"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Foi profesor de Montpellier e da Sorbona. Publica Le désir d´eternité (O desexo de eternidade, 1943), La découverte métaphysique de l´homme chez Descartes (A descuberta da metafísica do home en Descartes, 1950) e La philosophie du surréalisme (A filosofía do surrealismo, 1955), obras nas que propugna unha metafísica espiritualista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Combinación mediante un catalizador dun isoalcano cun alqueno, para obter hidrocarburos saturados ramificados de número de octanos elevados (alquilado). As materias primas empregadas son, dunha banda, o isobutano e o isopentano (empregadas en exceso), e da outra, normalmente, o propeno, os butenos e o isobuteno ou as súas mesturas. A reacción é complexa, e a mestura de hidrocarburos separada por decantación fracciónase para illar o alquilato dos produtos volátiles.

    2. Introdución dun grupo alquilo nunha molécula orgánica. A alquilación pode ter lugar sobre un carbono, un nitróxeno, un osíxeno ou un xofre. Os principais reactivos alquilantes son os haluros e os sulfatos de alquilo, e máis raramente outros compostos. Son exemplos importantes: a alquilación dos hidrocarburos aromáticos por reacción de Friedel e Crafts, a alquilación de amoníaco e as aminas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura de hidrocarburos saturados ramificados, xeralmente en C 8 , obtidos nunha operación de alquilación. Son empregados para mellorar o número de octanos da gasolina comercial.

    2. alquilado deterxente

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster dun ácido sulfónico derivado dun hidrocarburo aromático alquilado. Na industria dos deterxentes sintéticos, esta denominación aplícase especialmente aos alquibencensulfonatos non biodegradables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos compostos de fórmula RC6H4SO3M (onde R é un alquilo e M, por exemplo, un metal). Na industria dos deterxentes sintéticos esta denominación adoita reservarse para os compostos onde R está ramificado, resistentes á biodegradación, mentres que os produtos facilmente biodegradables son denominados alquilsulfonatos lineais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos alquilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Designación xenérica dos grupos que resultan da eliminación dun hidróxeno nun hidrocarburo saturado acíclico. Por extensión, calquera dos grupos que resultan da eliminación dun hidróxeno nun hidrocarburo non aromático. Os alquilos simbolízanse mediante a letra R. Cando o hidróxeno eliminado provén dun carbono terminal, os alquilos denomínanse substituíndo, no nome do alcano correspondente, o sufixo -ano polo sufixo -ilo. Se o hidróxeno non provén dun carbono terminal, os alquilos denomínanse mediante prefixos unidos ao nome do alquilo correspondente á cadea non ramificada máis longa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na industria dos deterxentes sintéticos, denominación xenérica dos alquilbencesulfonatos facilmente biodegradables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina e estudo empírico e experimental dos feitos químicos durante a Antigüidade e a Idade Media. Os seus principais obxectivos foron, á procura do que se chama a Grande Obra, preparar a pedra filosofal, supostamente capaz de converter os metais baixos en prata e ouro, e o elixir da longa vida, panacea universal capaz de restaurar a xuventude e de alongar a vida indefinidamente. A alquimia foi dunha extraordinaria complexidade conceptual. Coexistiron sempre os aspectos experimental, filosófico, e o esotérico e místico, que foi a miúdo dominante. Desde as súas orixes manifestáronse dúas tendencias extremas: as dos adeptos, os fillos de Hermes, interesados sobre todo pola mística, e a dos técnicos, que tentaban empiricamente atopar a pedra, ou investigaban os segredos da natureza case co estado de espírito dos científicos actuais. A doutrina alquímica foi unha complicada mestura de filosofía grega clásica, de Neoplatonismo, de maxia exipcia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á alquimia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa dedicada ao estudo e á práctica da alquimia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Touca ou pano de liño que levaban antigamente as mulleres mouriscas para cubrir a cabeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo que resulta da eliminación dun hidróxeno nun hidrocarburo acetilénico. A súa nomenclatura sistemática segue as regras dos grupos alquilo, pero o sufixo -ino do alquino substitúese polo sufixo -inilo e a posición do tripla enlace indícase mediante un número.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos hidrocarburos acíclicos que teñen nas súas moléculas un enlace triple. As súas propiedades son as xerais aos compostos da serie acetilénica. Os alquinos, de fórmula xeral CnH2n-2, denomínanse substituíndo no nome do alcano correspondente ao sufixo -ano polo sufixo -ino e indicando, se cómpre, cun número o máis pequeno posible a posición do tripla enlace.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello utilizado para efectuar unha destilación simple, a escala industrial ou de laboratorio. Consta de caldereira, serpentín, condensador, refrixerador e colector. A caldeira é o recipiente no que se vaporiza o líquido e a calor necesaria pode ser provista por contacto directo das paredes do fervedor coa chama (sistema non aplicable na destilación de líquidos inflamables), a través dun serpentín por onde circula un fluído quente, ou ben cun sistema de calefacción eléctrica. O condensador é o aparello onde se licúa, por enfriamento, o vapor producido na caldeira. O tipo máis sinxelo está formado por un serpentín dentro dun recipiente cheo de auga. Para condensacións a temperaturas altas poden ser utilizados serpentíns ou tubos con aletas refrixerados por aire. O refrixerador é o aparello encargado de enfriar o líquido ata unha temperatura que permita recollelo sen risco e sen perdas por evaporación. Na destilación simple, a condensación e o enfriamento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Destilar na alquitara o bagazo e demais restos do acio de uvas, espremendo ben para obter a augardente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Criouse en Soutolongo (Lalín) e fixou a súa residencia en Lugo, cidade na que desenvolve o seu labor profesional en tres actividades: como profesor de linguas clásicas, editor e músico. Na área docente, destaca así mesmo a súa faceta de preparador de numerosos mecanógrafos na Academia Alvarellos (fundada por el en Lugo en 1961) trala publicación dun sistema de aprendizaxe, da súa autoría, que o Ministerio de Educación y Ciencia recoñeceu oficialmente en 1968. O seu labor de editor (Alvarellos Editora Técnica, Lugo, 1977) coñécese especialmente polas reedicións que, en facsímile, publica de obras do século XVIII (Obras Completas do Cura de Fruime, Obras Póstumas de Sarmiento, España Sagrada, Arquitectura de Vitrubio, etc) ademais de obras de fición, históricas ou ensaios, todos eles de temática galega, que saen do prelo da súa editorial. E. Alvarellos é autor de varios libros: a novela Botei Corenta Anos (1977), o poemario satírico-picaresco Cen Anacos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e escultor. Funcionario do Instituto Social da Mariña, reside en Vigo dende 1942, onde funda no 1971 o taller artesanal Serigrafía Galega coa intención de popularizar a arte galega, reunindo a obra de vinte artistas plásticos galegos -entre eles Seoane- a partir de serigrafías, expoñendo as obras en diversas cidades tanto en Galicia como no resto de España. Esculpiu un busto en pedra de Valle Inclán que se encontra no monte Lobeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Desenvolveu unha intensa actividade como membro de sociedades médicas e conferenciante en diversos congresos internacionais. Neste eido publicou o estudo La vida y la obra del célebre médico gallego Francisco Sánchez. El Escéptico (1550-1623) (1960) ou a Carta de un médico a los pescadores (1967). Membro correspondente da Real Academia de Medicina de Sevilla e da Real Academia Galega; en 1975 pronunciou o seu discurso de ingreso na Sociedad Española de Médicos Escritores sobre La saudade, un síndrome ‘disnímico’? Tivo un destacado labor na prensa (Encrucillada, Galicia emigrante, Grial, La Voz de Galicia, Vieiros, Jornal de Notícias, Papeles de Son Armadans, Galicia, El Pueblo Gallego, La Noche, Faro de Vigo, etc) publicando numerosos artigos ao longo da súa vida. En castelán é autor das novelas El fracaso de Clayton (1938), traducida ao galego en 1994, e...

    VER O DETALLE DO TERMO