Mercede, convento da ou mosteiro de Santa María Madalena

Mercede, convento da ou mosteiro de Santa María Madalena

Construción situada en Sarria. Fundouse, segundo a tradición, por dous monxes italianos a principios do s XIII, co fin de atender os peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela. O Papa Pío V en 1568 concedeulles a oficialidade, pero baixo a regra agostiña. Abandonaron o lugar coa exclaustración de 1835, e retornaron en 1896. O edificio ten planta rectangular que alberga un claustro e dous patios laterais. A primeira edificación, a capela de San Lourenzo, é de estilo románico-gótico. No s XVI realizáronse reformas, pero foi no s XVIII cando experimentou a maior transformación en estilo barroco.

Palabras veciñas

mercede | Mercede, A | Mercede, A | Mercede, convento da ou mosteiro de Santa María Madalena | Mercede, pazo da | Mercede, pazo da | Mercede, ponte da