"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra, segunda muller de Enrique VIII. Filla de Thomas Boleyn e dama de honor da primeira muller de Enrique VIII, Catalina de Aragón. O seu matrimonio influíu na ruptura de Enrique VIII coa Igrexa de Roma. Nai da futura Raíña de Inglaterra Isabel I, morreu executada ao ser acusada de adulterio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Princesa bizantina, primoxénita de Aleixo I e de Irene Ducas. Casada (1097) con Nicefor Brienne, participou en intrigas contra o seu irmán Xoán. É autora de Alexíada, obra histórica que completa e continúa a do seu marido do 1069 ao 1118. Pese aos panexíricos a Aleixo I, é a fonte historiográfica máis importante deste período de Bizancio e dalgúns episodios da primeira cruzada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Castela. Filla do Emperador Maximiliano e de María, irmá de Filipe II. Cuarta muller de Filipe II de Castela e nai de Filipe III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Francia. Filla de Filipe III de Castela e Margarita de Austria, casou con Luís XIII de Francia en 1615. Rexente de Francia en nome do seu fillo Luís XIV (1643), gobernou con Mazzarino. Baixo a súa Rexencia liquidouse a Revolta da Fronda, púxose fin á Guerra dos Trinta Anos (Tratado de Westfalia, 1648) e asinouse o Tratado dos Pireneos (1659). O seu papel cesou coa morte de Mazzarino e o acceso ao poder de Luís XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que tamén se coñecía a Ana de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra. Filla de Xoán, duque de Clèves, e cuarta muller de Enrique VIII. O seu matrimonio co Rei de Inglaterra (1540) foi anulado poucos meses despois por Enrique VIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filla de Luís XI e de Carlota de Savoia e rexente (1483-1491) do seu irmán Carlos VIII de Francia. Durante a súa Rexencia impediu as negociacións con Fernando II de Aragón sobre a restitución dos condados de Rosellón e Sardeña. Sofocou a Guerre Folle e conseguíu anular o casamento de Ana de Bretaña e Maximiliano de Austria a prol de Carlos VIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Hungría e de Bohemia (1526-1547). Filla de Ladislau VII de Hungría, casou en 1526 con Fernando de Austria, irmán de Carlos V e sucesor de Luís II de Bohemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Polonia (1576-1587). Filla do Rei de Polonia Sexismundo I. Casa con Estevo Batory, duque de Transilvania (1576) e foi coroada xunto a el. Viúva, foi escoller Rei de Polonia a Sexismundo, fillo de Xoán III de Suecia e da súa irmá Catarina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Bizancio. Filla de Amadeo V, conde de Savoia e de María de Brabante. Cambia o seu nome de Xoana polo de Ana ao casar (1326) con Andrónico III, coemperador de Bizancio. Rexente do seu fillo Xoán V, oponse á influencia de Xoán Cantacuze, quen, en rebelión, se proclama Emperador en Tracia (1341), e no 1347 entra en Constantinopla. Non obstante , Ana consegue facer que abdique en 1354.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ana I de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa soberana de Bretaña (1488) e dúas veces raíña de Francia, filla e herdeira de Francisco II, derradeiro duque de Bretaña. Casou co Rei de Francia (1491) Carlos VIII, matrimonio que asocia Bretaña coa monarquía francesa. En 1499, xa viúva, volveu casar co curmán deste, o novo Rei de Francia, Luís XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra, de Irlanda e de Escocia (1702-1714), da liñaxe dos Estuardo. Segunda filla de Xaime II de Inglaterra e de Ana Hyde; en 1683 casou con Xurxo de Dinamarca. Durante a revolución de 1688, que entronizou en Inglaterra o stadhouder de Holanda, Guillerme de Orange (Guillerme III de Inglaterra), marido da súa irmá María, Ana mantívose á marxe da política, mais polo Act of Stablishment de 1701 foi declarada sucesora do seu cuñado. Durante o seu Reinado presidido polas discordias entre os whigs e os tories que conseguiron impoñerse dende 1710, realizouse a unión política de Inglaterra e Escocia polo Act of Union (1707). En política exterior, nas guerras provocadas pola sucesión española, procurou atraer os cataláns á causa austríaca a cambio de garantir o sistema político catalán (sinatura do pacto de Xénova en 1705). A pesar dos memoriais dirixidos a Felipe V polos embaixadores ingleses Dartmouth e Lexington, o Tratado de Utrecht...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsarina de Rusia (1730-1740). Filla de Iván V e muller (1710-1711) do duque de Curlandia, Federico Guillerme. Subiu ao trono ao morrer Pedro II. Deixou o poder nas mans do curlandés Ernesto J.R. de Biron e do partido xermanófilo, que fomentou a xermanización do estado. A política exterior, dirixida por Andrei I Osterman, centrouse na intervención en Suecia e Polonia (1733-1735) e na guerra contra Turquía (1736-1739) co gallo de obter unha saída ao Mediterráneo, tal e como se recolle no Tratado de Belgrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ana I de Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María Dolores Casanova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • No Cristianismo é a hipotética nai da Virxe María, esposa de Xoaquín e avoa de Xesús. O seu culto é tardío, pois non se menciona o nome da nai de María en ningún dos evanxeos: só se fala dunha profetisa Ana (Lucas 2,36) e do sacerdote Anás. Empezan a citala os evanxeos apócrifos de Santiago e o Pseudo-Mateo, e deles nace un culto na Igrexa Oriental (s VI) e na Occidental (s VIII) que non se populariza ata o Renacemento. Santa Ana ten un culto especial na Bretaña francesa, pois é a patroa desta nación céltica. Tanto afecto se lle ten nestas terras que a lenda tradicional asegura que a santa era bretoa e que fora dar a luz a María a Palestina, retornando máis tarde, por aire, morriñenta da súa patria nativa. Na Bretaña ten dous santuarios principais (Santez-Anna-d’An Alré e Santez-Anna-de la Palud) a onde acoden todos os bretóns, pois hai aquí un dito semellante ao que se aplica en Galicia a santo Andrés de Teixido: “Mort ou vivant, a Sainte-Anne une fois doit aller tout Breton” (‘A santa...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prefixo de orixe grega que se emprega na composición de palabras cos significados de: ‘de novo’ (anabaptismo, anadiplose), ‘contra’ (anacronismo), ‘conformidade, proporción’ (analoxía), ‘cara a atrás’ (anapesto), ‘sobre, cara a arriba’ (anaptixe), ‘distinción, separación’ (análise).

    2. Prefixo que se utiliza para indicar que nun derivado disubstituído do naftaleno os substituíntes están en posición 1,5.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sigla da Asociación Nacional de Arquiveiros, Bibliotecarios, Arqueólogos e Documentalistas fundada no ano 1949 baixo o nome de ANABA (Asociación Nacional de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos). Organiza congresos científicos e técnicos de carácter anual e conta cunha sección galega, ANABAD-Galicia, que organiza un seminario de actualización entre os seus membros. Localízase en Madrid. Publica bibliografía técnica e un boletín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cianofíceas da orde das nostocais que forman filamentos con heterocistes como os das cianofíceas do xénero Nostoc, pero de vida planctónica. Poden orixinar masas de cor verde na superficie da auga, que reciben o nome de flos aquae.

    VER O DETALLE DO TERMO