"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Guitarrista. Diplomado en psicoloxía da arte pola École Pratique des Hautes Études de París cunha tese sobre Valle Inclán. Estudiou guitarra en Bos Aires con Pablo Escobar, entre outros docentes, e actuou en varios teatros e emisións radiofónicas da cidade. Comezou a súa carreira pedagóxica ao se instalar en París en 1962, onde exerceu en varios conservatorios, centros socioculturais e participou en programas de cultura do goberno francés. Especialista na historia da guitarra, deu numerosas conferencias e ofreceu numerosos recitais en España, Portugal, Francia, Inglaterra, Países Baixos e Alemaña. Estableceuse en Vigo en 1975, onde exerceu como profesor de guitarra no Conservatorio e fundou e dirixiu a Agrupación Guitarrística Galega e a revista G. V. L. Guitarra-Vihuela-Laúde. Actuou como solista coa Orquestra de Cámara de Vigo e foi o primeiro guitarrista galego en ofrecer un concerto con orquestra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guerrilleiro e xornalista. Emigrou a Cuba e permaneceu na illa ata 1898, ano en que regresou a Galicia. En 1899 marchou a Montevideo e Bos Aires. Durante anos percorreu as selvas e os desertos de Paraguay e Bolivia. En La Habana fundou os periódicos El Duende, La Nación, El Noticiero Ilustrado e El Brujo, e en Bos Aires, Correo de Galicia. Foi redactor de La Patria, El Combate, El Asimilista, La Lucha, El Orden e La Voz de Cuba, e colaborou con La Voz de Galicia. Publicou El Álbum de un guerrillero. Páginas de la guerra de Cuba de 1895 a 1898 (1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantautor. Coñecido como Jei Noguerol, destacou dentro do estilo de “canción protesta” durante as décadas de 1960 e 1970. Da súa ampla obra discográfica destacan Denantes dos vinte anos (1976), Cantigas de Fradería (1978), Polo Atlántico Norte (1986), Marea baixa de azuis (1989) e Lúa nova (1997). Tamén compuxo e interpretou a música da película Malapata (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arabista. É autor, entre outras obras, de Historia de la España musulmana (1925), Historia de la literatura hispanoarábiga (1928) e cinco volumes de Estudios histórico-literarios (1942-1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sociólogo. Licenciado en Ciencias Políticas, Ciencias da Información e Ciencias Sociais, doutorouse en Dereito, Psicoloxía e Historia. Profesor universitario, participou na fundación de Reforma Democrática e de AP, partido do que foi coordinador rexional en Galicia e candidato a deputado por Madrid. Publicou, entre outras, as obras La empresa y la política social (1967) e Conflito y estrategia política (1975) e foi colaborador na prensa e en publicacións especializadas. Membro correspondente da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación, posúe o Premio Eduardo Dato e foi distinguido coa Encomienda de Alfonso X el Sabio e a Cruz Distinguida de Raimundo de Peñafort.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Participou na revista Atlántida con U. Lugrís, X. M. Labra, F. Mon e A. Abelenda, entre outros. Comezou a expoñer en 1954 na Coruña. As súas primeiras obras amosaron o coñecemento das linguaxes vangardistas pero, desde 1960, realizou unha obra máis persoal baseada na simplicidade temática, nas composicións equilibradas, a pintura grosa e empastada e unha sobria gama cromática. Foi un dos renovadores da visión da paisaxe galega ao representar a Galicia invernal. Realizou tamén bodegóns, caracterizados pola representación dun motivo sinxelo cunha simplicidade compositiva baseada na composición horizontal; retratos, nos que a figura se recorta sobre o fondo neutro; e debuxos, nos que experimentou con diversas técnicas, agás o carbón. Das súas obras destacan as series dedicadas aos montes (1960-1973?), entre outros, Montes do Eume, Serra da Faladoira, Seixo Branco e Montes da Pastoriza, e ás árbores (1973?-1977), entre outras, A Caldeira...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Futbolista. Coñecido como Fran, debutou co primeiro equipo do Real Club Deportivo de La Coruña en 1987. Na tempada 1990-1991 conseguiu o ascenso a Primeira División. Proclamouse campión da Copa do Rei (1995, 2002) e campión de Liga (tempada 1999-2000). Coa selección española disputou 16 partidos (1993-2000) e participou na Copa de Europa de Nacións (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Juan Gris, estudiou na Escuela de Artes y Oficios de Madrid e na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando. Colaborou nas revistas Blanco y Negro e Madrid cómico. En 1906 trasladouse a París, onde se adscribiu ao cubismo e colaborou en L’Assiette au Beurre e Le Charivari. Os seus primeiros debuxos foron naturalistas e desde 1911 pintou bodegóns case monocromos. En 1912 comezou a realizar colaxes e en 1914 papiers collés e os primeiros lenzos que o achegaron ao cubismo sintético (Naturaleza muerta con frasco y vidrio). Entre 1916 e 1919 desenvolveuse a súa etapa clásica (Violín y vaso). Durante a década de 1920 realizou cadros de arlequíns e pierrots, e escenografías e figurinos para os ballets de S. P. Diaghilev. En 1924 comezou o período polifónico (La mesa del músico). A súa obra asumiu, nunha primeira etapa, unha grande austeridade cromática co predominio do gris e,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Da súa produción destacan Discurso de Politeama (1888), Páginas libres (1894), Minúsculas (1901), Horas de lucha (1908) e a póstuma Baladas peruanas (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Etnógrafo. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1974) e catedrático de bacharelato (1980), foi xefe da sección de Etnografía e Folklore do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. O seu labor investigador centrouse na prehistoria e etnografía galegas. Das súas obras destacan Lendas galegas de tradición oral (1983), Entroido en Galicia (1987), en colaboración con X. R. Mariño Ferro, Antropología y Etnografía de las proximidades de la Sierra de Ancares (1990), en colaboración con X. Rodríguez Campos e C. Gonzalez Pérez, Sociedade e tecnoloxía tradicional do val de Ancares (1996), en colaboración con C. Gonzalez Pérez, e La invención del estado nación (2001). É membro correspondente da Real Academia Galega, da sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega e da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor. Participou no Congreso Nacional Pedagógico de Madrid (1882) e no Congreso Regional de Pontevedra (1887). Foi director da Escola Normal de Pontevedra e do periódico La Reforma (1870-1871). Publicou Nociones de agricultura y sus aplicaciones más notables deducidas de las Ciencias físico-naturales y al alcance de todos (1860).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e debuxante. Destacou principalmente como paisaxista, xénero no que amosou un gusto pola cor que o situou dentro dos modos fauvistas. Deformaba a cor, xunto co debuxo, ata uns extremos case expresionistas para obter unhas imaxes irreais. Como debuxante realizou obras de pequeno formato, cun gusto caracterizado polo decorativismo e o detalle preciosista. Recibiu a Mención Honorífica e Premio na Exposición Nacional de Bellas Artes (1933), a Medalla do Ouro na Primeira Exposición Provincial de Belas Artes (1943) e o Premio Especial da IV Exposición Provincial de Artes (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e director de coros. Estudiou solfexo co mestre de capela da catedral e realizou os estudios de maxisterio. Emigrou a Bos Aires e alí dirixiu o Orfeón Gallego. De regreso a Galicia, dirixiu o Orfeón Unión Orensana e foi o primeiro director da Coral De Ruada. Membro da Real Academia Galega, recibiu a Cruz de Alfonso X el Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. Licenciado en Económicas pola Universidad Complutense, foi profesor mercantil, corredor de comercio e axente de cambio e bolsa. En 1987 fundou FG Inversiones Bursátiles, sociedade que presidiu. Nomeado presidente da Corporación Bancaria de España (Argentaria), trala fusión co BBV (1999) converteuse en copresidente da nova entidade BBVA, xunto con Emilio Ybarra e, en 2001, pasou a ser o presidente único.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Participou en espectáculos como O Mariscal (1994), co Centro Dramático Galego; A rúa das balconadas (1991) e A culpa foi de Mozart (1995), cos Monicreques de Kukas; e Os titirinautas (1989) ou Caleidoscopio (1991) con Falcatrúa. Tamén colaborou con Danthea ou Teatro Galileo e en 1997 creou a compañía Títeres Trompicallo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Publicou para teatro Huesped, reo y verdugo (Premio da Comedia Moderna 1908), Un ideal que sucumbe, Heroicidad, El Dos de Mayo e Entre amigos; e as novelas Fantasía, El Marqués de Vilmar, Trinidad Augusta e Memorias de un ministro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Investigador. Funcionario do concello de Tui, formou parte do equipo arqueolóxico do Baixo Miño, participou nas escavacións da vila romana e a necrópole de Currás, e foi un dos creadores do Museo e Arquivo Histórico Diocesano de Tui. Colaborador do Faro de Vigo e da Hoja del Lunes, das súas obras destacan Obispos de Tuy del siglo XVIII. Apuntes heráldicos (1975), Villa romana y necrópolis germánica de Currás (1980) e Los obispos de Tui y sus armas. Heráldica eclesiástica (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Doutor en Filoloxía Hispánica (1992), é profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela e membro do Instituto da Lingua Galega. Como investigador, a súa actividade está centrada no estudo do proceso de estandarización do galego moderno, con especial atención ao s XIX, e da historia da lexicografía galega. En 2002 colaborou na preparación do Dicionario de dicionarios do galego medieval en CD-ROM e dunha edición completa, en soporte electrónico, do Dicionario Galego-Castelán, de Eladio Rodríguez. É coautor do Dicionario normativo galego-castelán (1988) e do Léxico da administración castelán-galego (1991), e editor de Entre a vendima e a castañeira, de Otero Pedrayo e, en colaboración con Dolores Vilavedra, de Retrincos e Un ollo de vidro, de A. Rodríguez Castelao.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico e político. Concelleiro e alcalde de Ourense, obtivo representación no Parlamento de Galicia como deputado por Ourense na II lexislatura (1985-1989) por Coalición Popular, e na IV (1993-1997) e V (1997-2001) lexislaturas, polo Partido Popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista. En 1967 fichou como gardameta polo Real Madrid Club de Fútbol, equipo en que permaneceu ata 1986 e co que se proclamou campión da Copa da UEFA en dúas ocasións (1984-1985, 1985-1986) e gañou 7 títulos de liga e 4 Copas de España. Coa selección española participou en 18 partidos (1975-1978) e gañou o Trofeo Ricardo Zamora na tempada 1975-1976.
VER O DETALLE DO TERMO