Delgado Tapias, Juan

Delgado Tapias, Juan

Profesor. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidad Complutense de Madrid (1973), foi profesor na facultade de Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, nos CEFOCOPs da Xunta de Galicia, no Movimiento de Renovación Pedagógica y Acción Educativa de Madrid, no Programa Nacional de Especialización del Profesorado de EGB da UNED (1975-1982) e no ICE da Universidade de Santiago de Compostela (1975-1985). Dentro das ciencias da educación, o seu labor centrouse na expresión plástica, na psicoloxía evolutiva da expresión, na percepción visual, no deseño e na composición, na organización e secuenciación curricular, na didáctica de museos e na imaxe e medios de comunicación. Participou na confección e redacción de programas e unidades didácticas do ministerio de Educación e da Xunta de Galicia. Colaborador en Acción Educativa, Cuadernos de Pedagogía e na Enciclopedia de la Pedagogía, entre as súas obras, destacan El origen de la expresión en niños de 3 a 6 años (1980), La afirmación de la expresión en niños de 6 a 8 años (1982), A expresión plástica na aula (1992) e Visitas didácticas al Museo Municipal Quiñones de León (1992).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Sevilla