González Mallo, Antonio Uxío

González Mallo, Antonio Uxío

Guitarrista. Diplomado en psicoloxía da arte pola École Pratique des Hautes Études de París cunha tese sobre Valle Inclán. Estudiou guitarra en Bos Aires con Pablo Escobar, entre outros docentes, e actuou en varios teatros e emisións radiofónicas da cidade. Comezou a súa carreira pedagóxica ao se instalar en París en 1962, onde exerceu en varios conservatorios, centros socioculturais e participou en programas de cultura do goberno francés. Especialista na historia da guitarra, deu numerosas conferencias e ofreceu numerosos recitais en España, Portugal, Francia, Inglaterra, Países Baixos e Alemaña. Estableceuse en Vigo en 1975, onde exerceu como profesor de guitarra no Conservatorio e fundou e dirixiu a Agrupación Guitarrística Galega e a revista G. V. L. Guitarra-Vihuela-Laúde. Actuou como solista coa Orquestra de Cámara de Vigo e foi o primeiro guitarrista galego en ofrecer un concerto con orquestra.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo