Álvarez Blázquez, Darío

Álvarez Blázquez, Darío

Médico. Desenvolveu unha intensa actividade como membro de sociedades médicas e conferenciante en diversos congresos internacionais. Neste eido publicou o estudo La vida y la obra del célebre médico gallego Francisco Sánchez. El Escéptico (1550-1623) (1960) ou a Carta de un médico a los pescadores (1967). Membro correspondente da Real Academia de Medicina de Sevilla e da Real Academia Galega; en 1975 pronunciou o seu discurso de ingreso na Sociedad Española de Médicos Escritores sobre La saudade, un síndrome ‘disnímico’? Tivo un destacado labor na prensa (Encrucillada, Galicia emigrante, Grial, La Voz de Galicia, Vieiros, Jornal de Notícias, Papeles de Son Armadans, Galicia, El Pueblo Gallego, La Noche, Faro de Vigo, etc) publicando numerosos artigos ao longo da súa vida. En castelán é autor das novelas El fracaso de Clayton (1938), traducida ao galego en 1994, e A las cinco en punto (1939), asinada co pseudónimo Lázaro Evia.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Tui

  • Deceso

    Lugar : Vigo