Mercede, pazo da

Mercede, pazo da

Construción situada en Tortoreos (As Neves). De planta rectangular, conta con dous andares e un semisoto realizados en cachotaría con cantaría nos extremos. Na fachada principal presenta os escudos dos Araúxo e Suárez de Puga. Conserva a capela exenta.