caquexia

caquexia

(

s f [PAT]

Estado patolóxico froito dunha alteración profunda do organismo como consecuencia do funcionamento deficitario dos sistemas metabólicos nos que o catabolismo predomina sobre o anabolismo. O paciente sofre un adelgazamento importante ao minguar primeiro a graxa e despois a masa muscular do organismo. A pel engúrrase e palidece, o cabelo cae e a forza muscular diminúe. Presenta graos variables de anemia, trastornos dixestivos, edemas, amenorrea e impotencia sexual. A caquexia chámase primaria cando se orixina pola falta de inxesta de alimentos, e secundaria cando está provocada por certas enfermidades. OBS: A grafía x representa o son [ks].

Palabras veciñas

caquéctico -ca | Caquetá | Caquetá | caquexia | 1 caqui | 2 caqui | car