"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Nacional de las Montañas de Covadonga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción conxunta de electricidade (ou enerxía mecánica) e enerxía calorífica útil. Cando a coxeración se emprega en industrias non produtoras de enerxía, senón usuarias, fálase de autoxeración. Os chamados sistemas de enerxía total son sistemas de coxeración que producen para si mesmos todas as enerxías necesarias. Os sistemas de coxeración parten sempre dunha enerxía exterior, que provén xeralmente dun combustible, e transfórmana en diferentes enerxías necesarias.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Estudiou arquitectura no seu país e posteriormente ampliou a súa formación en París. Foi profesor na facultade de Arquitectura de Montevideo (1921-1952), onde fundou en 1936 o Instituto de Urbanismo. Entre outras obras, foi autor dun plano urbanístico e do edificio da municipalidade na capital uruguaia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de crear.
-
Cousa creada. Polo que respecta á produción humana de bens culturais, particularmente artísticos, musicais ou literarios, adoitan elaborarse a partir dunha realidade anterior que non se manifesta na cousa producida.
-
-
Produción divina ou sobrenatural do mundo, da vida e da alma. Os discursos elaborados para explicar esa acción transcendente difiren segundo recoñezan a existencia dunha realidade anterior sobre a que realizar o acto creador (filosofía grega) ou afirmen que o acto se realizou a partir da nada (na tradición xudeo-cristiá). Non obstante , coinciden en identificar ese acontecemento co comezo da existencia e do tempo.
-
Produción natural dun ser a partir de elementos preexistentes orixinariamente combinados.
-
creación nova
Expresión bíblica que indica os efectos renovadores da redención sobre a creación.
-
-
Iconografía que amosa a creación do mundo por parte de Deus. Ao longo da historia da arte foi un tema moi utilizado. Destacan as representacións de Cimabue na igrexa de San Francisco de Asís e as realizadas en San Pedro do Vaticano por Michelangelo Buonarroti na Capela Sixtina, e por Raffaello Sanzio na loggia. Entre as representacións elaboradas na Península Ibérica destacan o tapiz da creación conservado no museo da catedral de Girona, obra de finais do s XI ou comezos do s XII.
-
Proposta colectiva de traballo que pretendía superar o protagonismo do autor e do director de escena, substituídos pola totalidade dos integrantes do grupo ou da compañía teatral. Esta tendencia de colectivización das diversas funcións e roles propias da creación teatral tivo unha considerable implantación en América e Europa durante as décadas de 1960 e 1970, coas experiencias desenvolvidas por grupos como Living Theatre ou Performance Group dos EE UU, Théâtre Du Soleil en Francia, ou La Candelaria e o Teatro Experimental de Calí, de Venezuela e Colombia, respectivamente. Un dos máis importantes promotores do método foi Enrique Buenaventura que, amais da publicación de moi diversos materiais e da presentación de espectáculos e outras mostras de traballo, potenciou a relación entre a creación colectiva e a denuncia de situacións de opresión sociocultural, económica ou política; con isto mostrou a posibilidade de converter a creación colectiva nun instrumento para devolverlle a voz e a palabra...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oratorio de Haydn con texto de Van Swieten baseado nun orixinal inglés (1798).
-
-
Sistema de crenzas desenvolvidas a partir dos textos bíblicos, sobre todo da Xénese, e relativas ao Universo, á vida e á humanidade, que se basea na existencia dun creador eterno. A tradición cristiá, dende Clemente de Alexandría, Oríxenes, Tertulio e Agostiño, recoñeceu a veracidade da Xénese e defendeu como válida a crenza de que Deus creou a materia ex nihilo (‘dende a nada’); que Deus creou primeiro a Terra e despois a Lúa, o sistema solar, as galaxias e todos os demais sistemas de estrelas; que creou os animais; que o home é o obxectivo de Deus na creación; que Deus formou o home de po da terra e, despois de soprarlle no nariz o alento da vida (a alma), tornouse persoa viva; e que Deus creou primeiro o home (Adán), e despois, a partir dunha costela, a muller (Eva). De acordo con eses principios esenciais desenvolveuse o fixismo e o catastrofismo, estableceuse unha cronoloxía da creación, e elaborouse unha Escala da Natureza na que as especies eran inmutables....
-
Movemento literario de vangarda xurdido na primeira metade do s XX. Os seus iniciadores foron Vicente Huidobro e Paul Reverdy, que se disputaron a súa paternidade. O seu pulo definitivo data da estancia de Huidobro en París en 1916, onde se relacionou coas diferentes propostas de vangarda e colaborou na revista Nord-Sud (1916-1918), fundada por Reverdy e voceiro das novas tendencias, xunto cos poetas Max Jacob e Guillaume Apollinaire,. Non obstante , Huidobro afirmou posteriormente no escrito Manifestos (1925) que traballara nel desde 1912. O nome da tendencia partiu, segundo Huidobro, dunha conferencia pronunciada no Ateneo de Bos Aires en 1916: “fue allí donde se me bautizó como creacionista, por haber dicho en mi conferencia que la primera condición del poeta es crear, la segunda, crear, y la tercera, crear”. A súa premisa fundamental é a consideración da creación artística con total independencia respecto dos modelos que ofrece a realidade, de xeito que o poema non imite o mundo, senón...
-
-
-
Relativo ou pertencente ao creacionismo.
-
Que o quen segue o creacionismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao crédito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de cremar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparición de ondulacións na membrana celular como consecuencia da perda de auga pola osmose que sofre a célula ao permanecer nun medio hipertónico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dobramento na escala centimétrica (microdobramento) que presentan algunhas rochas. Pode afectar a rochas previamente indeformadas que serán finalmente laminadas (lousas e xistos) ou ben a rochas que xa presentaban unha xistosidade.
-
-
Acción e efecto de crepitar.
-
-
crepitación cutánea/crepitación nívea
Ruído semellante ao de pisar a neve e que se oe ao presionar a pel nos casos de enfisema subcutáneo.
-
crepitación ósea
Vibración producida polo rozamento dos extremos fracturados dun óso.
-
crepitación pulmonar
Ruído característico producido nas vías respiratorias en certas enfermidades.
-
crepitación cutánea/crepitación nívea
-
-
FILOSOFOS
Filósofo grego. Pertencente á escola cínica, consideraba ateos os cristiáns e perseguiunos e atacounos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cauterización por conxelación local. Mediante o uso de substancias crioxénicas, como o dióxido de carbono ou o nitróxeno líquido, pódense tratar lesións inflamatorias, cicatriciais e dexenerativas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
liofilización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno de degradación e aplanamento progresivo do relevo orixinado pola acción dos procesos característicos dos medios fríos, como a xelifración ou a solifluxión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Precipitación dunha substancia en solución, como as crioglobulinas ou algúns factores da coagulación no plasma sanguíneo, por mor da exposición a temperaturas moi baixas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modificación na disposición das capas dun solo ou dunha formación sedimentaria por mor da acción do xeo. Permite recoñecer nunha área determinada a importancia do sistema periglacial durante os períodos fríos do pasado. Prodúcese polo aumento de volume da auga ao conxelarse, que orixina unha presión que provoca a formación de pequenos dobramentos, involucións, alombamentos e fracturas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de conversión dun pidgin en crioulo. É unha creación social dunha lingua, produto da extensión de uso dun pidgin, que pasa a converterse en primeira lingua dunha nova xeración. Neste proceso, o crioulo transfórmase nunha variedade estruturalmente máis complexa ca o pidgin orixinal. A crioulización pode suceder en calquera etapa do ciclo de vida do pidgin, é dicir, pode formarse desde unha xerga, desde un pidgin estabilizado (dispón de funcións sociolingüísticas ben determinadas) ou desde un pidgin expandido (con certa complexidade gramatical).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Condensación do vapor de auga do aire atmosférico sobre a superficie do solo ou das plantas, xa sexa en forma líquida (orballo) ou sólida (xeada). Nalgunhas rexións representa un recurso hídrico importante para a vexetación.