"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Rexistro gráfico das ondas sísmicas que se obtén por medio do sismógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialista en sismoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da xeofísica que estuda os sismos e toda clase de movementos vibratorios da Terra, tanto os de orixe natural coma os provocados artificialmente. Encárgase tanto do estudo da xeración de perturbacións sísmicas en medios elásticos como das condicións de propagación das ondas que se producen por estas perturbacións a través de medios de diferente natureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nastia que está provocada polo golpe ou sacudida que se lle dá a unha planta ou a un órgano vexetal, como por exemplo a que se produce na sensitiva (Mimosa pudica) ao tocala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e economista suízo. Defensor da intervención estatal nos asuntos económicos, foi precursor da política social en prol dos traballadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica terapéutica convulsiva que se emprega en psiquiatría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cariño baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de snob.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que deriva dunha actitude non reflexa que reduce a orde sobrenatural a unha ideoloxía, pretende deducir todo positivamente da graza e da revelación e, en último termo, poñer todo sobre a dirección da Igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de doutrinas que, en oposición ao individualismo, propugnan unha reforma radical da organización da sociedade para a supresión das clases sociais mediante a colectivización dos medios de produción, de cambio e de distribución. No s XIX, o socialismo utópico desenvolveuse en Francia e Reino Unido. Coa difusión das teorías de K. Marx e F. Engels apareceu o socialismo científico. Marx e Engels subliñaron a importancia capital do antagonismo entre burguesía e proletariado dentro da nova sociedade industrial contemporánea, e afirmaron que só o proletariado podía pór fin á anarquía da produción ao apoderarse do estado moderno, instrumento en mans da burguesía, e ao abolir o modo de produción capitalista e as relacións de propiedades burguesas. O socialismo marxista obtivo unha primeira plataforma organizadora en 1864 coa fundación da Asociación Internacional de Traballadores (AIT) ou Primeira Internacional. Ao comezo do s XX e, a medida que parecía afastarse da perspectiva dun inminente...

    2. Fase transitoria do socialismo desenvolvida por K. Marx e F. Engels, unha vez superado o socialismo utópico que pretendía, partindo da análise dos mecanismos económicos que rexían as sociedades e dunha visión científica da historia, transformar a realidade e acelerar o triunfo inelutable do socialismo.

    3. Fase inicial da evolución do pensamento e da acción socialistas, caracterizada pola crítica das estruturas e relacións sociais vixentes, e a descrición teórica dun futuro sistema social perfecto, harmónico e baseado na igualdade de todos os homes. Desenvolveuse ao longo do s XIX como reacción contra as consecuencias máis brutais para a clase obreira do individualismo político e do liberalismo económico. En Francia Saint-Simon, foi o apoloxista da nova sociedade industrial e o teórico da planificación económico-social; E. Cabet propugnou un comunismo pacifista, e L. Blanc, P. J. Proudhon, P. J. Buchez e L. A. Blanqui fixeron a crítica do industrialismo desde posicións reformistas ou revolucionarias. En Reino Unido o seu representante foi R. Owen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de sociedades obreiras. Esta tendencia ao asociacionismo tivo relevancia en Galicia no societarismo mariñeiro, a finais do s XIX e comezos do s XX nos portos de Vigo, Coruña e Marín, debido a que se endureceron as condicións de traballo dos mariñeiros e se impuxeron novas relacións laborais. Produciuse a primeira folga espontánea nos vapores palangreiros do Berbés en 1897. Dous anos despois naceron as asociacións obreiras primixenias na pesca, vinculadas ao socialismo vigués: a Sociedad de Marineros-Pescadores do Berbés e a Sociedad de Obreros Pescadores de Bouzas, que atoparon resposta patronal na constitución da Sociedad de Armadores La Marítima, de Bouzas. O modelo repetiuse no albor do s XX na Coruña e Marín, o que provocou unha intensa loita de clases no mar ata a Guerra Civil ao redor do descanso semanal, aumento das tripulacións nos vapores, suba dos xornais ou das partillas, retribución das tarefas de terra e control das contratacións. Desde finais do s XIX aumentou o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento ideolóxico-relixioso elaborado por Fausto Socino. Baseado nas tradicións do humanismo e da filosofía italiana do Renacemento, nel conflúen o antitrinitarismo de Miguel Servet, o anabaptismo e unha interpretación racionalista do cristianismo. Nega os sacramentos e considera que a salvación non vén do sacrificio de Xesús Cristo aceptado polo Pai, senón da imitación de Xesús polo esforzo ético, feito que garante a resurrección dos homes que imiten a súa vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que interpreta a realidade, particularmente a humanopsicolóxica e histórica, desde un punto de vista sociolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de medios e técnicas de salvamento de índole práctica e terapéutica que se utilizan para prestar auxilio a persoas que se atopan en perigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de pensamento de Sócrates.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Argumento que se emprega para facer pasar como verdade o que é falso. A miúdo parte de premisas válidas para desembocar nunha conclusión inadmisible pero que parece razoable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transgresión ou mal uso das regras sintácticas dunha lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado na Coruña a partir de decembro de 1907. Cesou en abril de 1908 (nº10). Subtitulado “Órgano quincenal de la Junta Coruñesa de la Solidaridad Gallega”, ao seu cesamento foi substituído polo semanario Solidaridad Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina segundo a que o único que existe ou que pode ser coñecido é a propia conciencia e os seus contidos. Representa unha radicalización do subxectivismo.

    VER O DETALLE DO TERMO