"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro dúplice situado en Ortoá (Sarria).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das lamiáceas, ao que pertence o romeu.
-
PERSOEIRO
Político. Doutor en Dereito (1859), foi xefe e fundador do Partido Liberal, gobernador civil de València (1881) e gobernador do Banco de España. Foi ministro de Ultramar (1888), de Graza e Xustiza (1894), e de Gobernación en seis ocasións entre 1888 e 1899.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto finlandés, fillo de G. E. Saarinen. Instalouse en EE UU co seu pai (1923), con quen colaborou, e naturalizouse estadounidense. No Technical Center da General Motors, en Warren (1951-1957), utillizou un formulismo racionalista, pero en obras posteriores non puido afastarse de connotacións manieristas e historicistas medievais, como nas residencias para estudantes da University of Pennsylvania (1957-1960), a embaixada de EE UU en Londres (1955-1960) e os colleges da Yale University. Realizou tamén as terminais da TWA, no aeroporto Idlewild (actual John F. Kennedy) de Nova York (1956-1962), e do aeroporto Dulles de Washington (1961- 1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto finlandés, pai de E. Saarinen. Estudou pintura e arquitectura, e en 1896 asociouse con H. Gasellins e A. Lindgren. Foi autor da estación de tren de Helsinqui (1904-1914) e do proxecto para o edificio do Chicago Tribune (1922), que lle abriu as portas a EE UU, onde se instalou en 1923. Foi profesor na University of Michigan e director (1923-1948) da Cranbrook Academy of Art, para a que construíu diversos edificios. En 1938, asociado co seu fillo, superou a influencia medieval e realizou unha arquitectura máis racionalista, como o Music Hall de Buffalo (1938) e a Christ Lutherian Church de Minneapolis (1949-1950). Colaborou no proxecto do centro técnico da General Motors, en Detroit (1949), que acabou o seu fillo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea, perenne, de ata 200 cm de altura, con rizoma, follas opostas, divididas en folíolos lanceolados coa marxe dentada, flores pequenas brancas ou rosadas agrupadas en inflorescencias densas e de cheiro moi desagradable e froito en baga negro non comestible. Florece entre maio e xullo. Vive en terreos húmidos, en regatos e marxes de cursos de auga, soutos e lugares sombríos. É orixinaria de Europa e o N de África e emprégase coma planta medicinal. OBS: Tamén se denomina nabeao.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia moi doce obtida a partir do ácido o-toluenosulfónico que se emprega como edulcorante en lugar de azucre.
-
-
Relativo ou pertencente ao azucre.
-
Que contén azucre.
-
-
CIDADES
Cidade da provincia de Ontario, Canadá, situada ao S de Toronto (129.170 h [2001]). Predominan as industrias do automóbil, do téxtil e de produtos alimentarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
División administrativa de Xamaica (1.192 km2; 482.308 h [2000]). A súa capital é Spanish Town.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Introduciuse na fotografía a través do seu pai, Osvaldo Salas, e comezou a traballar en El Imparcial (1955). Establecido en La Habana (1959), traballou en Revolución, Cuba, Bohemia e fundou co seu pai Gramma. Correspondente na Guerra de Vietnam, ocupou diversos cargos públicos e foi o fundador da Agencia de Prensa Latina. A partir da década de 1990 experimentou coa manipulación de imaxes e publicou Tabaco: visiones sobre la leyenda (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio italiano que se estendía ata Tarento, a parte costeira da actual provincia de Salerno e boa parte da chaira de Campania. Foi separado do principado de Benevento en 847 e converteuse nun principado longobardo independente. No s XI comprendía case toda a Italia meridional despois de someter os ducados de Amalfi, Sorrento e Gaeta e o principado de Capua, e foi reducido a vasalaxe aos condes normandos de Pulla-Calabria. Como título feudal foi posuído polos Orsini, condes de Nola, e polos Sanseverino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada entre a de Arbosa e a enseada da Barda, na parroquia de Brantuas (Ponteceso).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Abrence (A Pobra do Brollón). O seu cumio acada os 717 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Castrelo (San Xoán de Río). O seu cumio acada os 1.000 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da ribeira N da ría de Arousa, situada na parroquia de Rianxo, no concello homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea perenne, de 60 a 120 cm de altura, de follas sésiles, opostas, pubescentes e lanceoladas e flores maxentas dispostas en espigas terminais. Florece entre abril e outubro e medra preto da auga ou en lugares moi húmidos, como nas beiras de ríos, regatos e charcas. Atópase en toda a Península Ibérica e Illes Balears. Emprégase como planta medicinal polas súas propiedades astrinxentes.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Montouto e Labrada (Abadín). O seu cumio acada os 928 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Milleirós (Pol). O seu cumio acada os 786 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLOTES
Illote do Océano Atlántico, situado fronte á illa de Sálvora, na parroquia de Aguiño (Ribeira).
VER O DETALLE DO TERMO