"SAU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 171.

  • PERSOEIRO

    Primeiro rei de Israel (1030-1010? a C). Despois de unir nun só reino todas as tribos de Israel, morreu derrotado polos filisteos na montaña de Geolboé. A súa dinastía extinguiuse co seu fillo Isbaal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que provén do hebreo Shâ’ûl ‘implorado, obtido coas pregarias’. Trátase dun dos numerosos homes hebreos que expresan agradecemento a Deus por un fillo longamente desexado. Segundo outra interpretación significaría ‘emprestado, ofrecido’ (enténdese que a Deus). A través da Vulgata chegou a variante Saulo, forma helenizada do hebreo, que deu como feminino Saula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Baño de vapor a moita temperatura (60°-80°), propio dos pobos escandinavos, que ten lugar dentro dunha cámara de madeira de bidueiro (apta para a absorción e a transudación do vapor), nun ambiente caldeado por unha estufa. Despois da exposición ao aire quente vai unha ducha fría e, inmediatamente, un baño de vapor; un baño quente e unha ducha fría cerran o ciclo da sauna.

    2. Establecemento onde se practica a sauna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘lagarto’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Despois dunha etapa influenciada polo surrealismo, iniciou a súa adscrición á abstracción expresionista, ao xestualismo e ao neofigurativismo, que enlazou coa pintura de acción. Foi membro cofundador do grupo El Paso (1957). A súa obra inscribiuse nunha liña de denuncia desmitificadora, con frecuentes alusións históricas (Retrato imaginario de Felipe II), e unha constante utilización do tremendismo, como nas series das Crucifixiones e as Multitudes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Criticou a moral, os costumes e a relixiosidade tradicionais da burguesía española. Dirixiu, entre outras, Los golfos (1960), La caza (1965, Silberner Bär no Festival de Cine de Berlín 1966), Peppermint Frappé (1967, Silberner Bär no Festival de Cine de Berlín 1968), La prima Angélica (1973, Premio á mellor dirección no Festival de Cine de Cannes 1974), Cría cuervos (1975), Deprisa, deprisa (1980, Goldener Bär no Festival de Cine de Berlín 1981), Eldorado (1988), Flamenco (1995), Tango, no me dejes nunca (1998), Goya en Burdeos (1999) e El séptimo día (2004), ademais da triloxía flamenca Bodas de sangre (1981), Carmen (1982) e El amor brujo (1985), que acapararon numerosos premios internacionais. Doutor honoris causa pola Universidad de Zaragoza (1994), recibiu o Premio Nacional de Cinematografía (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da costa atlántica situada no extremo de Cabo Fisterra, na parroquia de Fisterra, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos saurios.

    2. Réptil da suborde dos saurios.

    3. Suborde de réptiles da orde dos escamosos, de corpo alongado cuberto con escamas córneas e por veces óseas, con cintura escapular e pelviana, normalmente con dous pares de patas pentadáctilas, que nalgúns casos poden faltar ou están atrofiadas (familias dos ánguidos e dos escíncidos). Son animais terrestres que habitan en zonas cálidas, onde permanecen longo tempo tomando o sol. Na estación desfavorable presentan hibernación. Esta suborde comprende 2.700 especies. En Galicia aparecen as familias dos ánguidos, dos escíndidos e dos lacértidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos saurisquios.

    2. Réptil fósil da orde dos sauriquios.

    3. Orde de réptiles do grupo dos dinosauros, coa característica fundamental de que a pelve era triradiada, que os distingue doutra orde, os ornitisquios, que a teñen semellante á das aves. Existen formas bípedes e cuadrúpedes. Nesta orde existían os carnívoros máis grandes que viviron sobre a Terra, como o tiranosauro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos saurópodos.

    2. Réptil da suborde dos saurópodos.

    3. Suborde de réptiles da orde dos saurisquios, que comprendía animais de locomoción cuadrúpede e de alimentación herbívora, entre os que estaban os vertebrados terrestres máis grandes que nunca existiron na Terra, como o diplodocos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sauropterixios.

    2. Réptil da orde dos sauropterixios.

    3. Orde de réptiles da subclase dos diápsidos, de tronco macizo e groso, de forma ovalada e coa pel núa, cola curta, pescozo moi longo, cabeza serpentiforme moi pequena, coas extremidades convertidas en aletas pero conservando os cinco dedos englobados dentro da paleta formada pola cola e o pé, e xeralmente de dimensións xigantes. Habitaban no mar durante toda a era Secundaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor suízo. Coñecido como Blaise Cendrards, a súa obra poética iniciouse con Les Pâques à New York (1912), que influíu nos surrealistas e especialmente en Apollinaire, e continuou con La prose du Transsibérien et de la petite Jehanne de France (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de naturalistas suízos. Nicolas Saussure (Xenebra 1709-1790) foi un teórico agrícola que escribiu diversos tratados sobre o cultivo da viña. O seu fillo Horace Saussure (Xenebra 17.2. 1740-22.1.1799) dedicouse á xeoloxía e a meteoroloxía. O fillo deste, Nicolas Théodore Saussure (Xenebra 14.10.1767-18.4.1845), procedente do campo da xeoloxía, foi o autor dunha Recherches chimiques sur la végétation (1804), que o consagrou como o mellor fisiólogo botánico do seu tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista suízo. Foi profesor de lingüística indoeuropea e de lingüística xeral en Xenebra e catedrático da École Pratique des Hautes Études en París. A dicotomía entre lingua (langue), o sistema de signos, e fala (parole), o acto concreto de cada individuo ao falar; a definición do signo como a combinacón dunha imaxe acústica (significante) e un concepto (significado); a distinción entre sincronía e diacronía; a análise da lingua como unha estrutura onde todo está en relación; o carácter arbitrario do signo lingüístico e a distinción entre as relacións sintagmáticas e as relacións paradigmáticas, son as súas principais achegas á lingüística moderna. Das súas obras destacan Mémoire sur le système primitif des voyelles dans les langues indoeuropéennes (1878), De l’emploi du genitif absolu en sanscrit (1880), pero sobre todo o Cours de linguistique générale considerado como o punto de partida do estruturalismo, que foi preparado polos seus discípulos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Mitanni (1500 a C), fillo de Parsatatar. A súa autoridade estendíase desde o Tauro (Asia Menor) ata o Zagros (L do Tigris) e desde os montes Nur (N de Siria) ata Al--Biqā’ (Fenicia). Quizais fose o monarca que afrontou a invasión de Tuthmosis II en 1472 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza honrosa composta que resulta da unión da banda e a barra. OBS: Tamén se denomina aspa, cruz de santa Eulalia, cruz de san Vicente ou cruz de santo Andrés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Iniciouse na Art Nouveau e contribuíu, con Franz Jourdain, á finalización dos almacéns La Samaritaine. Orientado cara ao funcionalismo, fixo un edificio con chanzos na rúa Vavin (1913), tipo de construción que foi moi repetido e deu lugar ao estilo babilónico. En París construíu (1925) a primeira unidade de habitación de Francia, e en Nantes os primeiros grandes almacéns Decre (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO