"bot" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 225.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alessandro di Mariano Filipepi.
-
PERSOEIRO
Pintor e debuxante. A súa pintura, relacionada coa de Toulouse-Lautrec, reflectiu o Montmartre de finais de século. Foi autor de ilustracións para obras literarias como La maison Philipert (A casa Philipert), de Jean Lorrain.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta eslovaco. Utilizou a lingua eslovaca como réplica á tradición literaria checa. Publicou, entre outras obras, Smrt’ Jánošíkova (A morte de Jánošik, 1862).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Quark b, de masa 5 GeV e carga -1/3. Tamén se coñece como beaty. Ten beleza igual a 1.
-
CIDADES
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, na conca do Ruhr (121.565 h [1998]). Dedicada esencialmente ás actividades mineiras, é tamén un núcleo industrial siderúrxico. Posúe un porto fluvial á beira do canal Rin-Herne. A cidade xurdiu ao se desenvolver a explotación dos depósitos de carbón da conca do Ruhr no s XIX, no lugar que ocupaba unha pequena vila chamada Borgthorpe na Idade Media.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘embutido’.
-
-
Relativo ou pertencente ao botulismo.
-
Nome dun complexo de exotoxinas de natureza proteica producidas pola bacteria Clostridium botulinum, que provocan o botulismo. É o veleno máis potente que se coñece. A súa acción fundamental consiste en bloquear a transmisión nerviosa nas fibras nerviosas colinérxicas, feito que determina a conseguinte parálise muscular (ó impedir a contracción dos músculos). A toxina é termolábil, de maneira que se pode destruír fervéndoa durante 10 minutos ou ben quentándoa a 80°C durante 30 minutos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
De forma cilíndrica alongada, lixeiramente curvada e con extremos redondeados.
-
-
Forma grave de intoxicación producida pola inxestión de alimentos que conteñen a toxina botúlica, producida polo Clostridium botulinum, bacteria que se atopa no chan e no tracto intestinal dos animais domésticos. Os casos de botulismo humano están causados polo crecemento do microbio baixo condicións anaeróbicas en alimentos crus ou en conserva. A un pH inferior a 4,5 o crecemento da bacteria é imposible, en calquera alimento. Por esta razón, en tecnoloxía alimentaria, diferénciase entre condicións estipuladas para alimentos de baixa acidez (pH > 4,5) e condicións para alimentos de alta acidez (pH < 4,5). A porcentaxe máis alta de botulismo en conservas alimentarias deuse en conservas caseiras de baixa acidez, pois a elaboración doméstica de alimentos con frecuencia non pode cumprir con seguridade os parámetros tecnolóxicos da esterilización. Os síntomas característicos da intoxicación botúlica adoitan aparecer entre as 12 e 36 horas e son: debilidade, cefalxia,...
-
Tipo de botulismo, coñecido dende 1976, que afecta especialmente a nenos máis pequenos dun ano, orixinado pola inxestión de alimentos contaminados polo Clostridium botulinum. Crese que é a responsable do 5% dos casos de morte repentina dos nenos.
-
-
PERSOEIRO
Heroe grego. Foi un dos xefes da insurrección grega de 1820. Distinguiuse na defensa de Mesolongion fronte aos turcos (1822-1823).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción española rodada en 1972 en exteriores e interiores da Escola Naval de Marín e nas cidades de Pontevedra e Vigo. Foi dirixida por Ramón Torrado e interpretada por Peter Lee Lawrence, Maribel Martín, Alfredo Mayo, Ramón Pons, Pepe Ruíz, Rafael Hernández e Adoración Vázquez, entre outros. Tres amigos, alumnos da Escola Naval de Marín, estragan a súa amizade por mor dun malentendido ocasionado polas relacións que un deles, Carlos, mantén con dúas mulleres. A axuda dun dos seus profesores será fundamental para recuperar esa amizade perdida. Cando todo volvía á normalidade, Enrique, un dos tres amigos, no intento por salvar un barco que naufragaba, morre. Ao finalizar o curso, no desfile final, xa como alféreces, lembran o seu compañeiro falecido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inclusións en forma de anel, propias dos eritrocitos, constituídas polos residuos da membrana nuclear, descritas en 1905 polo médico norteamericano Richard Clarke Cabot (1868-1939).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito do Atlántico do norte, entre as illas de Terranova e do Cabo Bretón, que comunica o golfo de San Lourenzo co Océano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Navegación mercantil ou tráfico marítimo que se realiza de porto a porto seguindo a costa. A distinción entre a cabotaxe e a navegación de altura tivo unha orixe e unha finalidade fiscais. Tradicionalmente, moitos estados limitaron o dereito a cabotaxe aos navíos que levasen a súa bandeira. Esta limitación, no caso español, presenta unha particularidade ao distinguir a normativa específica entre a gran cabotaxe, dedicada ao tráfico internacional e a cabotaxe nacional, limitada ao tráfico efectuado entre os portos da Península Ibérica ou os da Península e Marrocos.
-
PERSOEIRO
Navegante e explorador. En 1496 obtivo de Enrique VII de Inglaterra permiso para realizar, xunto aos seus tres fillos, unha viaxe de descubrimento e ocupación. Aínda que quería establecer unha ruta polo norte para chegar a Xapón, na súa viaxe chegou á costa oriental de Grenlandia e á Península de Labrador. O rei concedeulle o monopolio comercial das terras conquistadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante e cartógrafo. Fillo de Giovanni Caboto, participou canda el nas expedicións de América do Norte. Foi cartógrafo de Enrique VIII e no 1518 Carlos V nomeouno piloto maior. En 1544 fixo o planisferio que se conserva na Bibliothèque National de París. Foi o primeiro en penetrar no estreito e na baía de Hudson. Descubriu o río de la Plata e explorou parte dos ríos Paraná e Paraguay. En 1548 volveu a Inglaterra ao servizo de Eduardo VI, fundou en Londres (1551) unha compañía para o comercio con Moscova e organizou expedicións para chegar a Oriente polo nordeste.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor impresionista e coleccionista. Discípulo de Léon Bonnat, nos seus cadros representou temas contemporáneos, vistas urbanas e a vida obreira. É mais coñecido como coleccionista das obras doutros impresionistas, que legou ao estado francés. Na súa produción destacan, Les rabouteurs de parquet (Os colocadores de parqué, 1875), e entre as vistas urbanas, París, día lluvioso (1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante, pintor e teórico da arte. Contrario ao vangardismo e ao realismo social, o seu modelo foron Ingres e os clásicos. En L’art i la revolució social (A arte e a revolución social, 1936) propugnou un realismo afastado de todo compromiso. En 1939 exiliouse a Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Parte inferior da cheminea, normalmente con forma parecida á dunha campá, situada enriba dunha lareira ou sobre uns fogóns, que ten a función de recoller os gases ou o fume producidos na cociña.
-
-
Trabe de madeira que soporta a parede fronteira da cheminea.
-
Bordo inferior que sobresae desa peza e que adoita empregarse como andel.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de madeira que vai engadida na parte superior da camba do carro.