cara

cara

(< lat cara)

  1. s f [ANAT]
    1. Parte anterior da cabeza do ser humano constituída por un macizo óseo recuberto por abundantes grupos musculares e partes brandas. Pola parte superior está intimamente unida ao cranio, e pola parte inferior e posterior limita coa rexión superior do pescozo. Os ósos da rexión superior están afirmados no cranio e, a excepción do vómer, situado na liña mediana, son pares e en disposición simétrica: o maxilar superior, o pómulo, os ungües, o corneto inferior, o nasal e o palatino. A rexión inferior está constituída por un único óso: o maxilar inferior, móbil, que se une co cranio mediante a articulación temporomaxilar. Os ósos da cara forman cos da base do cranio as cavidades orbitarias, as nasais e a bucal, onde se aloxan, respectivamente, o globo ocular, a mucosa pituitaria e a lingua coas terminacións gustativas. Os músculos da cara contribúen á abertura e á oclusión dos orificios faciais, á mastigación e á expresión mímica. Na fronte está o frontal; ao redor das pálpebras, o orbicular das pálpebras e o superciliar; no nariz, o piramidal do nariz, o transverso do nariz, o mirtiforme e o dilatador das ventas; e ao redor da boca e dos beizos, o bucinador, o orbicular dos beizos, o elevador común da aleta do nariz e do beizo superior, o elevador propio do beizo superior, o canino, o cigomático maior e o menor, o risorio, o triangular dos beizos, o cadrado do queixo e a borla do queixo. As partes brandas da cara están constituídas polo tecido conxuntivo, as glándulas salivais e lacrimais e a pel. As arterias que irrigan a cara proveñen da carótida externa: a arteria facial, que se distribúe polos beizos, as aletas do nariz e o ángulo interno do ollo; e a auricular posterior e a temporal superficial, que se distribúen pola órbita, o pavillón auricular e a fronte. As veas que lle corresponden son a facial e a temporal superficial, que aflúen á xugular interna e externa, respectivamente. Os nervios motores da cara son o facial e as súas ramas, e os sensitivos, o trixémino e o plexo cervical superficial.

    2. Parte anterior da cabeza dalgúns animais.

      Ex: O can que lle regalaron tiña a cara a manchas brancas e negras. 

  2. s f

    Conxunto das faccións e a expresión natural que presenta a cara dunha persoa.

    Ex: Caracterízase pola súa cara alegre aínda que un pouco inexpresiva. 

  3. s f
    1. Ter ou pór un xesto que denota un estado anímico.

      Ex: Puxo cara seria cando lle dixo que tiña que lavar a roupa. 

    2. Aspecto que nos informa sobre o estado de ánimo ou de saúde dunha persoa.

      Ex: Desde hai uns días ten mala cara e non hai quen o aguante. 

      Sinónimos: cariz.
    3. Maneira cambiante e finxida do comportamento que unha persoa ten na súa relación cos demais.

      Ex: Ten coidado co que che di, porque ten dúas caras. 

  4. s f
    1. Aspecto ou maneira en que se presenta algo e que produce unha determinada impresión.

      Ex: O xantar que nos serviron tiña moi boa cara. 

    2. Aspecto ou maneira en que se presenta un asunto ou negocio.

      Ex: A situación que me estás a contar tenme moi mala cara. 

      Sinónimos: cariz.
  5. s f

    Individuo da especie humana. OBS: Adoita empregarse en plural.

    Ex: Á festa concorreron moitas caras coñecidas. 

  6. Antónimos: dorso, envés, reverso, revés, revés.
    1. Cada unha das superficies dunha cousa con forma de lámina.

      Ex: O profesor pediu un traballo breve escrito a dobre cara. 

    2. Superficie, normalmente a principal, en oposición a outra que aparece nun obxecto laminar.

      Ex: O cancioneiro tiña fermosas miniaturas na cara dos pergamiños. Gustoulle máis o revés da tea ca a cara. 

      Sinónimos: anverso, face. Antónimos: dorso, envés, reverso, revés, revés.
    3. s f

      Parte principal dunha moeda, medalla ou selo que, xeralmente, amosa a cabeza ou a cara dunha divindade, rei, personaxe ou calquera outro debuxo.

      Ex: A cara da moeda tiña pintada a cabeza dun león. 

      Sinónimos: anverso, face. Antónimos: cruz, dorso, reverso.
    4. Fachada ou fronte dun edificio ou doutra cousa.

      Ex: Morreron catro obreiros cando restauraban a cara da casa. 

  7. s f [MAT]

    Cada un dos planos que delimitan un ángulo diedro.

  8. [TECNOL]

    Superficie da peza polar que vai diante do entreferro nas máquinas eléctricas.

  9. [ARQUEOL]

    Na tipoloxía lítica, a cara da lasca que estaba en contacto co plano de lascado.

Frases feitas

  • Á cara/na cara/cara a cara/de cara. Dicirlle algo a unha persoa cando está presente.

  • A mal ano, boa cara. Afrontar un feito ou circunstancia adversos.

  • Cara de baqueta. Rostro serio e hostil da persoa malencarada.

  • Cara de non. Face que amosa mal talante.

  • Cuspirlle na cara a alguén. Burlarse de alguén na súa presencia.

  • Non volver a cara atrás. Non retroceder nos traballos que se empezan, tirar sempre cara a adiante.

  • Ter cara de tanto me ten. Rostro que mostra unha total indiferencia.

  • 2 Locución que pode significar tendencia, inclinación ou introducir o obxecto dun sentimento, en alternancia con a, por ou contra. (Ex: A súa ideoloxía camiñou cara ao radicalismo co paso dos anos, O seu enfermizo amor cara a Moraima levouno ao suicidio).

  • 3 Locución que indica localización imprecisa no espacio e no tempo, en alternancia con contra, por, para e sobre (Ex: Mercou unha casa cara ao Rosal, Agora non está, pero volve cara ás cinco).

  • A caras e/ou cruces. Procedemento empregado para decidir algunha cousa ao chou, que consiste en lanzar unha moeda ao aire. Tómase unha ou outra decisión segundo a moeda caia presentando a cara ou a cruz.

  • Andar a cara descuberta. Andar, quen non fai mal, con liberdade e sen temor a inxurias.

  • Andarlle coa cara a alguén/lavarlle a cara a alguén. Pegarlle a algunha persoa.

  • Arder a cara. Ruborizarse unha persoa.

  • Botar na cara. Recriminar ou censurar algunha cousa a alguén.

  • Cara a 1 Locución que indica "en dirección a", alternando con a e contra. OBS: Se indica movemento non necesariamente ten que acadar o seu termo (Ex: Díxome que ía cara á universidade, Viaxaba cara a Monforte).

  • Cara de / can / cerralleiro / ferreiro/ noite/ poucos amigos / zarralleiro. Expresión que indica hostilidade ou reprobación ou que polo aspecto ten mal cariz.

  • Cara de anxiño. Ter aspecto de boa persoa.

  • Cara de bo ano. Aquela que denota boa saúde.

  • Cara de cartón. Cara que presenta un aspecto inexpresivo.

  • Cara de chorados. Cara compunxida.

  • Cara de criba centeo. Insulto.

  • Cara de escachanoces. Cara que pon o rapaz desvergonzado e insolente cando fai unha trasnada.

  • Cara de excomungado. Faciana que mostra sobresalto ou pena.

  • Cara de fame. Persoa que está moi delgada.

  • Cara de ferreiro. Cara de estar incomodado.

  • Cara de festa. Cara expresiva e alegre por natureza.

  • Cara de fregar as olas/de limpar as olas. Rostro feo e sucio.

  • Cara de leite fervido. Persoa que ten a face moi branca.

  • Cara de lúa chea/de pantrigo. Faciana redonda e grande.

  • Cara de macaco. Face cun fociño prominente.

  • Cara de mexa na cama. Rostro que presenta mal aspecto.

  • Cara de noite. Face seria e enfadada.

  • Cara de pan. Rostro moi serio.

  • Cara de pao. Cara de rigor.

  • Cara de pascua. Rostro compunxido ou tamén o que amosa un estado pracenteiro.

  • Cara de raído. A que expresa burla e ironía.

  • Cara de rompefoles. Face da persoa a que parece que non lle importa nada.

  • Cara de rosa. Cara atractiva ou que presenta un bo aspecto.

  • Cara de tanto me ten. Face que se mostra indiferente.

  • Custar un ollo da cara. Ser moi caro.

  • Dar a cara. Actuar abertamente ou responder polos actos doutra persoa ter valor.

  • Dar/dicir algo a cara. Manifestar certos estados físicos ou anímicos o aspecto do rostro.

  • Entrar alguén de cara e saír de cu. Indica que hai moita xente nun lugar e non se cabe.

  • Lavar a cara a algo. Adular a alguén.

  • Non ter cara para nada. Non se atrever a facer nada.

  • Quitar a cara por un. Defender a unha persoa ante a ameaza doutras.

  • Romperlle/partirlle a cara a alguén. Darlle golpes na faciana a alguén.

  • Ser un cara lavada. Non ter vergoña, facer mal e andar como se non pasara nada.

  • Ter a cara cacarañada. Ter o rostro marcado polas cicatrices da varíola.

  • Ter a cara encarnadiña coma as cereixas. Ter aspecto de boa saúde.

  • Ter a cara sarabiada. Ter a face chea de pintas.

  • Ter cara de vaite a cama e durme. Mostrar unha faciana con moito sono.

  • Ter cara/Ter a cara máis dura ca un lorcho/Ter a cara máis lavada cás pedras (do río)/

  • Tórnalle a cara do cu. Aplícase a unha persoa fea, xeralmente a unha muller.

  • ¡Aínda o diaño ten cara de coello! Todo acontece de xeito contrario ao que se pensaba.

Palabras veciñas

2 caqui | car | cara | cara | Cara a | carabao | carabel