crioulismo

crioulismo

(< crioulo)

  1. s m [LIT]

    Corrente literaria que reivindica as peculiaridades dos crioulos. O termo agrupou diversas correntes da literatura latinoamericana, pero o seu momento máis importante foi entre 1890 e 1910. Influíu en novelistas como Rivera, Icaza, Alegría e Asturias, ou nos sencillistas da poesía arxentina.

  2. s m [LING]

    Palabra ou característica idiomática propia dun crioulo presente noutra lingua.

Palabras veciñas

crioterapia | criotrón | crioturbación | crioulismo | crioulización | crioulo -la | crioxenia