buxía
(< toponimo Bougie)
-
s
f
Candea de cera branca feita con estearina ou esperma de balea.
-
s
f
[METROL]
Nome dalgunhas antigas unidades de intensidade luminosa. Primitivamente, definíase como a intensidade luminosa dunha buxía de cera ou ben dunha lámpada patrón, variable segundo o país. Así, por exemplo, en Alemaña empregábase a buxía Hefner; en Francia, a unidade carcel; en Inglaterra, a obtida da luz de pentano, etc. En 1909 foi definida unha buxía internacional, equivalente á vixésima parte da luz emitida por 1 cm 2 de platino á temperatura de solidificación, denominada buxía decimal ou buxía Vernon-Harcourt e que vale 1,019 cd. No 1948 substituíuse pola buxía nova ou candea.
-
s
f
[TECNOL]
-
Peza suxeita á culata dos motores de acendido por chispa que recibe a corrente de alta tensión procedente da bobina e fai saltar a faísca á cámara de combustión. Componse dun electrodo central, cuberto por un illante, e dun corpo exterior de aceiro, cunha parte enroscada, que contén o electrodo de masa separado unha distancia determinada do electrodo central, feito de platino, níquel ou manganeso. Nas buxías distínguese entre frías ou quentes, segundo a súa capacidade de disipar máis ou menos a calor recibida.
-
buxía de incandescencia
Resistencia eléctrica que serve, nalgúns motores de acendido por compresión, para quentar a antecámara e facilitar así a posta en marcha do motor, e, nas turbinas de gas, para quentar a cámara de combustión.
-