"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • Que baballa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que baballa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano. Foi un dos grandes directores técnicos da Warner. Destacan das súas obras as comedias musicais e os filmes policiais da época dourada de Hollywood, xunto con algúns westerns. Dirixiu, entre outras moitas, 42nd street (1933), Footlight parade (1933), Wonder bar (1934), In caliente (1935), Gold diggers of 37 (1936), Knute rockne-all american (1940) e She couldn´t say no (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito seco e alongado propio das plantas da familia das fabáceas, constituído por dúas valvas, sen tabique intermedio, que ao madurecer se abren deixando saír as sementes. Presentan froitos en bagullo as ervellas, os feixóns, as lentellas ou as acacias.

    2. Residuo de determinados froitos como a uva ou oliva despois de pisalos e quitarlles o líquido.

    3. Inzo da uva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido graxo das tripas do porco. SIN: entretiño, redeño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Precipitación breve e intensa de chuvia ou saraiba propia das treboadas primaverais, orixinadas por movementos convectivos das masas de aire, que se repiten durante varios días. SIN: balloada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo utilizado na danza escénica, equivalente a flexibilidade e lixeireza. Dise que un bailarín ten ballon cando se pode elevar facilmente ata alcanzar unha grande altura para despois caer en picado e volver elevarse ata chegar a unha altura superior, rebotando.

    2. Forma característica dalgunhas cimas dos Vosgos, que sobresaen, macizas e arredondadas, como consecuencia da maior resistencia dos núcleos graníticos á erosión. O Ballon de Guebwiller (1.424 m de altitude) e o Ballon de Alsacia (1.250 m) representan os exemplos máis importantes. SIN: castelo, inselberg, tor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo que se utiliza na danza escénica para definir os pequenos saltos lixeiros cunha soa perna, mentres a outra permanece ergueita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático e pedagogo. Graduouse en Teoloxía na Universitat de Gandia. Organizou o ensino da gramática castelá como base para o estudo da latina. Como pedagogo estableceu un método de ensino para a escola do hospicio de Barcelona e escribiu, ademais de obras didácticas, un Plan de educación primaria (inédito) e un Plan de educación o método para aprender la lengua latina sin las reglas del arte (1804). Así mesmo, é autor dunha serie de tratados de gramática latina e, sobre todo, castelá, da que renovou e impulsou o estudio; o máis importante é a Gramática filosófica y razonada de la lengua castellana. Escribiu a primeira gramática moderna do catalán: Gramàtica i apologia de la llengua catalana, na que traballou entre 1810 e 1814.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas da familia das lamiáceas ao que pertence a estruga molar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Ballotes Gravado rupestre situado na Torre dos Meadelos (Vilagarcía de Arousa). Esta estación está composta por varias rochas de granito de gran groso con representacións de tipoloxía moi ampla: coviñas, combinacións circulares, zoomorfos e unha posible escena de monta. Destacan tres grandes figuras de cérvidos, sumamente esquematizadas e de tamaño moi grande, gravadas na parede inclinada cara ao NO dunha das rochas. Os tres cervos camiñan, máis ou menos aliñados, en dirección N-S. A escena de doma ou monta está constituída por un cuadrúpede en actitude estática sobre a que aparecen uns trazos que delinean o torso e os brazos dunha figura humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bolo de fariña de millo, cocido co caldo ou por separado, que se facía no entroido e nos tempos de escaseza de pan. SIN: bolo do pote, bullote, perico, petotes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segunda ou terceira volta nalgunhas eleccións nas que se require unha porcentaxe determinada de sufraxios (maioría absoluta, dous tercios, tres quintos, etc) para resultar vencedor. Nesa segunda ou terceira volta requírese unha maioría cualificada para ser elixido. Emprégase sobre todo nas eleccións dos cargos unipersoais, como os dos Xefes de Estado (normalmente por sufraxio universal directo) ou de goberno (elixidos polos parlamentos ou asembleas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Carballo, semella que a utilización das augas sulfuradas termais se remonta á época romana; sen embargo, o seu uso moderno é de 1716, aínda que non se explotaron ata 1817. O antigo Balneario foi demolido e, na actualidade posúe un moderno complexo hostaleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cestiño pequeno onde as costureiras gardan os seus utensilios de traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tea roto e moi gastado. SIN: aldraxe, fargallo, farrapo, galdrapo.

    2. Peza de roupa vella e rota. SIN: farrapo.

    3. Quen non coida o seu aspecto externo ou se amosa sucio vestíndose con farrapos. SIN: badanas, baldreo, baldroeiro, baldrogas, bandalleiro, fargallón, farrapeiro, farrapento, pingo, zalapastrán.

    4. Que ten poucos folgos. SIN: pastrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De entre as súas obras salientan o Canzoniere (Cancioneiro, 1544) e as duascentas catorce Novelle (Novas, 1554-1573), cada unha precedida por cadansúa carta dedicatoria, que permite o coñecemento de detalles da vida de personaxes da época, na liña de Bocaccio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estómago dos animais. SIN: calleiro, recho.

    2. Primeira e maior das cavidades do estómago dos ruminantes. SIN: bandougada, bandougo.

    3. Estómago das persoas. SIN: boche.

    4. Parte do corpo humano e dos animais que envolve os intestinos. SIN: bandougada, bandougo, barriga.

    5. Doce feito con ovos, pan, especias, etc, que orixinariamente se cocía dentro do estómago do porco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resto que queda do acio ao lle tiraren as uvas. SIN: cangallo.

    VER O DETALLE DO TERMO