"hum" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 173.

  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico estadounidense. Interpretou fundamentalmente papeis tráxicos e westerns. Despois da súa participación en The Story of G. I. Joe (1945), pola que foi nominado ao Oscar como mellor actor secundario, converteuse nunha das estrelas máis cotizadas de Hollywood. Da súa filmografía destacan River of No Return (1954), The Night of the Hunter (1955), Home from Hill (1960), Cape Fear (1962 e 1991), El Dorado (1966), The Yakuza (1975), The Last Tycoon (1976), The Ambassador (1984) e Dead Man (1995). Recibiu o Premio Donostia polo conxunto da súa carreira (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en 1984 na Casa da Cultura de Fene dedicado ao humor. É o primeiro no seu xénero en toda España e nas súas salas poden contemplarse máis de mil orixinais de humoristas gráficos de todo o mundo, entre outros, Chumy Chúmez, Fontanarrosa, Xaquín Marín, Siro e Mort Walker. Convoca anualmente os premios Curuxa do Humor nas vertentes gráfica, literaria e fotográfica, e organiza as Xornadas do Humor. Edita o boletín Sapoconcho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos mitófidos, caracterizados por ter boca grande, ollos moi desenvolvidos e unha gran cantidade de fotóforos baixo a liña latera. A este xénero pertence o peixe lanterna (M. punctatum).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profeta de Xudá. Anunciou o final do Imperio Asirio e a destrución de Nínive, a capital. O Libro de Nahum é unha compilación de oráculos relativos a este acontecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baladiyya de Libia (101.000 km2; 196.000 h [estim 1988]). A súa capital é Zuwāra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Inglaterra, Reino Unido (5.026 km2; 310.400 h [estim 2001]). A súa capital é Newcastle upon Tyne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do N de Europa, situado na metade occidental da Península de Escandinavia, que limita ao L con Suecia, Finlandia e Rusia, ao S co mar do Norte, ao O co Océano Atlántico e ao N co mar de Barents (323.758 km2; 4.520.900 h [2001]). A súa capital é Oslo.
    Xeografía física
    O relevo está constituído por un macizo de rochas graníticas e xistos, con cimas arrasadas pola erosión de glaciares cuaternarios, que forma parte do gran dobramento caledoniano. A influencia oceánica atenúa os contrastes entre o S e o N, polo que o estudo do territorio faise segundo franxas lonxitudinais: unha montañosa paralela á costa, unha fachada marítima con fiordes, e a Noruega do SL, situada detrás da montaña e de clima continental. A montaña escíndese en dous sectores separados pola depresión de Trondheim: ao N, as montañas de Oksskolten, e ao S, táboas graníticas con profundos vales que caen bruscamente cara ao mar, onde a altura máxima culmina no Galdhåpiggen,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Northumbria (643-670). Conseguiu o dominio de toda Northumbria e a unificación de case toda Inglaterra ata que Wulfhere, fillo de Penda, reconquistou Mercia en 657.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político fundado en 1984 por membros do Movemento Humanista. Participou na formación de Izquierda Unida (IU) en 1986 e asumiu unha das súas vicepresidencias, pero abandonou esta formación nese mesmo ano. A súa presenza foi testemuñal ata 1997, que comezou a medrar electoralmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (1.526 km2; 669.042 h [2000]). A súa capital é Pathum Thani (16.163 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á locución ‘ter sede’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da división das pteridófitas, coas frondes de gran tamaño, os soros redondeados e dispostos sobre os nervios. En Galicia danse as especies P. setiferum e P. lobatum, coñecida comunmente como fento macho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mofos, da familia das politricáceas, co talo robusto e o esporogonio anguloso. En Galicia dáse a especie P. piliferum, en brañas de alta montaña, e P. commune, en prados húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxecto internacional iniciado en 1998, interesado en determinar a totalidade do xenoma humano a partir do illamento dos xenes e o seu secuenciamento. O estudo realízase a partir da recollida de material hereditario procedente de individuos de gran diversidade de poboacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia de linguas do phylum amerindio que inclúe a lingua quechua e a lingua aimará.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Estudou debuxo e pintura en Bos Aires, formación que compaxinou co deseño gráfico e a fotografía. Traballou como fotógrafo publicitario ata 1975, cando se instalou en Barcelona. A súa obra, que destaca pola súa sobriedade, manifesta o interese polo retrato, as naturezas mortas e a paisaxe. Recibiu o Premio de Artes Plásticas Ciutat de Barcelona (1997) e o Premio Nacional de Fotografía (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Automobilista alemán. Debutou en Fórmula 1 no GP de Bélxica (1991) e conseguiu máis de 70 vitorias en grandes premios. Proclamouse 7 veces campión do mundo (1994, 1995, 2000, 2001, 2002, 2003 e 2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Dirixente do Moviment Republicain Populaire (MRP), foi deputado, ministro de Finanzas (1946), presidente do consello (1947-1948), ministro de Asuntos Exteriores (1948-1953) e de Xustiza (1955-1956). Partidario da Unión Europea, propuxo o denominado Plan Schuman (1950), que levou á creación da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA).

    VER O DETALLE DO TERMO