Mickiewicz, Adam Bernard
Poeta e activista político. Inaugurou o período romántico en Polonia, do que foi un dos principais representantes, coa obra Ballady i Romanse (Baladas e romances, 1822). Deportado a Rusia polas súas actividades revolucionarias (1823-1828), pasou despois a Alemaña, Italia, Francia e Turquía. En Roma organizou unha lexión polaca que loitou a carón dos italianos. Das súas obras, de carácter nacionalista e onde aparece unha imaxe heroica e dramática da alma humana e moi próxima á visión byroniana da liberdade, destacan Graz’yna (1823), Sonety Krymskie (Sonetos de Crimea, 1826), Konrad Wallenrod (1928), onde creou o “hexámetro polaco”; Ksiegi narodu polskiego i pielgrzymstwa polskiego (Libros do pobo polaco e da peregrinaxe polaca, 1832) e Pan Tadeusz, czili Ostatni zajazd na Litwie (O señor Tadeo ou a derradeira entrada en Lituania, 1834).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Zaosie, Polonia, actual Novogrudok, Bielorrusia -
Deceso
Lugar : Istambul