Acción Católica, La

Acción Católica, La

Publicación relixiosa aparecida en Santiago a principios do s XX, subtitulada “Revista quincenal de ciencias, literatura y propaganda religiosa” que foi dirixida polo sacerdote e xornalista Francisco Suárez Salgado, editou 18 números. Colaboraron nela Barcia Caballero e o propio director. No número 17 inclúese un poema de Aurelio Ribalta titulado “Consagración”.