"Ya" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 670.

  • Rafael Múgica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca da provincia de Girona, Catalunya, no curso alto do río Segre. Situada nunha chaira de orixe tectónica, entre os Pireneos Orientais e o Prepireneo. Debido á súa altitude (Carlit 2.991 m) posúe un clima de montaña con temperaturas extremas en inverno e frescas en verán, e con precipitacións que alcanzan os 500 mm anuais. O poboamento caracterízase por estar organizado en pequenos núcleos rurais. A súa economía baséase na agricultura e na cría de gando lanar. A cabeceira comarcal é Puigcerdà (6.356 h [1996]). Como consecuencia do Tratado dos Pireneos (1659), a comarca quedou dividida entre os estados español e francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Místico e reformador hindú. Fundou unha seita vaihnava moi popular en Bengala e Orissa, e propagou unha devoción extremadamente emotiva a Kri ṣ hna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia, na Rexión Nororiental (12.778 km2; 1.086.726 h [estim 1993]). A capital é Chaiyaphum (23.400 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía da antiga India do Deccan, orixe da casa real de Vātāpi, hoxe Bādāmi, en Hyderābād (543-757 e 975-1189). O reino fundouno o príncipe Pulakesin I no s VI, orixinario da rexión de Bijāpur, que subiu ao trono no 543 e os seus descendentes reinaron no Deccan ata o 757. Nese ano os Rāshtrakūta derrubaron a dinastía, pero unha segunda dinastía dos Chālukya gobernou en Kaalyāni, preto de Bombai (975-1189).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador da India (321?-296 a C). Xeneral da dinastía dos Nanda que, despois de derrocar o rei Mahāpadma Nanda de Magadha, fundou o Imperio Maurya. Estendeu os seus dominios polo N da India, co que iniciou o gran imperio que continuaron Bindusāra e Aśoka o Grande. Derrotou a Seleuco I Nicátor, que pretendía recuperar os territorios que conquistara Alexandre o Grande no val do Indo, e asinaron un tratado de paz (305 a C). Estableceu a capital en Pā ṭ aliputra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico indio. Estudiou as estrelas ananas brancas e determinou a súa masa máxima (límite de Chandrasekhhar) e tamén a do núcleo de helio dunha estrela (límite de Chandrasekhar-Schönberg). Investigou tamén sobre a transferencia de enerxía por radiación e convección ás atmosferas estelares, e a polarización da luz emitida por determinadas estrelas. Recibiu, xunto con W. Fowler, o Premio Nobel de Física en 1983. Entre as súas obras, cómpre destacar An Introdution to the Study of Stellar Struture (Unha introdución ao estudo da estrutura estelar, 1939) e The Mathematical Theory of Black Holes (A teoría matemática dos buracos negros, 1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Tailandia formado pola unión do río Ping e Yom. Con dirección N-S, pasa por Bangkok e desemboca en forma de delta no golfo de Krung Thep. Constitúe a principal vía de transporte interna do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Liaoning, na rexión NL, en China (222.394 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arbustos da familia das rutáceas ao que pertence a especie C. ternata. Presenta follas perennes, lixeiramente carnosas e trifoliadas con folíolos de marxe enteira e forma ovada de ata 7 cm de lonxitude. As flores son brancas e moi recendentes, de ata 3 cm de diámetro e con cinco pétalos agudos. Orixinaria de México, foi traída a Europa no 1825 polo filósofo e botánico suízo J. D. Choisy (1799-1859). En Galicia foi obxecto de cultivo como especie ornamental en xardíns e pazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra de Taiwán, situada na parte oriental da illa, cunha dirección N-S (3.950 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Bolívar, Venezuela. Trátase dun centro comercial que resultou da fusión de Puerto Ordaz, San Félix, Matanzas, Caruachi e Castillito, na confluencia dos ríos Orinoco e Caroní (590.189 h [1996]). A poboación experimentou un gran crecemento debido á expansión económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Estudiou debuxo con Josep Berga i Boix e escultura na École des Beaux Arts de Toulouse (1897). En 1900 trasladouse a París e foi discípulo de Rodin. No Salon des Artistes Français de 1907 presentou a obra Turment (Tormento) e no Salon de la Societé Nationale de 1908 Crepuscle (Crepúsculo). A amizade coa bailarina Isadora Duncan permitiulle realizar os seus debuxos máis espontáneos ao redor da danza. Realizou monumentos públicos como Serenidad sobre las ruinas de la vida, no cemiterio de San Isidro de Madrid, e retratos como o de Clara Stuart Merrill (1926). As súas obras simplificáronse e liberáronse de todo sentimento. Con Maillol, Clarà representou a reacción clasicista de raíz mediterránea diante do modernismo de raíz xermánica e do impresionismo rodiniano. Foi membro da Real Academia de San Fernando de Madrid (1925). Entre os galardóns que recibiu destacan a medalla de honor da Exposición Internacional de Barcelona de 1929 con Repòs...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bimensual dedicada á literatura que se editou en León. No seu consello de redacción figuraban Agustín Delgado, L. Mateo Díez ou J. Antonio Fierro. No ano 1967 publicouse un número dobre dedicado á poesía social-realista galega. Este monográfico, da autoría de Basilio Losada, dividía os traballos de dezaseis poetas galegos en dúas partes, acompañados dun estudo introdutorio. Na primeira parte aparecían mostras de autores, como Pimentel, Seoane, Cunqueiro, Celso E. Ferreiro e Cuña Novás, así como testemuños da Guerra Civil. A segunda parte acollía poetas da xeración dos 50, como Neira Vilas, Manuel María, Uxío Novoneyra, Bernardino Graña, X. Torres, Salvador García, Xosé L. Franco, X. A. Cribeiro, Méndez Ferrín, Carlos Casares e A. López.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Honduras (5.196 km2; 257.000 h [estim 1991]). Foi fundada por Alonso de Cáceres (1537) co nome de Santa María de Comayagua, que cambiou no ano 1543 polo de Nueva Valladolid. A capital é Comayagua (52.300 h [1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte, marqués de Lozoya. Foi catedrático de Historia da Arte nas universidades de València, Madrid e Navarra, director xeral de Bellas Artes (1939-1951), director da Academia Española de Bellas Artes en Roma (1952-1957) e presidente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1972-1978). Colaborou co Anuario Brigantino, onde publicou o discurso “De los juegos florales de 1946” (1951) e nos libros Santiago en España, Europa y América (1971) e Coruña, paraíso del turismo (1973). Escribiu, entre outras obras, Historia del arte hispánico (1931-1942), Santiago Apóstol: Patrón de las Españas (1940), Santiago de Compostela: la catedral. Historia, arquitectura, arte, devoción, peregrinación (1965), Sotomayor (1968) e Historia de España (1969-1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político catalán. Naceu tras unha xuntanza clandestina en Montserrat o 17 de novembro de 1974, na que participaron diferentes representantes do nacionalismo catalán procedentes, entre outros, dos sectores sindicais, profesionais, culturais e universitarios. O comunicado final recolleu catro puntos básicos: democracia, sentido social, nacionalismo e europeísmo. O 3 de decembro de 1976 converteuse en partido político e Jordi Pujol i Soley foi nomeado secretario xeral. O 23 de febreiro de 1977 incribiuse no rexistro de asociacións políticas e en xuño do mesmo ano participou nas primeiras eleccións xerais da democracia na candidatura do Pacte Democràtic per Catalunya. En 1978 integrouse en CDC o partido Esquerra Democràtica per Catalunya, e Ramón Trias i Fargas converteuse no presidente da CDC, cargo que ocupou ata 1989. O 19 de setembro de 1978 formou, xunto con Unió Democràtica de Catalunya (UDC), a coalición electoral Convergència i Unió (CiU), vencedora nas eleccións autonómicas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto coral creado no ano 1932 en Bos Aires. A finais de 1936 pasou por unha etapa crítica que implicou cambios na directiva; foi nomeado presidente Victoriano Martínez e director da agrupación Isidro Maiztegui, e pasou a denominarse Agrupación Artística e Cultural Ultreya. Paralelamente, realizáronse actos culturais nos que se compaxinaban conferencias sobre a cultura galega e actuacións musicais que contaron coa activa participación de Emilio Pita. En 1939 tentouse sen éxito a fusión nunha soa sociedade do coro, baixo a presidencia de Ramón Rey Baltar, coa Casa de Galicia e co Grupo Galeguista. O resultado foi a retirada de diversos membros de Ultreya e do Grupo Galeguista, que constituíron a Irmandade Galega. Das súas actuacións destaca a realizada no Teatro Solís de Montevideo en 1934.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, economista e político. Trala súa militancia no partido republicano de Salmerón, foi acusado de participar nos atentados cometidos polos anarquistas durante o ano 1896 en Barcelona. Despois de pasar uns anos en Madrid, regresou a Catalu-nya en 1903 como líder dos catalanistas republicanos. Foi un dos fundadores do Institut d’Estudis Catalans (1907), centro no que presidiu a sección de ciencias. En 1909 foi nomeado presidente da Unión Federal Nacionalista Republicana e director de El Poble Català. A partir dese momento incrementou a súa actividade política: foi rexedor do concello de Barcelona en 1909, deputado a Cortes en 1910 e 1914 e, aínda que abandonou a política en 1916 tralo fracaso do Pacto de Sant Gervasi (1914), tomou parte activa na campaña pola autonomía de Catalunya en 1918. En 1931, trala instauración da República, volveu á política como membro da comisión redactora do Estatut d’Autonomia. Foi conselleiro de Xustiza e Dereito da Generalitat en 1933 e deputado...

    VER O DETALLE DO TERMO