2 caqui

2 caqui

(

  1. s m [PLANTA]

    Árbore caducifolia de 10-15 metros de altura, de copa redonda, con follas ovaladas elípticas, grosas e de reverso pubescente. Presenta flores amarelas e froito comestible, esférico ou cordiforme, con pel dun amarelo encarnado e polpa micilaxinosa, de cor laranxa. Orixinaria de China e Xapón, estendeuse polos países mediterráneos e por California, Florida, etc. Plántase polos seus froitos e pola madeira, densa, elástica e resistente, empregada para facer lanzadeiras, paos de golf, etc. É unha árbore de climas meridionais e temperados, pero pode resistir fríos intensos se se cultiva en rexións secas.

  2. s m [BOT]

    Froita comestible da árbore do mesmo nome. Ten cor encarnada, a pel moi fina, o tamaño dunha laranxa e un sabor moi doce. A polpa, carnosa e moi delicada, é de difícil conservación.

Palabras veciñas

Caquetá | caquexia | 1 caqui | 2 caqui | car | cara | cara