crioturbación
crioturbación
(< crio- + turbación)
s
f
[XEOL]
Modificación na disposición das capas dun solo ou dunha formación sedimentaria por mor da acción do xeo. Permite recoñecer nunha área determinada a importancia do sistema periglacial durante os períodos fríos do pasado. Prodúcese polo aumento de volume da auga ao conxelarse, que orixina unha presión que provoca a formación de pequenos dobramentos, involucións, alombamentos e fracturas.