"asia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 168.

  • Xénero de aves, da familia dos fasiánidos, ao que pertence o faisán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía conxénita da rexión occipitocervical con repercusión neurolóxica, caracterizada por unha invaxinación do occipicio e da raque cervical superior na fosa posterior do cranio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Displasia de diversos órganos ou partes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Usurpador do Imperio Romano (259-269). Foi xeneral de Valeriano e de Galieno, a quen traizoou, lle matou un fillo e despois fíxose proclamar emperador. Obtivo vitorias importantes contra os bárbaros na Galia, pero matárono os seus soldados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeólogo e enxeñeiro de minas, fillo de Melchor de Prado Mariño. Estudou matemáticas e ciencias naturais na Universidade de Santiago de Compostela e minas en Madrid. De ideas liberais, durante a súa mocidade participou na creación da Sociedad Patriótica Coruñesa. Traballou como inspector de minas e destacou na confección da parte española do mapa xeolóxico de Europa e pola visión que tiña da xeoloxía como ciencia aplicada. Opúxose á división do mapa xeolóxico de España en provincias propoñendo a división por áreas xeolóxicas e realizou numerosos traballos de paleontoloxía na Cordilleira Cantábrica. Colaborou en Observatorio Pintoresco e editou El Tarraconense. Publicou, ademais de numerosos mapas, Vindicación de la geología (1835), Mapa Geológico y Memoria de la provincia de Madrid (1864), Carta géologique de l’Espagne et du Portugal (1864) e Faune primordiale dans la châine Cantabrique (1890). Membro das sociedades xeolóxicas de Londres...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuízo mítico da alma celebrado despois da morte, no Antigo Exipto. A cerimonia descríbese no Libro dos mortos: Thot pesa o corazón do defunto e admíteo ou non no reino de Osiris. Foi un tema iconográfico común na arte funeraria exipcia e introduciuse en Occidente a través da arte copta. O que sostén as balanzas adoita ser o arcanxo san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase activa da erosión sobre un terreo desprovisto de cobertura vexetal. Representa a ruptura dun equilibrio anterior, a biostasia. OBS: A grafia <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueóloga. Foi secretaria da Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento e dirixiu as escavacións do castro de Borneiro. Publicou El hábitat castreño: asentamientos y arquitectura de los castros del N. O. peninsular (1976); Castro de Borneiro: 1983-1984 (1987); Dicionario de termos de arqueoloxía e prehistoria (1995), en colaboración; A fábrica de tabacos da Palloza: produción e vida laboral na decana das fábricas coruñesas (1997) e Nomes, héroes e mitos: fundadores lendarios e toponimia da cidade coruñesa (1997), en colaboración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e ilustrador. Desenvolveu un estilo neofigurativista cunha importante carga irónica e cunha paleta ás veces cargada de tons agrisados, que dotaron as súas obras dun toque romántico ou misterioso. Nas súas obras diseccionou o máis próximo desde un sentimento que o levou a plasmar afectos e sensacións como escenas, alegorías ou representacións íntimas dos soños nas que amosou a súa capacidade fabulativa. Destacou como debuxante e realizou ilustracións para diferentes publicacións. Da súa produción destaca Desnudo (1988?) e Señor con sombrero (1999). Recibiu o Premio de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Austrasia e de Metz (561-575), fillo de Clotario I. Repartiu o reino franco cos seus irmáns Guntram I e Khilperico I de Neustria-Soissons. En 566 casou con Bruniquilda, quen alentou as súas loitas con Khilperico I. Chegou a conquistar Neustria, pero morreu asasinado por orde da Fredegunda, amante de Khilperico I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Austrasia (613), fillo de Teodorico II de Borgoña-Austrasia. Sucedeuno sendo aínda menor de idade e os magnates negáronse a recoñecelo polo odio que lle tiñan á súa avoa Bruniquilda, polo que o entregaron a Clotario II, que o fixo asasinar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Austrasia (639-656), fillo e sucesor de Dagoberto I. Para satisfacer aos austrasianos instalouse en Metz (634), e ao suceder ao seu pai no reino de Austrasia deixou o exercicio do poder en mans do mordomo da Corte, Grimoaldo. Tivo un fillo, Dagoberto II, a quen designou como sucesor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano e actriz. Coñecida como Teresa Stratas, foi unha das figuras da Metropolitan Opera House de Nova York. Destaca a súa interpretación de Lula, de A. Berg, na Òpera de París (1979). Traballou nos filmes The Canadians (1961), La Traviata (1982) ou StratasSphere (1886), un documental de Harry Rasky. En 1981 interrompeu a súa carreira musical para traballar con Tareixa de Calcuta no coidado de enfermos terminais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lesión vascular que está producida pola dilatación dun ou máis vasos capilares. A súa localización principal está na cara, na parte alta do tórax e nas extremidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Austrasia ou Metz (534-548), fillo e sucesor de Teodorico I. En 534 conquistou Bourgogne cos seus tíos Xildeberto I e Clotario I, e compartiu con eles o seu dominio. En 539 pasou a Italia onde venceu os gregos e os godos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Metz 586 - 612) Rei de Austrasia ou Metz (595-612), fillo e sucesor de Xildeberto II. Comezou o reinado baixo a tutela da súa avoa, Bruniquilda, e desde 596 baixo a influencia dos magnates do reino. O seu irmán, Teodorico II de Bourgogne, empurrado por Bruniquilda, apoderouse do reino e, en 612, derrotouno en Toul e preto de Zülfich. Foi apresado e condenado a morte xunto co seu fillo Meroveo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Austrasia, con capital en Reims e Metz (511-534), fillo maior de Clodoveo I. En 507 loitou en Vouillé ao carón do seu pai e seguidamente someteu Albigés, Roergue e Alverina (507-508), que engadiu á súa parte da herdanza, que comprendía a rexión dos ripuarios, o val do Mosela, a futura Champagne, os francos da dereita do Rin e os alamanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Borgoña (595?-613) e de Austrasia (612-613), fillo de Khildeberto II, sucedeu a este en Borgoña. Estableceuse en Orléans e comezou a reinar baixo a titoría da súa avoa Bruniquilda, que residía en Metz co seu irmán maior Teodoberto II de Austrasia. En 610 tentou invadir Alsacia e tivo fortes loitas co seu irmán Teodeberto II, que venceu en Toul en 612 e así se coroou rei de Austrasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distensión do intestino cego.

    VER O DETALLE DO TERMO