"xia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 855.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da meteoroloxía que estudia as tempestades.
-
-
Candea de cera branca feita con estearina ou esperma de balea.
-
Nome dalgunhas antigas unidades de intensidade luminosa. Primitivamente, definíase como a intensidade luminosa dunha buxía de cera ou ben dunha lámpada patrón, variable segundo o país. Así, por exemplo, en Alemaña empregábase a buxía Hefner; en Francia, a unidade carcel; en Inglaterra, a obtida da luz de pentano, etc. En 1909 foi definida unha buxía internacional, equivalente á vixésima parte da luz emitida por 1 cm 2 de platino á temperatura de solidificación, denominada buxía decimal ou buxía Vernon-Harcourt e que vale 1,019 cd. No 1948 substituíuse pola buxía nova ou candea.
-
-
Peza suxeita á culata dos motores de acendido por chispa que recibe a corrente de alta tensión procedente da bobina e fai saltar a faísca á cámara de combustión. Componse dun electrodo central, cuberto por un illante, e dun corpo exterior de aceiro, cunha parte enroscada, que contén o electrodo de masa separado unha distancia determinada do electrodo central, feito de platino, níquel ou manganeso. Nas buxías distínguese entre frías ou quentes, segundo a súa capacidade de disipar máis ou menos a calor recibida.
-
buxía de incandescencia
Resistencia eléctrica que serve, nalgúns motores de acendido por compresión, para quentar a antecámara e facilitar así a posta en marcha do motor, e, nas turbinas de gas, para quentar a cámara de combustión.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bougie.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión que, sen ser gramaticalmente incorrecta, vai contra a lóxica ou o bo uso da lingua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estatua de Afrodita ou Venus núa e vista por detrás.
-
VER O DETALLE DO TERMO
estética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte do campanólogo.
-
IGREXAS
Igrexa da parroquia de Santa María de Castelo, en Taboada, que doou o Rei Afonso II no 897, xunto coa súa vila. Da antiga fábrica románica do s XII consérvase a portada principal que está formada por unha dobre arquivolta tórica rodeada de billetes apoiados sobre dúas columnas e por un tímpano decorado cunha cruz entrelazada. A espadana, do s XIX, é de dous vans. A planta primitiva transformouse, elevouse á ábsida e abriuse unha sancristía. A cuberta da nave e da ábsida eran de madeira a dúas augas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da medicina que trata o cancro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado patolóxico froito dunha alteración profunda do organismo como consecuencia do funcionamento deficitario dos sistemas metabólicos nos que o catabolismo predomina sobre o anabolismo. O paciente sofre un adelgazamento importante ao minguar primeiro a graxa e despois a masa muscular do organismo. A pel engúrrase e palidece, o cabelo cae e a forza muscular diminúe. Presenta graos variables de anemia, trastornos dixestivos, edemas, amenorrea e impotencia sexual. A caquexia chámase primaria cando se orixina pola falta de inxesta de alimentos, e secundaria cando está provocada por certas enfermidades. OBS: A grafía x representa o son [ks].
-
-
Parte da psicoloxía que estudia o carácter e a personalidade do home.
-
Conxunto de trazos particulares que constitúen o carácter dunha persoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia os crustáceos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sensación molesta ou dolorosa no epigastrio ou na rexión precordial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da medicina que estudia a anatomía, a fisioloxía e a patoloxía do corazón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doenza que provoca unha axitación continuada das mans e que se manifesta agarrando violentamente a roupa ou obxectos que se buscan ou se xuntan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da citoloxía dedicada ao estudo do núcleo celular.
-
-
Relativo ou pertencente a Carlomagno e á súa dinastía.
-
Relativo ou pertencente á época dos soberanos carolinxios.
-
Membro da dinastía carolinxia.
-
Familia franca que dominou a Galia, a Xermania occidental e a Italia do norte entre mediados do s VIII e finais do s IX. Os carolinxios, descendentes da familia austrasiana dos Pipínidas, orixinarios de Liexa, consolidáronse no cargo de mordomo de palacio dos reis merovinxios e acumularon máis poder ao frear a expansión musulmá e erixirse en renovadores do Imperio de Occidente, apoiados pola institución eclesiástica. O fillo ilexítimo de Pipino de Héristal, Carlos Martel (714-741), detivo os musulmáns en Poitiers no 732 e, desde o 737, gobernou sen a autoridade superior do soberano merovinxio. Con Pipino o Breve (751-768) produciuse o destronamento do último rei merovinxio (751) e Pipino, recoñecido pola nobreza e consagrado polo arcebispo Bonifacio (legado do Papa Zacarías), foi elixido rei de todos os francos. Trala morte do seu fillo Carlomán, a herdanza foi recollida integramente por Carlos que, convertido en Carlomagno (768-814), foi coroado emperador no Nadal do 800 polo...
-
Arte da corte imperial que floreceu principalmente entre os reinados de Carlomagno (morto no 814) e Carlos o Calvo (823-877). Caracterízase polo retorno ás formas clásicas, pola persistencia de temas merovinxios, pola adaptación de temas irlandeses e pola asimilación de ideas orixinarias de Bizancio e de Oriente chegadas polo norte de Italia. A arquitectura carolinxia introduciu as igrexas con pórtico e torres frontais como a de Corvey (885), as criptas situadas case ao mesmo nivel que a nave como a de Saint-Germain de Auxerre, os deambulatorios e os piares cruciformes que sosteñen a bóveda. Destacan a capela redonda de Aquisgrán e as basílicas de Saint-Denis (775), Fulda (819) e Centula (799). Non se conservan mostras da escultura monumental. Os capiteis empregados son corintios ou compostos, e os motivos decorativos forman entrelazados de orixe oriental ou irlandesa. O único ciclo completo de pinturas murais conservadas, con escenas do Antigo Testamento e do Novo...
-
ciclo carolinxio.
-
Tipo de escritura minúscula que caracterizou a reforma cultural do Imperio Carolinxio. A súa xénese foi o resultado dun longo proceso de estilización das escrituras que estaban en uso, proceso realizado polos copistas dos mosteiros situados entre o Rin e o Loire durante os ss VIII e IX. Co impulso da chancelería carolinxia, a nova letra espallouse durante o s IX por todo o Occidente. A época clásica da escritura carolinxia estendeuse desde a segunda metade do s IX ata a primeira metade do s X, período no que se empregou indistintamente para redactar libros e documentos. Posteriormente, sufriu o efecto de dous fenómenos paralelos: a transición cara ao gótico e a cursivización. A escritura xenuína recuperárona os humanistas, que lle deron o estilo que, con lixeiras variacións, chegou ata a actualidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da botánica que se ocupa do estudo das carofíceas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da botánica que se dedica ao estudo do froito. A súa aplicación nos estudios arqueolóxicos permite, xunto coas análises polínicas, o coñecemento dos paleoambientes.