"Tura" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 473.

  • GALICIA

    Deseñador de interiores. Estudou deseño gráfico, industrial e de interiores, e graduado social. Cultivou a acuarela e participou en mostras colectivas, entre as que destaca a exposición itinerante de estampa popular. Realizou escenografías, carteis e ilustrou diversas publicacións. Dende 1958 dedicouse ao deseño de interiores. Recibiu o premio de Pintura Universitaria de Santiago de Compostela (1960) e foi membro do xurado do concurso internacional de València en 1976 e 1977.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura prehistórica do Neolítico que recibiu o nome dun xacemento suízo localizado ao NO de Neuchâtel. Este grupo, xunto á cultura de La Lagozza en Italia e a de Chassey en Francia, constitúe toda unha fase do Neolítico do Occidente europeo do IV e III milenios. Sitúase en numerosas palafitas suízas e consérvanse abondosos vestixios dela. Unha característica deste grupo de culturas é a presenza de cerámicas lisas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de coser.

      1. Serie de puntadas que unen dúas pezas de tea, de coiro ou de calqura outra cousa.

      2. Ancho dun tecido que se mantén pola parte interior de dúas ou máis pezas que se cosen.

      1. Arte, oficio ou profesión de deseñar e coser pezas de roupa.

      2. alta costura

        Actividade profesional especializada no deseño de pezas de vestir exclusivas e elegantes. O primeiro en presentar unha colección de modelos para cada temporada foi Charles Frédéric Worth en 1858. Posteriormente, algúns dos deseños da alta costura pasaron a ocupar os escaparates das tendas de moda para venderse como prêt-a-porter, roupa adaptada ás necesidades inmediatas do cliente e que apenas precisa modificacións. Entre algunhas das casas e deseñadores máis importantes da alta costura cómpre salientar Chanel, Balenciaga,  Christian Dior, Paco Rabanne, Oscar de la Renta, Versace, Jean Paul Gaultier, Emmanuel Ungaro, Valentino e Yves Saint Laurent.

    2. costurón.

    3. Defecto superficial dunha peza de molde que ten o aspecto dun suco coas beiras arredondadas.

    4. Zona de unión de dúas pranchas remachadas ou soldadas.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cría e explotación comercial do paspallás común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e matemático. Dende a lóxica simbólica propugnou a formación dunha mathesis universalis e dunha lingua universal. É o autor de De l’infini mathématique (Do infinito matemático, 1896), La logique de Leibniz d’après les manuscrits inédits (A lóxica de Leibniz tralos manuscritos inéditos, 1901), L’algèbre de la logique (A álxebra da lóxica, 1905) e Histoire de la langue universelle (Historia da lingua universal, 1903), entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos seres creados por Deus, especialmente unha persoa, segundo a tradición relixiosa.

    2. Neno que acaba de nacer ou que aínda é moi pequeno. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cada criatura nace coa súa ventura ou desventura. Criatura dun ano tíralle á nai o leite do reaño”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Temperatura moi baixa, por convenio inferior a 120°K.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada a partir de xaneiro de 1942 polo Instituto Antonio de Nebrija, dependente do CSIC. Dirixida por Joaquín de Entrambasaguas, figuraba como secretario José Simón Díaz. Tirou do prelo dezaoito monográficos dedicados á obra de diferentes autores. En xaneiro de 1947 pasou a denominarse Cuadernos de Literatura e, a partir de xaneiro de 1952, Revista de Literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de cadrar unha figura.

      1. Operación que consiste en localizar un cadrado de área igual á área dunha superficie dada.

      2. cuadratura do círculo

        Operación que consiste en localizar, mediante métodos xeométricos, un cadrado de área igual á dun círculo dado. Isto, que constituíu un célebre problema clásico, resolveuse modernamente gracias, esencialmente, á obra de Galois, dado que se demostrou que este problema non ten solución, ante a imposibilidade de construír con regra e compás un segmento de lonxitude π a partir dun segmento unidade. A cuadratura do círculo só é posible co uso de curvas transcendentes especiais chamadas cuadratrices.

    2. Situación relativa de dous astros do sistema solar, que presentan lonxitudes astronómicas que difiren en 90°. Cando un planeta, ou a Lúa, está en cuadratura co Sol pasa polo meridiano local ás seis da mañá ou da tarde. No primeiro caso dise que o planeta está en cuadratura occidental e no segundo caso, en cuadratura oriental. Unicamente os planetas superiores poden presentarse en cuadratura co Sol.

    3. Cada unha das dúas magnitudes periódicas de igual período que presentan unha diferencia de fase entre elas dun cuarto de período, ou sexa, π/2 radiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade ou cargo de cuestor.

    2. Época e duración da maxistratura dun cuestor.

    3. Corpo da Administración constituído polo cuestor e por todos os seus subalternos.

    4. Edificio no que está a sede dos cuestores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de coñecementos non especializados que adquire unha persoa como froito do estudo ou da experiencia. OBS: Frecuentemente, úsase a expresión cultura xeral.

    2. Conxunto de tradicións sociais, artísticas, literarias e científicas, así como das formas de vida materiais e ideais dun pobo, dunha sociedade ou de toda a humanidade, que abrangue os saberes, a técnica e os seus produtos, as crenzas, a arte, os costumes, o dereito e calquera outra manifestación xurdida da convivencia propia dos humanos. Neste sentido, a cultura é un atributo distintivo da humanidade, polo que inclúe diferentes niveis en relación co axente (individual ou intrasomático, social ou intersomático e material ou extrasomático) e diferentes esferas entendidas nun sentido etnográfico (exipcia, maia, galega, etc), resultantes da evolución histórica das diferentes formacións sociais. Dende unha perspectiva marxista, ademais, considérase que nas sociedades divididas a cultura adquire un significado de clase, tanto polo seu contido ideolóxico como pola súa orientación práctica, feito que se traduce na presenza de dúas culturas dentro de cada cultura nacional: a dominante (burguesa...

    3. Conxunto de contidos culturais (teatro, música, pintura, danza, literatura, cine, folclore, etc) decisivos para a configuración dunha identidade cultural que, a efectos de protección, tutela ou promoción, se someten aos intereses de institucións públicas ou privadas, como os ministerios ou consellerías de Cultura ou outras entidades análogas (casas de cultura, fundacións culturais, concellerías de cultura, etc).

    4. Sistema de valores e símbolos da sociedade ou organización compartida en maior ou menor medida polos seus membros. Segundo Schein articúlase en tres niveis: as presuncións básicas preconscientes ou valoracións xerais sobre conceptos básicos, os valores ligados á organización e os símbolos.

    5. Conxunto de coñecementos e de formas de expresión que teñen como elemento intrínseco e de transmisión as imaxes. Emprégase este termo en contraposición á denominada cultura da palabra, sexa esta palabra escrita ou oral.

    6. Conxunto de coñecementos xeneralizados e difundidos polos medios de comunicación de masas. É a consecuencia do tránsito da comunicación cara á comunicación impersoal producida a través dos modernos canais de comunicación. Como o concepto de masa é visto negativamente pola socioloxía, a cultura de masa concíbese como o produto negativo da revolución tecnolóxica nos medios de comunicación que emiten unha información acrítica e con degradación e manipulación dos contidos. As principais críticas realizáronas a escola de Frankfurt (Marcuse, Adorno e Habermas) e algúns sociólogos norteamericanos (Mills). Destacan tamén algúns elementos novos e positivos, como o aumento de información e de audiencias. Nun sentido análogo emprégase a denominación cultura popular.

    7. Conxunto de coñecementos e costumes xerado a partir do espallamento da informática e das redes de comunicación, como a Internet. Inclúe expresións artísticas e tradicións trasladadas desde o mundo real ao virtual e outras novas creadas neste último; teñen actores culturais propios que chegan a acadar tanta ou máis sona ca os artistas tradicionais.

    8. Conxunto de valores e normas que dirixen a actividade económica. Componse de modos habituais, de costumes dunha certa obrigatoriedade e dun marco xurídico. Entre outros foi analizada por Max Weber e K. Arrow que afirmou que as actividades económicas reciben o influxo do marco cultural no que se desenvolven.

    9. culturalismo.

    10. Cultivo e conservación da forma física mediante diferentes exercicios ximnásticos e deportes.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe editada en Bilbao a partir de novembro de 1981 e subtitulada “Boletín dos grupos Terra Nai e Pascual Veiga ao coidado do Departamento de Cultura”. A partir de 1982 subtitulouse “Voceiro do Departamento de Cultura Casa de Galicia en Bilbao”. Á parte da sección “Presentación”, incluía debuxos e fragmentos do libro Cousas, de Castelao, algúns artigos en castelán no apartado “A las andadas”, textos de Neira Vilas, diversos poemas en galego, artigos sobre a celebración do Ano Santo Compostelán e do Pórtico da Gloria, e reportaxes onde se analizaba a figura de distintos políticos galegos, como Manuel Fraga e Domingo García-Sabell. Esta revista ten relación coas publicacións O Noso Afán, O Curruncho, O Currunchiño, Follas Novas e Revista de la Casa de Galicia, editadas na mesma cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de periodicidade mensual que se publicou en Fene en 1917.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Ferrol en 1933.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en La Habana a partir do ano 1910. Dirixida polo freire franciscano Delfín Bóveda Villanueva, rematou a súa edición ao pouco tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista ilustrada e bilingüe editada en La Habana a partir do 5 de abril de 1936 e que cesou a súa publicación o 1 de marzo de 1940. Dende o número 82 titulouse Cultura Hispánica. Dirixida por Adolfo V. Calveiro Couto, contaba coa colaboración de Eladio Vázquez Ferro, subdirector da publicación, Jesús Peynó, Ramón Fernández Mato, Fuco G. Gómez, Constancio C. Vigil, Otero Pedrayo e Ramón Lemos. Ocasionalmente, contou coas sinaturas de Rubén Darío, V. Blasco Ibáñez, Wenceslao Fernández Flórez e Azorín. Aínda que nun principio mantivo unha liña ideolóxica republicana, coa defensa da República e do Estatuto de Autonomía para Galicia, co tempo, e cos diversos problemas económicos que tiña, perdeu rigor informativo e aproximouse á ideoloxía franquista. Incluía diversas seccións, como “Vida social de la Colonia”, “Centro Gallego” e “Hijas de Galicia”, nas que aparecían novas sobre Galicia, sobre as sociedades de emigrantes e actos culturais, ilustrados con fotografías de paisaxes e monumentos....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en castelán que se editou a partir do 1 de xuño de 1940 en La Habana como continuación de Cultura Gallega. Subtitulouse “Revista literaria mensual: Órgano de la Agrupación Artística Gallega”. Dirixida por Adolfo V. Calveiro, contaba cunha redacción coordinada por Raimundo Vázquez Rábade na que colaboraban Ramón Fernández Mato, Francisco González, J. Fernández Castro, Aureliano Barredo, Rafael López e Ramón Lemos, entre outros. En canto á súa liña editorial, perdeu a súa identidade co galeguismo e pasou a difundir unha ideoloxía de carácter conservador, achegada ao réxime franquista. Incluía numerosas fotografías da Agrupación, de actos institucionais e de motivos galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario anarquista, publicado dende mediados de 1911 ata febreiro de 1913, primeiro na Coruña e logo en Ferrol. Foi o voceiro do grupo anarquista 13 de Octubre, composto, entre outros, polos coruñeses Xoán No e Enrique Taboada e polo ferrolán Xosé López Bouza, que tamén asumiron a edición de folletos de autores ácratas por medio da Biblioteca La Internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario anarquista, voceiro do grupo de idéntica denominación, editado en Ferrol entre 1913 e 1914.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario anarcosindicalista, editado en Ferrol entre febreiro de 1931 e mediados de 1932. Comezou actuando como voceiro do Sindicato General de Trabajadores local, afiliado á CRG-CNT. A partir do mes de novembro de 1931, fixéronse cargo do periódico un grupo de militantes anarquistas, encabezado polo coñecido cadro cenetista ferrolán, Mario Rico.

    VER O DETALLE DO TERMO