"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Textos de análise literaria das obras dun autor moi espallados nos séculos XII e XIII. Tradicionalmente, crese que os prólogos a Virxilio feitos polo gramático latino Servio son o antecedente destes comentarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Indicación de brusquidade na interpretación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación política católica, fundada en Madrid en xuño do 1900. No 1891 produciuse un cambio fundamental no catolicismo europeo coa publicación da encíclica Rerum Novarum, na que León XIII establece as bases para unha maior penetración social das agrupacións de carácter confesional, diante da preocupación vaticana pola inexistencia dun partido católico que defendera os seus intereses alí onde a nova organización do estado liberal reducía a tradicional influencia da Igrexa. Neste contexto nace Acción Católica (AC) que, ao igual que moitas outras agrupacións confesionais da época, participa da nova organización institucional e administrativa liberal. Acción Católica mantivo os seus principios sabendo acomodalos á dinámica social de cada momento; así, na época de Pío XI, que loitou polo seu desenvolvemento, definiuse como un movemento de encadramento do laico dentro da tarefa apostólica da Igrexa, respaldando o interese da xerarquía eclesiástica por manter organizacións...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación relixiosa da Arquidiócese de Santiago de Compostela aparecida nesa cidade en 1941.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación relixiosa aparecida en Santiago a principios do s XX, subtitulada “Revista quincenal de ciencias, literatura y propaganda religiosa” que foi dirixida polo sacerdote e xornalista Francisco Suárez Salgado, editou 18 números. Colaboraron nela Barcia Caballero e o propio director. No número 17 inclúese un poema de Aurelio Ribalta titulado “Consagración”.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de poñer en funcionamento un elemento determinado.
-
Sistema de transmisión da enerxía motora a un dispositivo ou máquina.
-
-
PERSOEIRO
Artista norteamericano.
VER O DETALLE DO TERMO
É un dos mellores representantes do body art. Preocupado polos problemas de expresión e comunicación experimentou, a cotío, co seu propio corpo e o seu rostro. Realizou numerosos filmes e vídeos que recollen as súas investigacións. -
PERSOEIRO
Pintor. Probablemente foi discípulo de Bartolomeo Carducci (chamado Carducho) en Madrid. Pintou cadros para a igrexa da Mercede en Murcia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia empregada como axente antagonista cardioselectivo, bloqueador dos receptores β-adrenérxicos. Emprégase no tratamento da anxina de peito, das arritmias e da hipertensión arterial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de pórse aceda ou amarga algunha cousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto químico organofosforado que actúa como insecticida sistémico de aplicación foliar, activo por inxestión e contacto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de conversión ao aceiro ou en algo tan forte coma o aceiro.
-
-
Que contén ou está untado de aceite.
-
Semellante ao aceite.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
aceleración.
-
-
Acción e efecto de acender.
-
Apaixonamento dunha persoa ante unha situación determinada.
-
-
-
Conxunto de todas as modalidades fónicas da linguaxe, é dicir, a intensidade, o ton, a cantidade ou duración e o timbre dos sons; as variacións de todos eles conxuntamente, caracterizan non só os distintos idiomas, senón tamén o xeito de falar un mesmo nas distintas rexións, a fala de cada persoa ou a expresión de situacións distintas do ánimo.
-
-
Elemento articulatorio mediante o que se destaca unha sílaba pertencente a unha palabra. Nalgunhas linguas como o alemán, o inglés, o español, etc, este elemento consiste nunha maior intensidade, é dicir, un maior reforzo respiratorio; chámase entón acento de intensidade, dinámico, espiratorio, articulatorio ou de sonoridade. Noutras linguas como o grego, por exemplo, este elemento consiste na elevación do ton da voz, é dicir, unha maior tensión das cordas vocais ao emitir a sílaba acentuada; entón chámase acento tónico, musical, de altura, cromático ou melódico. No galego denomínase acento tónico ou acento de intensidade. Ambos acentos poden existir nunha mesma lingua, pero poden darse con exclusividade un ou outro; en moitos casos, coexisten prevalecendo un ou o outro.
-
acento afectivo/enfático/expresivo/retórico
Aquel que recae sobre unha sílaba átona no sistema pero que enfatiza a palabra á que pertence. Este acento aumenta, non só a intensidade da sílaba afectada, senón tamén a súa altura e a súa duración xeralmente.
-
acento ascendente
Sinal que ten o grao de maior intensidade na fin do elemento acentuado.
-
acento condicionado/libre
Acento que presenta unha disposición determinada por circunstancias fónicas, morfolóxicas ou sintácticas. É o acento que emprega, por exemplo, o galego (
-
acento de cantidade
Elemento que establece o contraste acentual empregando como procedemento positivo a maior lonxitude da sílaba acentuada. Este tipo de acento era fundamental en sánscrito, grego e latín (
-
acento de intensidade
Indicación que establece o contraste acentual empregando como procedemento positivo a maior intensidade da sílaba acentuada. Chámase tamén acento articulatorio, de sonoridade, dinámico, expiratorio ou tónico.
-
acento de nexo forte
Aquel que designa na cadea falada a aparición da consoante cando a articulación da vogal precedente se atopa en plena tensión.
-
acento de nexo frouxo
Aquel que designa na cadea falada a aparición da consoante cando a articulación da vogal precedente se atopa en fase de distensión.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é agradable ou recibido con gusto.
-
-
Nun semicondutor, átomo trivalente incorporado como impureza capaz de recibir un electrón proveniente doutro átomo chamado doador. O aluminio, o boro, o galio e o indio son os máis comúns.
-
Substancia que, ao producirse a ruptura dun enlace heteroxeneamente (reaccións heterolíticas), actúa como aceptante de electróns.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de acercar ou acercarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de acertar.