"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado na área metropolitana da capital e bañado polo río Henares (17.195 h [2001]). É un centro agrícola, que, pola súa proximidade con Madrid, desenvolveu unha industria diversificada onde destaca a metalúrxica, as artes gráficas, as conservas e a química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chuvia miúda que se desprende da néboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que se editou en Ferrol a partir de xaneiro de 1934. De periodicidade trimestral e dirixida por Ricardo Torres Queiruga, foi unha publicación de carácter técnico en que colaboraron oficiais e persoal auxiliar da Armada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da illa de Menorca, Illes Balears, situado no sector central da illa (2.572 h [1996]). Son moi importantes os rabaños de gando bovino. A industria é derivada das actividades primarias, e destacan as alimentarias e de reparación de material agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Seguiu as premisas da arte borgoñoa, cun estilo que desenvolveu en Sevilla entre 1454 e 1467. A súa obra é de transición ao Renacemento. Realizou a estatua xacente do cardeal Juan de Cervantes, na capela de San Hermenegildo da catedral de Sevilla, e a maior parte da decoración das portas da catedral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Discípulo de Zingarelli, foi director do Conservatorio de Nápoles (1840-1870) e unha figura de transición entre Rossini e Verdi. Compuxo música sacra, fantasías para orquestra e óperas, das que destacan Elisa e Claudio (1821), I Normanni a Parigi (1832), Leonora (1844) e Virginia (1866).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sarria. Fundouse, segundo a tradición, por dous monxes italianos a principios do s XIII, co fin de atender os peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela. O Papa Pío V en 1568 concedeulles a oficialidade, pero baixo a regra agostiña. Abandonaron o lugar coa exclaustración de 1835, e retornaron en 1896. O edificio ten planta rectangular que alberga un claustro e dous patios laterais. A primeira edificación, a capela de San Lourenzo, é de estilo románico-gótico. No s XVI realizáronse reformas, pero foi no s XVIII cando experimentou a maior transformación en estilo barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera tipo de sucidade.

    2. Cousa sen importancia ou de pouco valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Merenda abundante para varias persoas.

    2. Reunión de persoas para realizar ou celebrar algo cunha merenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Foi director de El Compostelano, redactor de El Correo Gallego, cofundador de La Noche, subdirector de Hoja del Lunes e redactor xefe de La Voz de Galicia. Ademais, exerceu como presidente de honra da Asociación de la Prensa Gallega da Coruña. Publicou Mujeres de ideas largas (1985), Pequeña historia de un hombre cabal. Memorias de un periodista (1988), La vida que vuelve (1989), Los españoles: entre caballeros y pícaros (1992) e El Mundo que conocí (1999). Membro correspondente da Real Academia Galega e do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, pertenceu á Asociación Internacional de Críticos Literarios (UNESCO).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Salario ou paga dun mes.

    2. Mensualidades que, en réxime de clases pasivas, se dan ás viúvas e aos orfos dos empregados que morren sen deixar dereito a pensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de persoas armadas que entre os ss XI e XVI servían baixo o mando e ao servizo dun rei ou señor de maneira permanente, aspecto en que se distinguía da hoste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soldo dun mesnadeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de mexar.

    2. Cantidade de ouriños que se expulsa dunha soa vez.

    3. Mancha que deixan os ouriños nalgún sitio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Demostración de cariño que se lle fai a alguén con moita afectación.

    2. Cousa insignificante e sen importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado ao pé da serra de Montánchez e drenado polo canal de Orellana (9.763 h [2001]). Destaca a agricultura de regadío, cos cultivos de tabaco, algodón, hortalizas e forraxes, e as industrias alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e activista político. Inaugurou o período romántico en Polonia, do que foi un dos principais representantes, coa obra Ballady i Romanse (Baladas e romances, 1822). Deportado a Rusia polas súas actividades revolucionarias (1823-1828), pasou despois a Alemaña, Italia, Francia e Turquía. En Roma organizou unha lexión polaca que loitou a carón dos italianos. Das súas obras, de carácter nacionalista e onde aparece unha imaxe heroica e dramática da alma humana e moi próxima á visión byroniana da liberdade, destacan Graz’yna (1823), Sonety Krymskie (Sonetos de Crimea, 1826), Konrad Wallenrod (1928), onde creou o “hexámetro polaco”; Ksiegi narodu polskiego i pielgrzymstwa polskiego (Libros do pobo polaco e da peregrinaxe polaca, 1832) e Pan Tadeusz, czili Ostatni zajazd na Litwie (O señor Tadeo ou a derradeira entrada en Lituania, 1834).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade moi grande de millo.

    2. Millo que se emprega para dar de comer ao gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Forcarei baixo a advocación de san Amedio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade moi elevada dalgunha cousa, especialmente de cartos.

    VER O DETALLE DO TERMO