"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Retirar algo do seu molde.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso político e estratéxico internacional que tende á creación de zonas onde se prohiba a fabricación e almacenamento de armas nucleares. Os precedentes desta proposta son o Tratado do Antártico (1959) e o Tratado de Tlatelolco (1967). Os países escandinavos chegaron a diversos acordos que limitaban a produción e a permanencia no seu territorio de enxeños nucleares, nun proceso de desnuclearización da zona nórdica. Noutros lugares de Europa iniciáronse tentativas semellantes na procura dun proxecto global promovido polo movemento European Nuclear Disarmament co obxectivo de liberar o territorio europeo de armas nucleares, de bases aéreas e submariñas, de centros de investigación e de produción nucleares, e converter Europa nunha “zona franca nuclear”. A eclosión de movementos pacifistas e ecoloxistas nas últimas décadas está directamente ligada a esta preocupación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de enzimas endonucleases que hidrolisan os enlaces fosfodiéster entre os mononucleótidos do ácido desoxirribonucleico en calquera punto da cadea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de despeitear ou despeitearse.
-
-
Desfacer o peiteado ou enmarañar os cabelos.
-
Deixar de estar peiteado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
despeitear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xacobe I.
-
-
Converterse o xeo e a neve en auga cando aumentan as temperaturas.
-
Facer que se derreta o xeo de algo.
-
Retomar unha relación que estaba paralizada logo dun período de tensións.
-
-
PERSOEIRO
Pintor e militar. Discípulo de Meissonier, cultivou a temática militar e histórica. Entre as súas obras destacan Épisode du combat de Villejuif en 1870 (Episodio do combate de Villejuif en 1870) e Les funérailles de Pasteur (Os funerais de Pasteur, 1897). Entre outras decoracións destacan as da ábsida do Panthéon e as das salas do Hôtel de Ville de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro berlinesa fundada en 1883 por Adolphe L’Arronge e Ludwig Barnay. Contaba cun elenco no que destacaban intérpretes como Josef Kainz e Agnes Sorma, e tiña como obxectivo crear un repertorio de espectáculos seguindo a pauta da compañía creada polo Duke de Meiningen. En 1894, Otto Brahm, creador e director do prestixioso Freie Bühne (Teatro Libre de Berlín), asumiu a dirección da compañía e introduciu nas súas producións a estética naturalista e os principios dos teatros de arte, ao tempo que pasou a ser considerado unha especie de teatro nacional, a semellanza dos existentes noutros países europeos. Non obstante , o estilo comprometido de Brahm, defensor do realismo crítico de Henrick Ibsen ou Gerhart Hauptmann, non eran do agrado das autoridades, polo que en 1905 Max Reinhardt asumiu a dirección artística, cargo que desempeñou ata 1933, ano en que emigrou aos EE UU trala instauración do réxime nazi. Durante a súa estadía á fronte da institución, Reinhardt creou unha escola...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano de información do servizo secreto francés. Creouse en 1875 como resposta á espionaxe prusiana durante a guerra de 1870 e reuniu unha grande información sobre Alemaña. Durante a Primeira Guerra Mundial descubriu diversos casos de espionaxe alemana.
-
PERSOEIRO
Pintor e escultor francés. Participou no primeiro Salon des réalités nouvelles en 1946 e creou un taller abstracto (1950-1953). En 1951 inventou as denominadas antiesculturas, realizadas con materias de uso industrial. Entre as súas obras destaca o cadro Apotheosis of Marat (Apoteose de Marat, 1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Celebración internacional que comezou en 1961 a partir dunha iniciativa do Instituto Internacional do Teatro, organismo creado en 1948. A data escollida para a celebración foi o vinte e sete de marzo pois nese mesmo día, en 1956, tiña lugar en París o primeiro encontro do Teatro das Nacións, xuntanza na que participaron representantes das máis diversas tradicións teatrais do planeta. Todos os anos, o Instituto Internacional do Teatro encarga a unha personalidade destacada a elaboración dun manifesto que se fai público na data sinalada nun significativo número de países e linguas, mentres en Madrid a comunidade teatral coloca unha bufanda branca arredor do colo da estatua de Valle-Inclán situada no Paseo de Recoletos, un costume instaurado en 1983 por Chatono Contreras e Manuel Gómez García, tamén promotores en 1992 do Alfinete de Prata, galardón co que se premia o labor de apoio e potenciación da creación dramática e teatral. En Galicia, a celebración do Día Mundial do Teatro corre a cargo...
-
PERSOEIRO
Poetisa provenzal. Coñecida como a condesa de Dia, casou con Guillerme de Poitiers. Do seu labor trobadoresco consérvanse cinco cansós sinxelas e apaixonadas, nas que expón detalladamente os temas dos celos e da infidelidade do seu amante (Rimbaut de Orange), e pondera a súa propia beleza.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ungüento preparado fundamentalmente con raíces de altea ou malvarisco.
-
-
Evacuación repetida nun mesmo día de feces en estado líquido ou semilíquido. Non é unha enfermidade, senón un síntoma que traduce a aceleración do tránsito do contido intestinal ao longo do intestino delgado e groso, ou só deste último. Pode ser aguda ou crónica. Segundo unha clasificación das causas da diarrea, estas poden ser esóxenas (transgresións alimentarias, intoxicacións por alimentos en mal estado, algunhas infeccións intestinais e a inxestión de determinados compostos químicos ou de antibióticos); orgánicas, nas que a lesión (inflamación, dexeneración, tumor) radica na mesma parede do intestino e endóxenas, se o feito que a determina provén de enfermidades ou de trastornos doutros órganos do corpo humano. Desde un punto de vista clínico, adoita clasificarse en: diarrea fermentativa, caracterizada pola presenza nas feces de cantidades excesivas de alimentos hidrocarbonados mal dixeridos e, diarrea de putrefacción, que se presenta por...
-
Enfermidade bacteriana que lles afecta aos tenreiros de menos de tres semanas e que se caracteriza pola evacuación de feces brancas.
-
Diarrea aguda na que se producen defecacións serosas acompañadas de vómitos e colapsos. É propia do cólera e doutros estados morbosos que producen unha diarrea semellante á do cólera.
-
Ausencia de coordinación e sensatez nos xuízos e ideas expresados.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás diatomeas.
-
Alga da clase das diatomeas.
-
Algas crisófitas unicelulares, cun tamaño entre 0,01 e 0,3 mm, que presentan a parede celular formada por sílice impregnada de pectina, denominada frústula, formada por dúas metades, chamadas tecas, que encaixan entre si. As tecas presentan numerosos poros que permiten a comunicación da célula co exterior e unha profusa ornamentación. Non posúen flaxelos e algunhas especies forman, ao unirse mediante mucílagos, cadeas ou agregados coloniais. Coñécense fósiles mariños dende o Cretáceo, e de augas continentais dende o Oligoceno. As células só presentan un núcleo e os cloroplastos teñen unha gran diversidade de formas (discoidais, estreladas, aplanadas ou con forma de H). Os pigmentos fotosintéticos son clorofilas a e c, β-carotenos, fucoxantinas, ademais de pequenas cantidades de diatoxantina e diadinoxantina e pirenoides. A proporción destes pigmentos danlles aos cloroplastos unha cor que vai dende o amarelo ata o castaño escuro. As diatomeas...
-
-
PERSOEIRO
Filósofo, xeógrafo e historiador grego. Formouse en Atenas, no Liceo de Aristóteles, onde se relacionou con Teofrasto e estudiou temas vinculados coa moralidade. Membro da escola peripatética, dentro da súa concepción filosófica a alma é o resultado da harmoniosa organización do corpo, así como a política o é da síntese harmónica de democracia, aristocracia e monarquía. Destacou como xeógrafo e cartógrafo; elaborou o primeiro método xeométrico para determinar a medida da circunferencia da Terra, que estableceu en 54.000 km. Posteriormente, cando deseñou un planisferio no que representaba o mundo coñecido polos gregos da época, rectificou os seus cálculos e determinou a circunferencia en 39.600 km. Unha das achegas máis transcendentais da súa cartografía foi a xeoreferenciación segundo un eixe de coordenadas; no seu planisferio trazou dúas liñas, unha horizontal que levou dende o estreito de Xibraltar ata o Cáucaso polo Peloponeso e Anatolia, e unha vertical perpendicular a aquela que pasaba...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de formación dun composto aromático por adición dun alqueno ou un alquino (dienófilo) nas posicións 1,4 dun dieno conxugado. Esta reacción coñécese grazas a O. Diels e K. Alder, e permite obter moitos compostos, incluso produtos naturais, posto que é moi estereoespecífica.
-
PERSOEIRO
Matemático. Foi un membro fundador do grupo francés Nicolas Bourbaki. Traballou en moitas áreas das matemáticas actuais: topoloxía xeral, espacios vectoriais topolóxicos, grupos clásicos, historia ou didáctica das matemáticas. É unha das figuras públicas máis destacadas das matemáticas contemporáneas.
VER O DETALLE DO TERMO