Gregorio, Leopoldo de

Gregorio, Leopoldo de

Político italiano. Marqués de Vallesantoro e de Squilace (1755-1785), estivo ao servizo de Carlos III. Contable da casa Baretta en Nápoles, foi nomeado por Carlos III administrador xeral de víveres militares (1742), director xeral de aduanas (1746) e secretario de Facenda (1753). Tras recibir os títulos de marqués de Vallesantoro e de Squilace (1755), acumulou na súa persoa as carteiras de Guerra, Mariña e Comercio do reino napolitano. En 1759, tras ocupar Carlos III o trono español, trasladouse a Madrid, onde ocupou a carteira de Facenda. Desde 1763 ocupou tamén a secretaría de Guerra e interinamente a de Gracia e Xustiza. Iniciou un programa de reformas que o levaron a fundar montepíos para viúvas e orfos, á creación do sistema de loterías, a impulsar a urbanización de Madrid e a promulgar o bando sobre capas e chapeos (1766), que iniciou o motín de Esquilache. Tras ser cesado polo monarca nos seus cargos (24.3.1766), trasladouse a Sicilia e foi nomeado embaixador de España en Venecia.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Messina

  • Deceso

    Lugar : Venecia