comunistas acadaron o seu control e vinculárona aos intereses soviéticos. A CTAL conseguiu a adhesión dos máis importantes sindicatos continentais, favoreceu a creación doutros novos e participou na conformación da Federación Sindical Mundial. A súa estratexia prosoviética fíxolle perder os principais afiliados a partir de 1951. A Confederación de Trabajadores de Cuba, fundada en 1939, escindiuse en dúas seccións, a comunista e a partidaria do presidente Batista. Trala vitoria castrista unificouse de novo na Central de Trabajadores de la Cuba Revolucionaria...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical española escindida da CNT en 1989. Os seus principios básicos son a relación federal, a autoxestión e a autonomía sindical. A cédula básica é o sindicato. As Confederacións Territoriais e as Federacións de Rama, xunto co Secretariado Permanente, conforman o seu Comité, máximo órgano de xestión entre congresos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical fundada en 1968, como sucesora da Confederación Internacional de Sindicatos Cristiáns (CISC). Rexeita a loita de clases e a violencia, e declárase partidaria do pluralismo sindical.
-
ENTRADA LARGA
Sindicato anarquista español fundado en Barcelona en 1910, representante en España da Asociación Internacional de Traballadores (AIT). Organizado en seccións sectoriais nas que a adopción de decisións se realiza de xeito asembleario, rexeita participar nos órganos de representación dos traballadores (comités de empresa) e, xa que logo, renuncia a beneficiarse do sistema de finaciamento a través das empresas e do Estado. Territorialmente, articúlase en confederacións rexionais que non se corresponden exactamente coa organización autonómica do Estado. Ademais, conta cunha confederación rexional do exterior, xurdida no exilio sufrido polos cenetistas que fuxiron do país ao remate da Guerra Civil.
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación da CNT
A chegada dende Francia das ideas sindicalistas da Confederation Générale des Travailleurs (CGT), permitiu aos anarquistas saír da paralización orixinada polos actos de terrorismo que caracterizaron a súa actividade a finais do s XIX. En 1907 creouse... -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical xurdida en 1985 da escisión da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG). Formárona a Central de Traballadores Galegos (CTG) e a Confederación Sindical Galega (CSG); entre outras forzas sindicais, uníronse o Sindicato de Traballadores Forestais, o Sindicato do Ensino Privado de Galicia e o Sindicato Galego da Sanidade (SGS). En 1990 formou a coalición electoral Converxencia Intersindical Galega coa Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG), que en 1993 se converteu na Confederación Intersindical Galega (CIG).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Digno de ser conmemorado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de conmensurable.
-
-
Que se pode medir.
-
Aplícase á cantidade que ten unha medida común con outra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada en Abū Ẓ aby en 1981 coa finalidade de promover a coordinación económica, política, cultural, militar e social dos estados do Golfo Pérsico. Está constituída por Arabia Saudí, Bahrain, Kuwait, Omán, Qatar e os Emiratos Árabes Unidos. A súa sede está en Al-Riyād. Entre as políticas aplicadas figuran a abolición de taxas aduaneiras dos artigos producidos por cada país, a libre circulación de persoas e vehículos, e a coordinación de programas de comercio e desenvolvemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de considerable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é grande, cuantioso ou importante abondo para ter en conta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Músico que toca o contrabaixo.
-
-
-
contrabaixista.
-
Instrumento cordófono de catro cordas, pertencente á familia dos violíns. É o de dimensións máis grandes e ten unha forma semellante á das antigas violas. O número de cordas oscilou de tres a seis, pero estabilizouse en catro, afinadas da máis grave á máis aguda: mi, la, re, sol. Utilizábase xa na segunda metade do s XVII e introduciuse nas orquestras de ópera un século máis tarde. A miúdo, o seu papel limitábase a dobrar os violoncellos. A música para este instrumento está escrita en clave de fa, como a do violoncello, pero soa na oitava inferior. Dentro da música de cámara con contrabaixo destacan o Septeto de Beethoven (1800) e o Octeto de Schubert (1824). Ao longo do s XIX xurdiron grandes virtuosos deste instrumento como Domenico Dragonetti (1763-1846) e Giovanni Bottesini (1821-1889). Especialmente no jazz, este instrumento demanda un gran virtuosismo e utilízase a técnica do pizzicato; constitúe, xunto coa batería, un elemento rítmico esencial para as formacións...
-
-
-
Voz máis baixa ca a do baixo.
-
Persoa que posúe esta voz.
-
-