"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
ILLAS
Illa situada no Mar Báltico, diante do golfo de Rīga, que pertencente a Estonia (2.714 km2).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de santa María Madanela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Impulsor da cultura checa e teorizador da súa literatura, inscribiuse dentro da corrente romántica. Contribuíu á difusión da filosofía de Hegel no seu país. Das súas obras destacan Poesías (1841), o libro de relatos O sepultureiro (1837), a novela Fillos da luz (1863) e o ensaio O comunismo espiritual (1861).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Membro do Partido Galeguista, durante a Guerra Civil foi encarcerado, xunto ao seu irmán Camilo, e desenvolveron un intenso labor pedagóxico entre os presos. En 1940 dedicouse de novo ao ensino privado en Monforte de Lemos ata que rematou os estudos de dereito. Mantivo unha intensa actividade galeguista de oposición ao réxime franquista. En 1963 participou na fundación do Partido Socialista Galego e na sociedade cultural Escola Aberta (1978). Recibiu o Pedrón de Ouro (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
donicela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baile rápido de orixe italiana, de movementos animados, normalmente en compás de 6/8 e, ás veces, 3/4. Aínda que data do s XIV, tivo o seu esplendor no XVI. A miúdo formaba un binomio cunha danza lenta ou moderada de ritmo binario, como a pavana.
-
PERSOEIRO
Revolucionario. Participou na Revolución de Setembro de 1868 e na revolta federal e fuxiu a Francia. En 1871 volveu a Cádiz, onde foi alcalde e dirixiu a Insurrección Cantonalista (1873). Encarceado, fuxiu do penal de Vélez de La Gomera en 1873 e non volveu a España ata 1886.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado na confluencia dos ríos Jarama e Henares (36.244 h [2001]). Destaca como centro industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Médico italiano. Profesor de hixiene en Roma, especializouse en bacterioloxía e descubriu o bacilo que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e editor. Estudou arquitectura técnica e socioloxía e ciencias políticas en Madrid. Director de Edicións A Nosa Terra e presidente do diario do mesmo nome e da Fundación A Nosa Terra, é presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) desde 2005. Fundou e presidiu a agrupación cultural Lóstrego en Madrid e a agrupación cultural Avantar do Carballiño para a defensa do patrimonio cultural galego. Da súa obra poética, chea de elementos simbolistas e evocativos, destaca, Silencios e conversas de inverno (1978), Antonte das salamántigas (1980), O cántico da fonte (1982), Ortigas da memoria (1985), Mar do Fin da terra (1987), A Árvore das Sete Palabras (1990), Do olvido o río (1993), A escrita do silencio (1997), Evadne: a escrita da luz (1998), O rumor do distante: a escrita da terra (2001) e Variacións nube (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Angarellos.
-
CIDADES
Cidade do estado de Pará, Brasil, situada na confluencia do Tapajós co Amazonas (288.628 h [2000]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do distrito homónimo, en Ribatejo, Portugal, situada á esquerda do Tejo (27.683 h [2001]). É un centro comercial e predomina a industria téxtil. Cambiou a miúdo de dominadores ata que Afonso I lla conquistou aos árabes en 1147. Destacan as igrexas góticas de São João de Alporão, convertida en museo arqueolóxico, e de Graça.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Portugal (6.723 km2; 454.506 h [2001]). A súa capital é Santarém.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Lobás (Calvos de Randín). O seu cumio acada os 946 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Santarém ou as seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Santarém.
-
-
GALICIA
Autor teatral e xornalista. Coñecido co pseudónimo de Nito, traballou como xornalista na La Voz de Galicia e escribiu numerosos apropósitos de Entroido, comedias e zarzuelas. Entre as súas obras destacan Ai, que demo de Juanito (1940), Alfonsiño pan y fiestas (1951), Operación ferrete (1964) e La represa y el río.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Asados, Rianxo 28.9.1936) Mestre e poeta. Pertencente á Xeración dos 50, colaborou en La Noche con diferentes composicións poéticas que, posteriormente, incluíu nalgún dos seus libros. Participou en diversas iniciativas culturais, como o Ateneo do Ullán, o Pedrón de Ouro, o Patronato Rosalía de Castro ou o Cadro Artístico Airiños de Asados, onde desenvolveu o seu labor como actor en diversas obras, como A venganza (1959) e Mal ollo (1985). Ademais, formou parte do parladoiro do Café español e colaborou en diversos programas televisivos. Das súas obras destacan Balada do vento na ría (1987), en que recolle parte da súa produción poética; a obra teatral A fraga (des)animada (1993), de carácter ecoloxista; Biografía de Arcos Moldes: Rianxo, apuntes dunha vila mariñeira (1994), Os amigos de Martiño (1999), en forma de obra teatral dirixida aos máis pequenos; e Un ronsel de estrelas: teatro e correspondencia inédita: homenaxe...