"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Allariz baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Allariz baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Allariz-Maceda situado na provincia de Ourense ao S da Comunidae Autónoma de Galicia. Limita ao Norte con Taboadela (comarca de Ourense), ao L con Paderne de Allariz e Xunqueira de Ambía, ao S cos de Sandiás, Vilar de Santos e Rairiz de Veiga (os tres na comarca da Limia), e ao O cos concellos da Bola e A Merca (da Terra de Celanova). Abrangue 86 km 2 cunha poboación de 5.506 h (2007), dsitribuídos nas parroquias de Allariz (Santiago e Santo Estevo), Aguas Santas, Coedo, Os Espiñeiros, Folgoso, Meire, Queiroás, Requeixo de Valverde, San Mamede de Urrós, San Martiño de Pazó, San Trocado, San Vitoiro da Mezquita, Santa Baia de Urrós, Seoane e Torneiros. A capital do concello é Allariz (42° 11’ N - 7° 47’ O), que comparte a súa condición de cabeceira comarcal con Maceda. A vila está situada a 21 km da cidade de Ourense. Está asdcrito ao partido xudicial e á diocese de Ourense.
    Xeografía física
    Allariz sitúase nun rebordo da depresión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca do S de Galicia a medio camiño entre as áreas montañosas da Serra de Queixa e a sucesión de depresións tectónicas de Ourense-A Limia-Monterrei. Nunha superficie de 382 km2viven no 1996, 15.937 persoas, o que supón unha densidade de 41,71 h/km2. A comarca está formada polos concellos de Allariz (5.178 h), Baños de Molgas (2.292 h), Maceda (3.467 h), Paderne de Allariz (1.718 h), Xunqueira de Ambía (2.150 h) e Xunqueira de Espadañedo (1.132 h). O propio nome denota unha bicefalia: a comarca conta con dous pequenos núcleos urbanos de importancia semellante: Allariz e Maceda. Ambos reparten a súa influencia funcional. A proximidade a Ourense e a competencia interna impediu a consolidación dun centro reitor comarcal claro. A comarca artéllase ao redor de dous eixos. Un ao N: a estrada C-536 en dirección a Valdeorras no que se asenta Maceda. E outro ao S: a estrada N-525 que pasa por Allariz. As dúas vilas son tamén lugar de confluencia de estradas locais desde as...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘alá’.

    2. Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘alá’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo estadounidense. Autor dunha teoría sobre a personalidade que combina orientacións humanistas con científicas. Publicou Personality (Personalidade, 1937) e Study of values (Estudio dos valores, 1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aca que foi cuberta polo almallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cubrir o almallo ou touro, á vaca ou almalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de guerra que tivo lugar no 1707 entre as forzas de Filipe de Anjou (futuro Filipe V), comandadas polo duque de Berwick, e as do arquiduque de Austria Carlos VI, comandadas polo marqués de Minas e por lord Galway, na Guerra de Sucesión á Coroa das Españas. Foi un enfrontamento entre casteláns e franceses polo bando filipista, e portugueses, británicos e holandeses polo bando aliado. O duque de Berwick, que agardaba ao duque de Orleáns, cabeza dos exércitos borbónicos na Península Ibérica, encontrábase preto do porto que separa A Mancha da Comunitat Valenciana, onde foi atacado polo exército aliado. As forzas aliadas obtiveron un certo éxito inicial, pero Berwick desenvolveu unha manobra envolvente. Os estragos que produciu a cabalería filipista obrigaron ás tropas do arquiduque a se retirar cara a Alacant. Berwick fixo avanzar os seus xinetes e atacou as tropas do arquiduque transformando a súa vitoria do día anterior nun desastre aliado. A Batalla de Almansa decidiu a sorte inmediata...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Córdoba, Andalucía, na comarca dos Montes (2.572 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Verín. As súas armas levan, en campo de azur, unha ovella da súa cor natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla vitoriosa para as tropas do arquiduque Carlos VI, comandadas por Guido von Starhemberg e James Stanhope, sobre as de Filipe V e o marqués de Villadarias (1710) durante a Guerra de Sucesión á Coroa das Españas. Despois de diversas manobras dos dous exércitos ao redor de Balaguer, as forzas do arquiduque ocuparon Alfarràs. Preto de Almenar (Segriá, LLeida) atraendo alí ás tropas borbónicas. Foi unha vitoria decisiva que permitiu a última contraofensiva carolina e obrigou ás tropas filipistas a abandonar Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar ao S da vila de Almenara o 18 de xullo de 1521. Primeiro enfrontamento importante entre as tropas de Afonso de Aragón e de Portugal, e as forzas axermanadas. Foi tamén a primeira derrota importante das xermanías valencianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Sevilla, Andalucía (2.207 h [1996]). Inserto na área metropolitana de Sevilla, a expansión periurbana da capital andaluza provocou un forte crecemento demográfico nos últimos anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza que se coloca no interior de algo servíndolle de reforzo ou soporte.

    2. Parte saínte, xeralmente cilindríca, dunha peza de madeira destinada a ser introducida no oco doutra para facer unha ensamblaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Grupo de illas ao NL de Nova Guinea, que forma parte do arquipélago de Bismarck (2.072 km2). Manus é a illa máis grande e ten como principal centro de poboación Lorengau. Os habitantes son do grupo melanesio. Descubertas por Le Maire e por Willem Schouten en 1616, foron ocupadas sucesivamente polos alemáns, xaponeses e norteamericanos (entre 1885 e 1944). No 1945 foron reintegradas na confederación australiana e actualmente forman parte do territorio de Nova Guinea, de fideicomiso australiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Participou nas trazas do retablo da capela maior da igrexa de San Bertomeu do Couto de Rouzas (A Cañiza).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, narrador e xornalista, vencellado profesionalmente ao mundo editorial en Edicións Xerais de Galicia. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Acadou en 1990 o Premio Curuxa Literaria do Museo do Humor de Fene polo relato “O mañá depende de nós”. Tamén o Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil no 2009, por A araña e mais eu, Premio Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia no 2012, por A punta de pistola ou Premio ao mellor proxecto literario na rede na I Gala do Libro Galego en 2016, por Poétic@.gal. Participou en diversas antoloxías poéticas. O seu primeiro libro de poemas individual é Persianas, pedramol e outros nervios (1992); posteriormente publica A lúa no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado do Estado. Afeccionado aos estudios históricos e filosóficos, publicou na revista Nós os traballos titulados “O monopolio do comercio do diñeiro” e “Un punto de vista do nacionalismo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Realizou investigacións sobre o aparato dixestivo, entre as que cómpre salientar El sondeo duodenal en el resecado gástrico, tema da súa tese de doutoramento (1956). Posteriormente, traballou sobre patoloxías relacionadas co bocio, publicadas no volume colectivo Estudio sobre el bocio en Galicia (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO