"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘unto (de porco)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Produtor cinematográfico. Empresario e presidente do Celta de Vigo, creou a produtora Suevia Films-Cesáreo González en 1940. De-señou unha política de produción destinada aos xéneros máis comerciais e mesmo populistas. Así, a partir da súa primeira produción Polizón a bordo (Florián Rey, 1941), comezou a producir proxectos rendibles como Campeones (Ramón Torrado, 1942), La nao capitá (F. Rey, 1946), Reina Santa (Rafael Gil, 1947) ou Botón de ancla (R. Torrado, 1947). Nesta primeira etapa destaca o que se deu en chamar “gallegada” ou “melodrama regional gallego”, estratexia para a que contou co director coruñés Ramón Torrado e que se desenvolveu en títulos como Mar abierto (1946), El emigrado (1946) e Sabela de Cambados (1948). Ao longo da década seguinte, traballou no cine folclórico tradicional andaluz (La niña de la venta, La estrella de Sierra Morena, Morena Clara), pero tamén aproveitou as modas que xurdían no cine español, como a do cupletismo (Mi último tango e La reina del Chantecler)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Doutor en Filoloxía Hispánica (1992), é profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela e membro do Instituto da Lingua Galega. Como investigador, a súa actividade está centrada no estudo do proceso de estandarización do galego moderno, con especial atención ao s XIX, e da historia da lexicografía galega. En 2002 colaborou na preparación do Dicionario de dicionarios do galego medieval en CD-ROM e dunha edición completa, en soporte electrónico, do Dicionario Galego-Castelán, de Eladio Rodríguez. É coautor do Dicionario normativo galego-castelán (1988) e do Léxico da administración castelán-galego (1991), e editor de Entre a vendima e a castañeira, de Otero Pedrayo e, en colaboración con Dolores Vilavedra, de Retrincos e Un ollo de vidro, de A. Rodríguez Castelao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz estadounidense. A súa imaxe mística e de muller fatal levouna a protagonizar numerosas películas entre 1914 e 1919. Destacan A Fool There Was (1915), The Darling of Paris (1916), The Unchastened Woman (1925) ou Madame Mystery (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos gordioideos.

    2. Verme da orde dos gordioideos.

    3. Orde de vermes nos que existe un cordón epidérmico ventral, unha cavidade do corpo chea dun tecido parenquimático, e gónadas pares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Coñecido como Gordon Paxá, participou na Guerra de Crimea, nas campañas da India e na expedición francobritánica en China (1860). Entrou ao servizo dos exipcios como gobernador do Sudán Meridional, onde dirixiu unha campaña contra o tráfico de escravos (1874), e posteriormente foi gobernador xeral de Sudán ata 1879. Ocupou diversos cargos en Sudáfrica, China e a India, e volveu a Sudán en 1884 para organizar a retirada; sen embargo, decidiu conter a revolta de Mu ḥ ammad A ḥ mad ibn ‘Abd Allāh e, despois de dez meses de cerco en Khartoum, morreu asasinado antes da chegada das tropas de reforzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta romántico, sexto barón Byron de Rochdale. Coñecido como Lord Byron, foi educado en Aberdeen pola súa nai, unha nobre escocesa. De 1809 a 1812 viaxou pola Península Ibérica, Grecia e Turquía, e compuxo os dous primeiros cantos de Childe Harold’s Pilgrimage (1812), obra autobiográfica. De 1813 a 1816 publicou os poemas narrativos The Giaour, The Bride of Abydos, The Corsair, Lara e The Siege of Corinth. Acusado de crueldade e loucura pola súa ex-muller e tamén de manter relacións incestuosas coa súa medio irmá Augusta Leigh, abandonou Inglaterra en 1816 e viaxou por Bélxica, Alemaña e Suíza, onde faría amizade co poeta Percy B. Shelley. Compuxo daquela o terceiro canto do Childe Harold’s Pilgrimage, e ao ano seguinte, en Florencia, escribiu o cuarto. Neste período escribiu tamén os dramas Manfred e Cain e as traxedias Don Juan, Marino Faliero, The two Foscari e Sardanapalus....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos gorgonáceos.

    2. Cnidario da orde dos gorgonáceos.

    3. Orde de cnidarios da subclase dos alcionarios que agrupa a especies coloniais que alcanzan ata 2 m. As colonias fórmanse por un eixe común ou calcário, onde se aloxan os pólipos. No Mediterráneo existen o coral vermello e o negro, e nos mares tropicais, as gorgonias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Formouse en Zúric baixo a dirección de Jakob Jud. Foi catedrático de Filoloxía Románica nas universidades de Viena (1959-1967) e de Basilea (1967-1981). É autor de varios estudios de dialectoloxía diacrónica francesa, entre os que destaca Petite grammaire de l’ancien picard (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático inglés. Foi profesor no Caius College de Cambridge. Investigou en diversos campos da física matemática, como a óptica, a mecánica dos fluídos e a teoría do potencial. É autor do teorema que leva o seu nome e que serviu de base a numerosos traballos sobre as funcións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Teorema segundo o que, baixo condicións bastante xerais, se f e g son dúas funcións que se definen nun recinto do espazo V é unha rexión interior a este recinto que se limita por unha superficie S, cúmprese:

    FORMULA

    Onde 62= -2/-x2+ -2/-y2+ -2/-z2é o laplaciano, -/- n é a derivada direccional segundo a normal á superficie que se dirixe cara a fóra, é dicir, -f/- n = 6f· n .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Marqués de Vallesantoro e de Squilace (1755-1785), estivo ao servizo de Carlos III. Contable da casa Baretta en Nápoles, foi nomeado por Carlos III administrador xeral de víveres militares (1742), director xeral de aduanas (1746) e secretario de Facenda (1753). Tras recibir os títulos de marqués de Vallesantoro e de Squilace (1755), acumulou na súa persoa as carteiras de Guerra, Mariña e Comercio do reino napolitano. En 1759, tras ocupar Carlos III o trono español, trasladouse a Madrid, onde ocupou a carteira de Facenda. Desde 1763 ocupou tamén a secretaría de Guerra e interinamente a de Gracia e Xustiza. Iniciou un programa de reformas que o levaron a fundar montepíos para viúvas e orfos, á creación do sistema de loterías, a impulsar a urbanización de Madrid e a promulgar o bando sobre capas e chapeos (1766), que iniciou o motín de Esquilache. Tras ser cesado polo monarca nos seus cargos (24.3.1766), trasladouse a Sicilia e foi nomeado embaixador de España en Venecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta colombiano. Membro do grupo Los nuevos e Panidas, dirixiu a revista Panida (1915). Da súa produción destacan Tergiversaciones (1925), Libro de signos (1930), Vacaciones alrededor de nada (1936), Prosas de Gaspar (1937), Antología poética (1942), Fárrago (1954), Nova et vetera (1973) e Libro de relatos (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo irlandés. Publicou varios traballos sobre a literatura do norte de India. Realizou a primeira bio-bibliografía da literatura das linguas indoiranias, cun traballo xeral da súa distribución e afinidades lingüísticas. A partir de 1898 residiu e traballou en Camberley, onde traballou no Linguistic Survey of India (1898-1928), que ofrece información sobre unhas 350 linguas e dialectos de India. Tamén destacan as súas obras Bihar Peasant Life (1885), Seven Grammars of the Dialects and the Subdialects of the Bihárí Language (1883-1887) e A Ditionary of the Kāsmīrī Language [...] (1916-1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Distinguiuse na loita contra os alemáns durante a Segunda Guerra Mundial (1940-1945) e contra os guerrilleiros comunistas (1946-1949). En 1954 pasou a Chipre e dirixiu a loita contra os británicos como xefe da EOKA. Opúxose á independencia da illa (1960) e ao goberno de Makarios, e reivindicou a unión con Grecia. Durante a guerra civil de 1964 dirixiu as forzas grecochipriotas, pero foi expulsado da illa. Volveu en 1971 e continuou dirixindo na clandestinidade grupos nacionalistas chipriotas progregos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, pedagogo e crítico da arte. Discípulo de P. Behrens, realizou con Adolf Meyer os talleres Fagus en Alfeld an der Leine (1911) e un pavillón industrial na exposición do Deutsches Werkbund de Colonia (1914), considerada a derradeira obra do período de exploración da arquitectura moderna. Chamado para dirixir a Sächsische Hochschule für bildende Kunst e na Sächsische Kunstgewerbeschule, refundounas e creou a Bauhaus en Weimar (1919), que dirixiu ata 1928. Co lema “arte e técnica: unha nova unidade”, formulou en termos modernos a loita entre as vantaxes cualitativas da artesanía e as cuantitativas da industria, xunto coa estandarización. En 1934, coa chegada dos nacionalsocialistas ao poder, trasladouse a Reino Unido, onde traballou con E. Maxwell Fry, e en 1937 a EE UU. Exerceu de profesor na Graduate School of Design de Harvard, onde dirixiu a sección de arquitectura. En 1949 creou The Architects Collaborative, que actuou de modelo nos medios arquitectónicos norteamericanos. Como...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás grosulariáceas.

    2. Planta da familia das grosulariáceas.

    3. Familia de arbustos, que engloba un só xénero (Ribes) e ao redor de 150 especies, as máis delas distribúense nas zonas templadas do Hemisferio N e os Andes. Son plantas caducas ou perennes, moitas veces espiñosas, con follas simples, alternas sen estípulas, flores pequenas que nacen en aciosos e o froito carnoso. O seu maior interese radica nos froitos comestibles do xénero, as grosellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán naturalizado norteamericano. Estudiou en Dresden e Berlín e fixo debuxo humorístico para os xornais. Despois dunha estancia en París, participou no dadaísmo e no futurismo. Creou unha obra dun expresionismo cruel sobre escenas da vida contemporánea, entre as que destacan, A vida dun socialista (1920), Ecce homo (1923) e Milagre dun burgués (1925). Fuxiu do nazismo e trasladouse a EE UU en 1933, onde realizou paisaxes e bodegóns románticos e visións apocalípticas.

    VER O DETALLE DO TERMO