"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Goiás, na rexión central de Brasil (1.083.396 h [2000]). Está situada no altiplano central. Fundada en 1933 en substitución da antiga capital Goiás, experimentou un rápido crecemento demográfico. É un centro agrícola, gandeiro e mineiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carballo baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Porto do Son baixo a advocación de san Sadurniño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, catro faixas ondadas de azul. Algúns levan, en campo de prata, unha serea sostida en ondas de azul e prata, en punta. Outra variante ostenta, en campo de ouro, dúas aciñeiras de sinople, colocadas en faixa e un lobo andante de prata, linguado de goles, entre os seus troncos. Adoita aparecer castelanizado coa forma Goyanes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Lampón (Boiro). Ten planta en forma de L e conserva nun dos seus extremos unha torre que remata nunha balaustrada.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Lalín. De orixe románica, da primitiva fábrica (XII) só conserva a fachada principal, a nave e as capelas laterais son posteriores. No interior destaca o arco triunfal, de medio punto e apoiado sobre columnas pegadas con capiteis decorados con motivos vexetais e bases toscanas; a capela dos Deza (s XVI), de planta poligonal no interior e semicircular no exterior, acolle baixo arcosolios os sepulcros dos Salgado, dos que destaca a estatua orante de Amaro Gundín Salgado; e outra capela funeraria relacionada cos Casares. Na fachada destaca a porta formada por dous pares de columnas acobadeladas e tres arquivoltas tóricas. O tímpano é liso e presenta un oco no centro. Conserva a espadana e no muro S unha porta semicircular de dobre arquivolta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor mexicano. Recibiu bolsas que lle permitiron viaxar a España e Italia e, ao regresar a México, participou na revolución en Zacatecas. Identificado coa vida dos indios, en 1928 estableceuse en Xochimilco. Foi o primeiro épico da revolución. Das súas obras destacan Baile de la Revolución (1916) e El ahorcado (1917).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Altiplano do extremo SO de Siria, situado ao L de Xordania e do mar de Galilea. Estiveron sometidos ao dominio turco durante catro séculos, pero trala súa fragmentación despois da Primeira Guerra Mundial integráronse no territorio de Siria, administrados por Francia (1923). En 1940, trala caída do mandato francés, quedaron baixo o dominio dos sirios. Conquistados polo exército sirio durante a guerra de 1948, despois do armisticio desmilitarizáronse, pero continuouse discutindo a súa soberanía. Ocupados por Israel durante a Guerra dos Seis Días (1967), permaneceron no seu poder ata que despois da Guerra do Yom Kippur (1973) a ONU enviou forzas que se interpuxeron entre ambos estados. Polo acordo de pacificación de maio de 1974 Siria recuperou unha parte dos Altos do Golán. En 1982 a parte dominada por Israel foi anexionada e colonizada unilateralmente, sen respectar as resolucións da ONU.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Golán (Melide). Ten planta rectangular e unha torre cadrada cuberta a catro augas. Conserva unha capela de planta rectangular situada en paralelo á fachada principal. Pertenceu aos Varela.
-
PERSOEIRO
Anarquista lituana. Tras emigrar a EE UU (1885), converteuse na líder do movemento anarquista estadounidense xunto a A. Berkman. Fundadora e directora da revista mensual Mother Earth (1906-1917), defendeu o control de natalidade e o sufraxio feminino, o que lle valeu a súa expulsión de EE UU en 1915. Entre 1919 e 1922 residiu na URSS, onde criticou duramente a política bolxevique. Asentada en Reino Unido desde 1926, organizou entre 1936-1939 unha campaña propagandística internacional favorable ao anarcosindicalismo español. Das súas obras destacan Anarchism and other essays (1910) e My Dissillusionment in Russia (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e sociólogo. Á vangarda dos filósofos e sociólogos da razón dialéctica, estudiou os grandes autores modernos da filosofía e da literatura. É autor de Sciences humaines et philosophie (1952), Recherches dialectiques (1958) e Strutures mentales et création culturelle (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Leiro. Foi priorado do mosteiro de Toxos Outos en tempos de Afonso VII. Foi unha posesión codiciada e pertenceu a Pedro Ruiz Sarmiento, adiantado maior de Galicia, ao mosteiro de Sobrado, ao cabido ourensán e finalmente ao mosteiro de Sobrado. A construción románica (s XII) empregouse como adega da casa prioral trala construción dunha nova igrexa en 1505. Ten planta de nave única e ábsida rectangular. Na fachada destaca a porta formada por arquivoltas semicirculares apoiadas en dous pares de columnas, dúas lisas e dúas estriadas, con capiteis vexetais e zoomorfos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Corgo. É unha construción románica (s XII) e ten nave rectangular e ábsida semicircular cun tramo recto e outro curvo. A nave ten cuberta de madeira e a ábsida está cuberta cunha bovéda de canón e de cuarteiróns. O arco triunfal é semicircular e de aresta dobre. No exterior destaca a porta N, formada por un arco de medio punto, oculto por un tímpano liso en forma de lintel, que descansa directamente sobre as xambas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cronista oficial da corte portuguesa. Exerceu o seu labor durante o reinado de Afonso V e escribiu a terceira parte da Crónica de D. João I (1450), tamén titulada Crónica da tomada de Ceuta, obra iniciada por Fernão Lopes. Ademais compuxo diversas crónicas de persoeiros nobres.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político portugués. Licenciado en Matemáticas pola Universidade do Porto, ingresou no exército en 1931 e foi destinado en 1945 á base da OTAN en Norfolk. Desempeñou a xefatura do estado maior da provincia de Macau (1949-1951) e en 1961, trala súa participación na tentativa militar de abril, foi apartado da subsecretaría do Estado do exército, á que chegara en 1958. Foi nomeado segundo comandante da rexión militar de Moçambique (1965-1969) e posteriormente comandante da rexión militar de Angola, desde onde impulsou unha política de entendemento coa União para a Independência Total de Angola (UNITA). De volta en Portugal, foi nomeado xefe do estado maior das forzas armadas (1972), posto do que foi apartado tras negarse a xurar o goberno de Marcelo Caetano. Trala Revolução dos Cravos, foi un dos sete militares que constituíron a Junta de Salvação Nacional, que derrocou a ditadura. Finalmente, trala dimisión do xeneral Spínola asumiu a presidencia da República (1974-1976). Escribiu,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor portugués. Formado en dereito na Universidade de Coimbra, estableceuse en Lisboa, onde ingresou no Partido Republicano. Trala instauración da República, foi nomeado ministro de Portugal en Londres (1911-1918 e 1916-1923). En 1923 foi designado presidente da República, cargo do que dimitiu en 1925. Tras abandonar a política dedicouse á produción literaria na que destacan Agosto Azul (1904), Cartas a Columbano (1932), Novelas Exóticas (1936) e Carnaval Literário (1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Filosofía e Teoloxía, exerceu a docencia e colaborou en medios radiofónicos. Publicou, entre outras obras, A derradeira dimensión de Otero Pedrayo (1980), Apuntes menores de Risco (1981), Carnaval o entroido (1983), El cardenal Quevedo en Tourem (1997), Santa eufemia de Galicia (1988) e Los Cotos (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Atleta. Especializado nas carreiras de fondo, participou nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988, Barcelona 1992 e Atlanta 1996. Proclamouse campión de Europa de campo a través coa selección española en 2001 e subcampión en 1995. En 1997 debutou en maratón, proba na que ostentou provisionalmente a mellor marca de Europa. En 2002 formou parte do equipo español vencedor na Copa de Europa de Maratón.
VER O DETALLE DO TERMO