"rot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

  • Organismo internacional fundado no ano 1906 e con sede en Xenebra (Suíza). Ten a misión de establecer a coordinación e unificación das diferentes normas sobre electrotecnia dos diferentes estados. Realizou diversas publicacións sobre normativa e terminoloxía, entre as que destaca o Vocabulario Electrotécnico Internacional (VEI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión cirúrxica dunha comisura. Aplícase especialmente á liberación das valvas dunha válvula do corazón afectada de estenose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proteína formada pola adición de grupos sulfúricos nas cadeas de proteína-polosacáridos, co que se forman condroproteína-sulfatos que constitúen a substancia fundamental do coláxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Recibiu leccións de Achille-Etna Michallon, quen o introduciu no naturalismo inxenuo. Ao morrer este, ingresou no obradoiro de Victor Bertin, que o instruíu na doutrina pictórica da paisaxe histórica. Esta mestura de idealismo e clasicismo recibiu unha corrente de liberdade cos ensaios do pintor ao aire libre, feito que fixo da súa pintura, especialmente das paisaxes, un preimpresionismo. A súa técnica, baixo unha aparencia tradicional, creou unha atmosfera de luz e claridade. Na súa primeira viaxe a Italia (1825-1828), sen negar a validez da paisaxe histórica, penetrou na paisaxe realista. Nesta primeira estancia realizou, entre outras obras, Le Pont de Narni (A ponte de Narni, 1827) e Forum (Foro, 1826). De regreso a Francia, durante os meses de primavera e verán debuxaba bosquexos ao óleo tomados do natural que logo pintaba no seu estudo no inverno. En 1834 realizou a segunda viaxe a Italia, a onde regresou en 1843. Percorreu Francia e viaxou a Suíza (1842),...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que evita alteracións provocadas pola conxelación.

    2. Substancia empregada nos procesos de conxelación para evitar que a materia conxelada resulte alterada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo formado por unha proteína específica conxugada cun pigmento. As cromoproteínas forman un grupo que inclúe: pigmentos respiratorios, como a hemoglobina, a clorocruorina e a hemocianina; fotosintetizadores, como a ficocianina e a ficoeritrina; os citocromos e as flavoproteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos crotálidos.

    2. Réptil do grupo dos crotálidos.

    3. Grupo de serpes, da familia dos vipéridos, caracterizadas por posuír unha fosa sensorial peculiar entre o orificio nasal e o ollo. Todos os crotálidos son velenosos. Inclúen seis xéneros, o máis coñecido é o Crotalus. Os demais reciben os nomes de Bothrops, Lachesis e Sistrurus (en América), e Trimeresurus (en Asia). Un último xénero, Agkistrodon, comprende tres especies americanas e nove asiáticas; unha destas, Ahalys, chega ata Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Serpe velenosa do xénero Crotalus, da familia dos vipéridos. Caracterízase por presentar no extremo da cola unha estrutura de aneis córneos, encaixados entre eles, que axita cando se excita de xeito que produce un son peculiar semellante ao do axóuxere. Posúe, entre os ollos e os orificios nasais externos, uns receptores de calor que lles serven para localizar as presas -pequenos mamíferos e aves- na escuridade. Tipicamente americanos, no norte de Arxentina está a especie C. terrificus e en América do Norte están presentes: C. horridus, que vive nos bosques; C. viridis, nas praderías; e C. cerastes, que habita nos desertos e presenta dous corniños.

    2. Instrumento de percusión empregado nas antigas civilizacións orientais para marcar o ritmo das danzas. Semellante a unhas castañolas, está formado por unha parella de valvas de madeira, óso, marfil ou metal que o executante empuña pola extremidade inferior para facelas chocar entre si.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles da familia dos crotálidos ao que pertencen os crótalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor inglés. Organista en Cambridge, realizou estudios en Oxford e posteriormente foi organista da Christ Church. Exerceu a docencia en Oxford e na Royal Institution. Da súa produción destaca o oratorio Palestine (Palestina, 1812), a obra Specimens of Various Styles of Music (Mostras de diversos estilos de música, 1815), varias pezas para piano e diversos manuais musicais teóricos. Foi presidente da Royal Academy of Music.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo de Pan e de Eufeme, ama de cría das musas, coas que vivía no Helicón. A petición destas, Zeus transformouno en constelación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto ou pequena árbore de follas lanceoladas, con flores pequenas, agrupadas en acios solitarios e froitos capsulares dehiscentes. Natural do arquipélago malaio, de Australia e doutras illas de Oceanía, cultívase para a obtención do aceite de crotón, amplamente empregado antano coma revulsivo, vesicatorio e purgante drástico. Tamén recibe o nome de rícino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe mítico co que se relaciona a fundación da cidade de Crotone.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos isómeros cis- e trans- do 2-butenal, de fórmula CH3-CH=CH-CHO. Son líquidos pouco solubles en auga, inflamables, de cheiro sufocante e lacrimóxenos, que ferven a 104°C. Obtéñense por condensación aldólica de dúas moléculas de acetaldehido e empréganse como intermediarios en síntese orgánica e como solubilizantes. Tamén recibe o nome de aldehido crotónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Calabria, Italia (1.717 km2; 175.010 h [estim 1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, en Calabria, Italia (59.743 h [estim 1999]). Ten un porto comercial, principalmente de produtos agrícolas. Na súa industria destaca o sector químico. Colonia fundada polos gregos na Magna Grecia ao redor do 708 a C, converteuse na capital da rexión do Brutio despois de destruír a cidade de Sibaris (510 a C). Foi o lugar escollido por Pitágoras de Samos para establecer a súa escola filosófica, que exerceu unha notable influencia na política e na moral. Sufriu os ataques e saqueos de Agátocles, Pirro e Aníbal no s III a C e foi conquistada polos romanos no 277 a C. No ano 194 a C converteuse en colonia romana. Durante a Idade Media cambiou o seu nome polo de Cotrona, ata que en 1928 recuperou a antiga denominación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao composto que contén o radical crotonilo, como o ácido crotónico ou o aldehido crotónico ou crotonaldehido.

    2. Cada un dos isómeros cis- e trans- do ácido 2-butenoico, de fórmula CH 3 -CH=CH-COOH, especialmente o trans-. A forma trans- é un sólido branco cristalino que funde a 72°C e que se emprega na obtención de suavizantes do caucho sintético. A forma cis- denomínase tamén ácido isocrotónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical de fórmula CH3-CH=CH-C-C-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de condensación, con deshidratación, dun aldehido ou dunha cetona con outro aldehido ou outra cetona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo de Axenor, rei de Argos. Tivo dous fillos, Estenaleo e Psámate. Froito da súa unión con Apolo, Psámate enxendrou a Lino, meniño que abandonou ao nacer. Este, tras ser recollido por uns pegureiros, morreu devorado polos seus cans. Cando Psámate lle contou a seu pai a desgracia, mandouna executar. Apolo, anoxado, envioulles unha peste aos arxivos. Consultado o oráculo para porlle fin a esta praga, o pobo arxivo dedicoulles un culto a Psámate e a Lino. Axenor foi desterrado e fundou unha cidade en Megáride e, logo de morrer, Apolo enviouno ao Tártaro.

    VER O DETALLE DO TERMO