Mercede, pazo da
Mercede, pazo da
Construción situada en Posmarcos (A Pobra do Caramiñal). A construción orixinal está en ruínas, pero conserva en bo estado as paredes e a capela adxunta, que foi restaurada. Construído en cachotaría e cantaría, ten planta rectangular e, ademais da capela, presenta outras dependencias anexas e unha fonte de cantaría nas proximidades.