"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • DINASTIAS

    Dinastía real francesa, da rama dos Capetos, que reinou en Francia de 1498 a 1515, con Luís XII, e constituíu a primeira dinastía dos Orléans. Denominouse tamén de Orléans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta belga. Considerado como un dos máximos representantes do movemento simbolista no seu país, publicou Entrevisions (1897) e La chanson d’Eve (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Ingresou na carreira fiscal en 1985. Fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desde 2004, foi fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra (1985-2004) e fiscal Provincial de Protección de Menores de Pontevedra (1987-2004). Foi presidente da Comisión de Xustiza Gratuíta de Vigo (1997-2004). Colaborou en diversas publicacións especializadas e en Contos da Xustiza (2002). Membro da Fundación Premios da Crítica, Amigos do Couto Mixto, da Fundación Álvaro das Casas e vogal da Fundación Menela, recibiu o Premio Lois Peña Novo (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñador e debuxante. Coñecido pola súa intensa actividade artística, practicou a fotografía, a escultura e o cartelismo. Foi un dos grandes animadores do cineclub en Galicia desde a directiva do Club Cultural Valle-Inclán, un dos máis activos participantes das Xornadas do Cine Galego de Ourense e do intento de produción que foi Nós Cinematográfica Galega. Comprometido co nacionalismo galego, concibiu o cine como un soporte para a actividade política combativa e rexistrou cunha cámara súper 8 moitos dos conflitos que sacudiron a sociedade galega nos anos da Transición, como As Encobas (1977), A loita contra a cuota agraria na Terra Chá (1977) e O 25 de xullo (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e acuarelista. Especializouse na paisaxe e en 1804 cofundou con outros pintores unha sociedade de acuarelistas. Nesta técnica tamén sobresaíron os seus irmáns Cornellius (1781-1873) e William (1785?-1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Encadernador e sindicalista. Revolucionario, foi un dos dirixentes da Primeira Internacional. Membro do Comité Central da Comuna de París (1871), morreu fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Län de Suecia (21.678 km2; 244.195 h [2004]). A súa capital é Härnösand (25.273 h [2004]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Profesor de historia contemporánea na Universidade da Coruña, especializouse en temas de historia social de Galicia. Das súas obras destacan A sociedade galega da Restauración na obra de Pardo Bazán (1875-1900) (1987), Agitacións campesinas na Galiza do século XIX (1995), Galiza na II República (2000) e O agrarismo galego (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. En Ourense fixo amizade cos irmáns Lourenzo, sobre todo con Xocas e comezou a súa afección ao cine. Marchou a Madrid e a través da Residencia de Estudiantes interesouse pola acción política e o cine. En 1933 fundou o cineclub da Federación Universitaria Escolar (FUE) e investigou na obra de Flaherty, Eisenstein, Dovjenko, Pudovkin e Vertov. Filmou en 16 mm a súa tese doutoral sobre o comportamento das abellas e en 1934 dirixiu varias curtametraxes documentais, como La ciudad y el campo (1934), Felipe II y El Escorial (1935), Almadrabas (1935) e Galicia, tamén denominado Finisterre (1936). Velo deixou España en febreiro de 1938 para filmar no N de África a longametraxe documental Romancero Marroquí. En 1939 fuxiu a Francia e desde alí exiliouse en México. Neste país asumiu a secretaría xeral do Comité Técnico de Ayuda a los Republicanos Españoles. En 1942 colaborou na fundación da revista Saudade xunto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés. A súa obra poética é unha das máximas manifestacións do lirismo contemporáneo. O seu primeiro libro, Poèmes saturniens (1866), baixo a influencia de Baudelaire, manifesta unha crise moral que se acentuou co tempo, ata que pareceu encontrar o equilibrio ao casar (1870). Fêtes galantes (1869) e La bonne chanson (1870) son obras deste período de felicidade, que non sobreviviu á guerra e á Comuna. Despois de ser mobilizado volveu á bebida e perdeu o traballo, e coa chegada a París de A. Rimbaud (1871) consumou a disolución do seu matrimonio. Despois dunhas relación tempestuosas, disparou contra Rimbaud, e xa no cárcere escribiu o volume Romances sans paroles (1874), onde revelou unha poética nova baseada na música do verso. Publicou Sagesse (1881) e Jadis et naguère (1885), que conteñen algúns dos seus máis destacados poemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Autor de diversos manuais e estudos de lingua e literatura, da súa obra destacan a novela costumista Don Porrazo o mi cubierto de plata (1909), en que intercala o galego co castelán; a novela histórica Elena de Síbaris (1913), o libro de relatos Contos gallegos de antano e de hogano (1920), en que inclúe moitos relatos de tradición oral; o drama El abuelo de Rosendo (1922) e o drama histórico La reina Lupa (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Charles Messager.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico. Catedrático de Historia da Música da Universidade de Santiago de Compostela, director do grupo In Itinere e asesor musical da Fundación Barrié de la Maza, fundou o Grupo Universitario de Cámara de Compostela. Director da revista musical Salinas, publicou Os vilancicos galegos de Melchor López (1980), con Joam Trillo; La música medieval en Galicia (1982), Polifonía sacra galega (1982), con Joam Trillo; El Pórtico de la Gloria (1988) e Los villancicos gallegos de la catedral de Mondoñedo (1989). Recibiu o Premio da Crítica Galicia (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Graduouse en París en 1928. Tentou renovar o estilo colonial, pero axiña se adheriu ás teorías de Le Corbusier. En 1944 proxectou a Ciudad Universitaria de Caracas, onde sobresaen o Estadio Olímpico (1950) e o Instituto de Farmacia (1963). Realizou tamén a Ciudad Residencial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño francés. Participou na campaña de Exipto (1798) e na defensa de Malta. Na vangarda da escuadra franco-española, foi derrotado polos británicos en Fisterra e en Trafalgar (1805).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto atribuído a Geoffrey de Monmouth (1151?), que recolle as tradicións insulares sobre o tolo dos bosques e presenta a un Merlín ancián que renuncia ao trono de Demecia (Gales) para levar unha vida de eremita no bosque Calidón. Aparece por primeira vez Morgana, unha ninfa descendente da fada das sagas celtas Muirgen, relacionada con Morrigan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo alemán. Descubriu as estrelas dobres (1890) mentres estudaba a velocidade das estrelas mediante a aplicación do efecto Doppler. Elaborou un catálogo de 51 estrelas e determinou a velocidade de rotación do Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor estadounidense. Coñecido como Louis Calhern, traballou no teatro e no cine. Da súa filmografía destacan What’s Worth While? (1921), Duck Soup (1933), The Magnificent Yankee (1950), Julius Caesar (1953) e High Society (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista alemán. Defendeu as teorías de Darwin e ocupouse do home, pero a súa antropoloxía era radicalmente materialista. Escribiu Eine realmonistische Weltanschauung (1878) e Welt und Lebensanschauung für das Volk (1892-1893).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo alemán. Profesor na Universidade de Göttingen, traballou sobre literatura castelá (edición do Poema del Cid, 1879), a francesa (Jean de Mairet, 1888), e a alemá e a inglesa medievais (Kürenberg und die Nibelungen, 1874, e Brut, 1877). En 1881 fundou e dirixiu a revista Romanische Forschungen, e en 1890 o Kritischer Bericht für die Fortschritte der romanischen Philologie.

    VER O DETALLE DO TERMO