"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
PERSOEIRO
Pintor. Membro da misión de artistas franceses que promoveu Xoán VI, durante a súa estancia en Rio de Janeiro (1815-1831) contribuíu á creación da Academia de Belas-Artes e promoveu a primeira exposición de arte en Brasil en 1829. As súas obras reflectiron a sociedade brasileira. Ao regresar a París editou o libro de gravados Voyage pittoresque et historique au Brésil, ou Séjour d’un artiste français au Brésil (Viaxe pintoresca e histórica a Brasil, ou estancia dun artista francés en Brasil, 1834-1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Debilitamento da atracción entre ións dunha disolución ocasionado pola formación, ao redor de cada ión, dunha atmosfera ou pantalla de ións de signo contrario.
-
-
de decapar.
-
Acción e efecto de decapar.
-
-
-
Que decapa ou serve para decapar.
-
Produto que, polas súas propiedades físicas ou químicas, se utiliza para limpar a capa de óxido ou pintura que cobre unha superficie. No caso de superficies metálicas, os máis empregados son o ácido sulfúrico e o clorhídrico diluídos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Limpar da superficie dun metal a capa de óxido, pintura, etc, que a cobre. Esta operación pode efectuarse mediante procedementos mecánicos ou químicos. O decapado mecánico pódese realizar mediante un cepillo metálico, procedemento lento e imperfecto, ou, máis usualmente, mediante un chorro de area, de partículas metálicas pequenas ou de perdigóns. O máis utilizado é o decapado químico, que ten diversas variedades: o decapado ácido, que consiste na inmersión do metal nun baño de ácido clorhídrico ou sulfúrico diluídos, o decapado alcalino que se realiza mediante a inmersión nunha disolución de sosa, sobre todo nas aliaxes de aluminio e cinc, ou o decapado electrolítico, no que a peza de metal actúa de cátodo ou de ánodo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás flores nas que se distinguen quince partes.
-
-
Acción de decapitar.
-
Forma de execución da pena de morte que consiste en cortarlle a cabeza ao condenado. Antigamente, era o método máis empregado para executar os nobres ou señores, porque se consideraba non infamante.
-
Fenómeno mediante o que un río captura ou asimila a cabeceira ou o curso alto da conca doutro río.
-
-
-
de decapitar.
-
Aplícase á figura representada sen cabeza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cortarlle a cabeza a alguén.
-
-
Relativo ou pertencente aos decápodos.
-
-
Crustáceo da orde dos decápodos.
-
Orde de crustáceos que se caracteriza por presentar cinco pares de patas torácicas das que o primeiro par, e tamén ás veces o segundo, pode presentar no extremo unha pinza. Tamén se distinguen por ter os tres primeiros pares de apéndices do tórax asociados ao aparato bucal. A este grupo pertencen a maioría dos crustáceos, con máis de 10.000 especies, e tamén os de maior tamaño, xa que aínda que algunhas especies de cangrexo chícharo non superan os 2 mm, hai outras -como o cangrexo araña- que supera os 4 m de envergadura. A maior parte dos decápodos son mariños pero existen unhas poucas especies que se adaptaron a vivir en augas salobres de marismas, na auga doce de ríos e lagos, e mesmo algunhas en terra. A división do corpo dos artrópodos en tres partes (cabeza, tórax e abdome) preséntase simplificada a un cefalotórax, produto da fusión nun único escudo da cabeza (que consta de 6 segmentos) co tórax (de 8 segmentos) e un abdome (de 6 segmentos articulados). A casca quitinosa ou calcaria...
-
-
-
Molusco da orde dos decápodos.
-
Denominación que reciben os moluscos cefalópodos que presentan oito brazos e dous tentáculos.
-
-
-
CONFEDERACIONS
Confederación de dez cidades do N de Palestina situadas ao L do Xordán. Creouse trala campaña de Pompeio en Oriente (64 a C - 63 a C) co obxectivo de preservar a cultura helenística e protexerse contra os hebreos e as tribos árabes beduínas e perdurou ata o século II d C. Estaba constituída polas cidades de Damasco, Filadelfia, Rafana, Escitópolis, Gadara, Hippos, Dion, Pella, Gerasa e Canata. O gobernador romano de Siria exercía o control sobre os seus negocios, e as cidades pertencentes á liga tiñan a obriga de prestar servicios militares e pagarlles impostos aos romanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liga de dez cidades constituída en Alsacia no s XIV e formada por Mülhausen, Colmar, Münster, Turckheim, Kaysersberg, Schletsstadt, Oberehnheim, Rosheim, Hagenau e Weissemburg. No s XVI Landau substituíu a Weissemburg. Dividiuse logo da Reforma en tres cidades protestantes, cinco católicas e dúas mixtas, aínda que se mantivo fiel aos Habsburgo. Malia que polo Tratado de Münster pasaron ás mans dos franceses (1648), non se incorporaron dun xeito efectivo á soberanía francesa ata 1679. Durante a Revolución Francesa (1789) integráronse definitivamente en Francia.
-
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Foi secretario vitalicio da sección de matemáticas da Académie des Sciences. No ano 1781 elaborou as primeiras táboas de efemérides do planeta Urano, ás que lles seguiron as do Sol, Saturno, Xúpiter e outros astros. Participou na medición do arco de meridiano comprendido entre Dunkerque e Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Orientalista francés. Escribiu os ensaios La Mésopotamie, les civilisations babylonienne et assyrienne (Mesopotamia, as civilizacións babilonia e asiria, 1923) e Manuel de langue hittite (Manual de lingua hitita, 1929-1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mercedario galego. Foi asistente xeral da súa orde en Roma, fundador do colexio da Mercede xunto co marqués de Valdivia, vigairo provincial da orde e comendador do mosteiro de Poio. Colaborador en numerosos xornais e revistas, entre outras obras, publicou: Estudio histórico de la acción de los mercedarios en Chile (1919), Apostolado social del clero (1922), La escuela laica ante el tribunal de la razón y de la historia (1922), La cuestión social (1923), Prejuicios contra el catolicismo (1924), El problema del niño en el Ecuador (1925) e El apostolado seglar en los tiempos presentes (1933).
-
PERSOEIRO
Profesor. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidad Complutense de Madrid (1973), foi profesor na facultade de Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, nos CEFOCOPs da Xunta de Galicia, no Movimiento de Renovación Pedagógica y Acción Educativa de Madrid, no Programa Nacional de Especialización del Profesorado de EGB da UNED (1975-1982) e no ICE da Universidade de Santiago de Compostela (1975-1985). Dentro das ciencias da educación, o seu labor centrouse na expresión plástica, na psicoloxía evolutiva da expresión, na percepción visual, no deseño e na composición, na organización e secuenciación curricular, na didáctica de museos e na imaxe e medios de comunicación. Participou na confección e redacción de programas e unidades didácticas do ministerio de Educación e da Xunta de Galicia. Colaborador en Acción Educativa, Cuadernos de Pedagogía e na Enciclopedia de la Pedagogía, entre as súas obras, destacan El origen de la expresión...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de cetáceos, da familia dos monodóntidos, ao que pertence a beluga.
-
-
Relativo ou pertencente aos dendrocoláptidos.
-
Ave da familia dos dendrocoláptidos.
-
Familia de aves, da orde dos paseriformes, á que pertencen os picapaos e os gabeadores.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos dermápteros.
-
Insecto pertencente á familia dos dermápteros.
-
Orde de insectos denominados popularmente cadelas de frade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Patinar as rodas dun vehículo desviándose lateralmente da dirección que levaba.