ana-
ana-
(< gr ἀνά‘arriba, sobre’)
-
pref
Prefixo de orixe grega que se emprega na composición de palabras cos significados de: ‘de novo’ (anabaptismo, anadiplose), ‘contra’ (anacronismo), ‘conformidade, proporción’ (analoxía), ‘cara a atrás’ (anapesto), ‘sobre, cara a arriba’ (anaptixe), ‘distinción, separación’ (análise).
-
pref
[QUÍM]
Prefixo que se utiliza para indicar que nun derivado disubstituído do naftaleno os substituíntes están en posición 1,5.