cara
(< lat cara)
-
s
f
[ANAT]
-
Parte anterior da cabeza do ser humano constituída por un macizo óseo recuberto por abundantes grupos musculares e partes brandas. Pola parte superior está intimamente unida ao cranio, e pola parte inferior e posterior limita coa rexión superior do pescozo. Os ósos da rexión superior están afirmados no cranio e, a excepción do vómer, situado na liña mediana, son pares e en disposición simétrica: o maxilar superior, o pómulo, os ungües, o corneto inferior, o nasal e o palatino. A rexión inferior está constituída por un único óso: o maxilar inferior, móbil, que se une co cranio mediante a articulación temporomaxilar. Os ósos da cara forman cos da base do cranio as cavidades orbitarias, as nasais e a bucal, onde se aloxan, respectivamente, o globo ocular, a mucosa pituitaria e a lingua coas terminacións gustativas. Os músculos da cara contribúen á abertura e á oclusión dos orificios faciais, á mastigación e á expresión mímica. Na fronte está o frontal; ao redor das pálpebras, o orbicular das pálpebras e o superciliar; no nariz, o piramidal do nariz, o transverso do nariz, o mirtiforme e o dilatador das ventas; e ao redor da boca e dos beizos, o bucinador, o orbicular dos beizos, o elevador común da aleta do nariz e do beizo superior, o elevador propio do beizo superior, o canino, o cigomático maior e o menor, o risorio, o triangular dos beizos, o cadrado do queixo e a borla do queixo. As partes brandas da cara están constituídas polo tecido conxuntivo, as glándulas salivais e lacrimais e a pel. As arterias que irrigan a cara proveñen da carótida externa: a arteria facial, que se distribúe polos beizos, as aletas do nariz e o ángulo interno do ollo; e a auricular posterior e a temporal superficial, que se distribúen pola órbita, o pavillón auricular e a fronte. As veas que lle corresponden son a facial e a temporal superficial, que aflúen á xugular interna e externa, respectivamente. Os nervios motores da cara son o facial e as súas ramas, e os sensitivos, o trixémino e o plexo cervical superficial.
-
Parte anterior da cabeza dalgúns animais.
Ex: O can que lle regalaron tiña a cara a manchas brancas e negras.
-
-
s
f
Conxunto das faccións e a expresión natural que presenta a cara dunha persoa.
Ex: Caracterízase pola súa cara alegre aínda que un pouco inexpresiva.
-
s
f
-
Ter ou pór un xesto que denota un estado anímico.
Ex: Puxo cara seria cando lle dixo que tiña que lavar a roupa.
-
Aspecto que nos informa sobre o estado de ánimo ou de saúde dunha persoa.
Ex: Desde hai uns días ten mala cara e non hai quen o aguante.
Sinónimos: cariz. -
Maneira cambiante e finxida do comportamento que unha persoa ten na súa relación cos demais.
Ex: Ten coidado co que che di, porque ten dúas caras.
-
-
s
f
-
Aspecto ou maneira en que se presenta algo e que produce unha determinada impresión.
Ex: O xantar que nos serviron tiña moi boa cara.
-
Aspecto ou maneira en que se presenta un asunto ou negocio.
Ex: A situación que me estás a contar tenme moi mala cara.
Sinónimos: cariz.
-
-
s
f
Individuo da especie humana. OBS: Adoita empregarse en plural.
Ex: Á festa concorreron moitas caras coñecidas.
-
Antónimos:
dorso,
envés,
reverso,
revés,
revés.
-
Cada unha das superficies dunha cousa con forma de lámina.
Ex: O profesor pediu un traballo breve escrito a dobre cara.
-
Superficie, normalmente a principal, en oposición a outra que aparece nun obxecto laminar.
Ex: O cancioneiro tiña fermosas miniaturas na cara dos pergamiños. Gustoulle máis o revés da tea ca a cara.
Sinónimos: anverso, face. Antónimos: dorso, envés, reverso, revés, revés. -
s
f
Parte principal dunha moeda, medalla ou selo que, xeralmente, amosa a cabeza ou a cara dunha divindade, rei, personaxe ou calquera outro debuxo.
Ex: A cara da moeda tiña pintada a cabeza dun león.
Sinónimos: anverso, face. Antónimos: cruz, dorso, reverso. -
Fachada ou fronte dun edificio ou doutra cousa.
Ex: Morreron catro obreiros cando restauraban a cara da casa.
-
-
s
f
[MAT]
Cada un dos planos que delimitan un ángulo diedro.
-
cara polar
[TECNOL]
Superficie da peza polar que vai diante do entreferro nas máquinas eléctricas.
-
cara ventral
[ARQUEOL]
Na tipoloxía lítica, a cara da lasca que estaba en contacto co plano de lascado.
Frases feitas
-
Á cara/na cara/cara a cara/de cara. Dicirlle algo a unha persoa cando está presente.
-
A mal ano, boa cara. Afrontar un feito ou circunstancia adversos.
-
Cara de baqueta. Rostro serio e hostil da persoa malencarada.
-
Cara de non. Face que amosa mal talante.
-
Cuspirlle na cara a alguén. Burlarse de alguén na súa presencia.
-
Non volver a cara atrás. Non retroceder nos traballos que se empezan, tirar sempre cara a adiante.
-
Ter cara de tanto me ten. Rostro que mostra unha total indiferencia.
-
2 Locución que pode significar tendencia, inclinación ou introducir o obxecto dun sentimento, en alternancia con a, por ou contra. (Ex: A súa ideoloxía camiñou cara ao radicalismo co paso dos anos, O seu enfermizo amor cara a Moraima levouno ao suicidio).
-
3 Locución que indica localización imprecisa no espacio e no tempo, en alternancia con contra, por, para e sobre (Ex: Mercou unha casa cara ao Rosal, Agora non está, pero volve cara ás cinco).
-
A caras e/ou cruces. Procedemento empregado para decidir algunha cousa ao chou, que consiste en lanzar unha moeda ao aire. Tómase unha ou outra decisión segundo a moeda caia presentando a cara ou a cruz.
-
Andar a cara descuberta. Andar, quen non fai mal, con liberdade e sen temor a inxurias.
-
Andarlle coa cara a alguén/lavarlle a cara a alguén. Pegarlle a algunha persoa.
-
Arder a cara. Ruborizarse unha persoa.
-
Botar na cara. Recriminar ou censurar algunha cousa a alguén.
-
Cara a 1 Locución que indica "en dirección a", alternando con a e contra. OBS: Se indica movemento non necesariamente ten que acadar o seu termo (Ex: Díxome que ía cara á universidade, Viaxaba cara a Monforte).
-
Cara de / can / cerralleiro / ferreiro/ noite/ poucos amigos / zarralleiro. Expresión que indica hostilidade ou reprobación ou que polo aspecto ten mal cariz.
-
Cara de anxiño. Ter aspecto de boa persoa.
-
Cara de bo ano. Aquela que denota boa saúde.
-
Cara de cartón. Cara que presenta un aspecto inexpresivo.
-
Cara de chorados. Cara compunxida.
-
Cara de criba centeo. Insulto.
-
Cara de escachanoces. Cara que pon o rapaz desvergonzado e insolente cando fai unha trasnada.
-
Cara de excomungado. Faciana que mostra sobresalto ou pena.
-
Cara de fame. Persoa que está moi delgada.
-
Cara de ferreiro. Cara de estar incomodado.
-
Cara de festa. Cara expresiva e alegre por natureza.
-
Cara de fregar as olas/de limpar as olas. Rostro feo e sucio.
-
Cara de leite fervido. Persoa que ten a face moi branca.
-
Cara de lúa chea/de pantrigo. Faciana redonda e grande.
-
Cara de macaco. Face cun fociño prominente.
-
Cara de mexa na cama. Rostro que presenta mal aspecto.
-
Cara de noite. Face seria e enfadada.
-
Cara de pan. Rostro moi serio.
-
Cara de pao. Cara de rigor.
-
Cara de pascua. Rostro compunxido ou tamén o que amosa un estado pracenteiro.
-
Cara de raído. A que expresa burla e ironía.
-
Cara de rompefoles. Face da persoa a que parece que non lle importa nada.
-
Cara de rosa. Cara atractiva ou que presenta un bo aspecto.
-
Cara de tanto me ten. Face que se mostra indiferente.
-
Custar un ollo da cara. Ser moi caro.
-
Dar a cara. Actuar abertamente ou responder polos actos doutra persoa ter valor.
-
Dar/dicir algo a cara. Manifestar certos estados físicos ou anímicos o aspecto do rostro.
-
Entrar alguén de cara e saír de cu. Indica que hai moita xente nun lugar e non se cabe.
-
Lavar a cara a algo. Adular a alguén.
-
Non ter cara para nada. Non se atrever a facer nada.
-
Quitar a cara por un. Defender a unha persoa ante a ameaza doutras.
-
Romperlle/partirlle a cara a alguén. Darlle golpes na faciana a alguén.
-
Ser un cara lavada. Non ter vergoña, facer mal e andar como se non pasara nada.
-
Ter a cara cacarañada. Ter o rostro marcado polas cicatrices da varíola.
-
Ter a cara encarnadiña coma as cereixas. Ter aspecto de boa saúde.
-
Ter a cara sarabiada. Ter a face chea de pintas.
-
Ter cara de vaite a cama e durme. Mostrar unha faciana con moito sono.
-
Ter cara/Ter a cara máis dura ca un lorcho/Ter a cara máis lavada cás pedras (do río)/
-
Tórnalle a cara do cu. Aplícase a unha persoa fea, xeralmente a unha muller.
-
¡Aínda o diaño ten cara de coello! Todo acontece de xeito contrario ao que se pensaba.
Refráns
- Cara espiñosa, cara fermosa.
- Non lle vai á cara mal a espiña camal.
- O mal e o ben na cara se ven.