"Sil" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 565.
-
-
Perda da ilusión que se tiña en algo ou en alguén.
-
Estado do que non ten ilusión ou ilusións.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de tendencia fascista aparecida na Coruña en 1990. Dirixida por J. L. Álvarez, subtitulábase “Nuevas élites”. Figuraba como redactor xefe C. Martínez e como administrador P. Castro. Como voceira de NN EE, incluíu artigos, poemas, fotografías, cómics e debuxos relativos ao militarismo e ás ideoloxías totalitarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
de desilusionar ou desilusionarse.
-
-
Quitar a ilusión a alguén.
-
Causar desilusión a alguén.
-
Perder a ilusión ou as ilusións.
-
Sufrir unha desilusión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela publicada por Carlos Casares en 1996. Ambientada nos anos anteriores e posteriores á Guerra Civil española, combina a temática amorosa coa crónica político-social e a reflexión filosófica. A través da perspectiva externa dunha muller innominada (“Ela”), que observa desde a ventá da súa casa o protagonista (“El”), nárrase a historia dun triángulo amoroso en dous tempos: lembranzas do pasado e sucesos do presente. O “Deus” é un intelectual co que “Ela” tivo unha intensa relación amorosa na súa xuventude. A identificación do protagonista coas aspiracións do novo réxime franquista fan que “Ela” torne progresivamente a súa admiración inicial polo desprezo absoluto. Non obstante , co paso dos anos, “El” evoluciona desde o entusiasmo inicial á frustración e á perda de fe nos ideais que apoiara ata chegar á postración do presente, símbolo de illamento e decadencia. A indagación ética sobre a condición humana e o compromiso do intelectual co tempo que lle tocou vivir, así como a reflexión...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación vangardista de pintores, escultores, arquitectos, fotógrafos, directores de cine, deseñadores e escritores fundada en Praga en 1920 e activa ata 1931. O seu nome é un composto dos termos checos devět ‘nove’ e sil ‘forzas’. Inicialmente, acolleu tamén os construtivistas, pero desenvolveu unha liña próxima ao poetismo. O líder do grupo, Karel Teige, promoveu a reconciliación entre o utilitarismo e a subxectividade lírica na corrente que se chamaría “Construtivismo e Poetismo”. Arquitectos como Jaromír Krejcar e Karel Honzík, investigaron a xeometría da arquitectura cun elemento de poesía, mentres que pintores e fotógrafos como Toyen ou Jindrich Styrsky, seguiron a liña surrealista. A comezos dos anos trinta, cando o grupo se disolveu, moitos dos seus membros, incluído Teige, se adheriron ao grupo surrealista checo. Publicaron dous manifestos poetistas (1923 e 1928) e editaron as revistas Dick, Pasmo e Red.
-
PERSOEIRO
Pintora e gravadora. Despois de realizar estudios de debuxo artístico (1982-1983), licenciouse en Belas Artes pola Universidad de Salamanca (1983-1988). Na súa obra pitórica, as texturas comparten protagonismo coa colaxe. Compaxinou a súa actividade plástica coa docencia e deu cursos e talleres, entre os que destaca o Curso de Gravado e Estampación do concello de Ferrol (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que está formado por dúas sílabas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
bisílabo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto de silicio e hidróxeno que se presenta en estado líquido a temperatura ambiente. Son compostos análogos aos alcanos, aínda que menos estables.
-
-
Que ten doce sílabas.
-
erso de doce sílabas que presenta diferentes modelos segundo a posición da cesura que o divide en dous hemistiquios e a diversa distribución dos seus acentos. Tomás Navarro Tomás distingue varias posibilidades: troqueo, formado por dous hexasílabos con ritmo trocaico, isto é, con acento nas sílabas impares; dactílico, composto por dous hexasílabos acentuados nas sílabas segunda e quinta de cada hemistiquio; polirrítmico, que combina na mesma estrofa as modalidades trocaica e dactílica; ternario, integrado por tres grupos de tetrasílabos, con acentos nas sílabas terceira, sétima e décimo primeira; dodecasílabo de 7+5, tamén chamado verso de seguidilla, que consta de dous hemistiquios de sete e cinco sílabas; e dodecasílabo de 5+7, integrado por un primeiro hemistiquio dactílico e un segundo, troqueo. Habitual na tradición poética castelá, as súas primeiras manifestacións remóntanse ao s XIV, en concreto ao Laberinto de fortuna, de Juan de Mena, e tivo o seu momento de auxe no s...
-
-
PERSOEIRO
Xeólogo e naturalista. Asentou as bases da edafoloxía e da agronomía, e apuntou a primeira clasificación dos solos. Principiou as súas investigacións nos solos de tipo chernozem, en Ucraína, nos que descubriu que presentaban un perfil semellante, independentemente do substrato sobre o que se desenvolvese, o que permitiu demostrar que a edafoxénese dun solo está determinada principalmente pola vexetación que, á súa vez, está especialmente condicionada polo clima reinante. Deste xeito, en 1895 estableceu que os solos se desenvolven como resultado da interacción de cinco factores: o substrato de partida, o clima, os organismos, o relevo e o tempo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo e mineraloxista. Estudiou a rexión volcánica de Sicilia, Calabria e os Alpes en 1790, lugar no que descubriu a dolomía, que leva o seu nome. A súa obra máis destacada é Sur la philosophie mineralogique (Introdución á filosofía mineralóxica, 1801).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Frade beneditino. Foi prior no mosteiro de San Millán de la Cogolla ata que foi desterrado pola súa inimizade con García de Navarra. Refuxiouse en Burgos, e Fernando I de Castela confioulle o mosteiro de Silos (1041), que reconstruíu e converteu nun lugar de traballo e oración e no que foi abade ata a súa morte. O pulo que lle deu a este mosteiro fixo que lle puxesen o seu nome. Na iconografía viste de pontífice, con mitra na cabeza e báculo na man, e leva por debaixo o hábito negro da súa orde. Ás veces represéntase acompañado de homes con cadeas (alusión aos cristiáns que liberou cando eran escravos dos musulmáns). A súa festividade celébrase o 20 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica formado posiblemente sobre o hidrónimo Sil e mais a preposición de (neste caso coa forma do, resultado da contracción co artigo masculino o), indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo ao que se lle aplicou na súa orixe.
-
PERSOEIRO
Lingüista. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, é intérprete xurado de galego. Foi tradutor de galego no Servicio de Tradución da Xunta (1989-1997), profesión que tamén exerceu fóra desa institución e, dende 1993, funcionario do corpo superior da Xunta de Galicia. Foi subdirector xeral de Política Lingüística (1998-2000), cargo no que levou a cabo varias iniciativas, entre as que destacan a creación da sección de Asesoramento Lingüístico, coa dobre finalidade de dar resposta a calquera consulta relativa á lingua galega e de atender, en materia de lingua, as organizacións públicas e privadas; potenciou a presenza dos profesionais da lingua na Administración de Xustiza e mais nos ámbitos comarcal e local; e levou a cabo outras actuacións, como a dinamización social, o ensino, a investigación e as novas tecnoloxías aplicadas á lingua. É autor de Maiúsculas e abreviacións (1996) e Palabras novas e nomes propios (1997); e publicou, en...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor. Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade de València (1973), ampliou estudios no Instituto de Modificabilidade Cognitiva de Israel. Catedrático de Psicoloxía Xeral e de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, centra a súa investigación, sobre todo na educación para a saúde, na mellora da intelixencia, na estrutura do medio ambiente familiar e estilos educativos e na calidade dos centros educativos. Codirixe proxectos de investigación no Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega e foi o impulsor da creación do Foro Internacional da Familia e fundador do Instituto da Familia. Forma parte de diversos consellos de redacción (Revista Galega de Ensino) e de editoriais (Escuela en Acción, Revista de Educación, FAÍSCA) e é codirector de Psicología General y Aplicada (FEDAP). É director e coautor de varias obras e artigos científicos; entre elas cómpre destacar De la cuna a la Universidad (1999),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor búlgaro. Escribiu Nešhastna familija (A familia infeliz, 1860) e o drama histórico Ivanku, ubijec’t na Asenja I (Ivanko, asasino de Asen I, 1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filla de Xermánico e Agripina e irmá do Emperador Calígula. Foi amante de seu irmán, quen a asasinou e, posteriormente, ordenou que fose adorada como deusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Director do Musée de Versailles, especializouse na arte do retrato. Realizou, entre outros retratos, os de Luís XVI, Jacques Necker, Christophe Gabriel Allegrain e Pío VII. Foi membro da Académie Royale de Peinture et de Sculpture.
VER O DETALLE DO TERMO