"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
REPUBLICAS
Confederación integrada por Nueva Granada, Venezuela e Ecuador, constituída no Congreso de Angostura (1819) e da que Simón Bolívar foi o seu primeiro presidente. No congreso de Cúcuta, onde foi elaborada a Constitución (1821), manifestáronse as primeiras disensións entre centralistas e federalistas; feito que acabou provocando a súa desintegración coa separación de Venezuela (1829) e Ecuador (1830). En 1886 tomou o nome de República de Colombia.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do SO dos EE UU, cunha extensión que sobrepasa o millón de km2, entre Sierra Nevada e as montañas Wasatch (Rochosas). Esténdese polos estados de Idaho, Utah, Oregon, Nevada, California e Arizona. Está formada por unha serie de concas e por cadeas de montañas constituídas por materiais volcánicos e sedimentarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conca sedimentaria do interior de Australia. Ocupa unha superficie de 1.500.000 km2, desde o golfo de Carpentaria á conca do Eyre e Murray. Está formada por unha capa de xistos que recobren rochas de carácter poroso e areoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Etapa da historia dos EE UU que se iniciou coa caída da bolsa de Nova York en 1929, que abriu paso a una profunda depresión económica, e se prolongou durante a década de 1930. Estendeuse polo resto dos países industrializados e deu lugar ao aumento do intervencionismo estatal na delimitación das políticas económicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra publicada desde o ano 1974, baixo a dirección de Ramón Otero Pedrayo. Ademais do editor, Silverio Cañada, o seu equipo de redacción estivo formado por numerosos especialistas, encargados de redactar os temas de cada unha das súas áreas de coñecemento, por directores de sección e por un comité coordinador formado por Xesús Alonso Montero, Francisco Fernández del Riego e Basilio Losada Castro. Naceu co obxectivo de recoller por primeira vez nunha obra enciclopédica a propia identidade galega e todas as súas manifestacións culturais. Consta de trinta volumes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira Guerra Mundial.
-
LAGOS
Lago do Territorio do Noroeste, Canadá (28.438 km2). Atravésao o río Mackenzie, do que é regulador. Está comunicado co Gran Lago dos Osos e posúe explotacións de uranio e ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago do Territorio do Noroeste, Canadá, de orixe glacial (32.000 km2). Atravésao o río do Oso e está comunicado co Gran Lago do Escravo. Desemboca no río Mackenzie. Nas beiras hai explotacións de uranio e radio.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago do estado de Utah, EE UU (4.690 km2). A gran concentración de cloruro e sulfato de sodio da auga fai que esta, ás veces, chegue a solidificarse nos lugares pouco profundos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conurbación de Reino Unido que abrangue 32 distritos ademais da cidade de Londres.
-
MACIZO
Macizo alpino constituído principalmente por rochas cristalinas, situado entre os vales do Orco e do Dora Baltea, dos Alpes de Graies. Ten grandes altitudes, como o Gran Paradiso (4.061 m) e o Grivola (3.969 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
MACIZO
Macizo montañoso dos Abruzos, Italia, máxima altura dos Apeninos (Corno Grande, 2.914 m). Formado por rochas calcarias, ten un relevo modelado, en parte, polos glaciares.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
[Phytolacca americana, Fam das fitolacáceas]
-
-
Extensión grande de monte baixo.
-
Propiedade rural, pechada, con construcións diversas, que se dedica á explotación agrícola e gandeira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, un león rampante de ouro.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Abadín baixo a advocación de santa María Madanela.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Doutorouse en Teoloxía en Roma e estudiou xornalismo na Columbia University de Nova York. En 1918 exerceu como redactor en El Debate e posteriormente traballou en Ya, España Pesquera e El Ideal Gallego, ademais doutras publicacións españolas e estranxeiras. A partir de 1921 foi correspondente da axencia News Service. Despois de fundar con Angel Herrera Oria en 1926 a escola de xornalismo El Debate, foi asesor do Sindicato Nacional de Pesca. Durante a Guerra Civil española foi cronista de guerra co grao de tenente provisional. Publicou La Escuela de Periodismo. Programas y métodos (1930), Qué debe España a los religiosos? (1932), Mares y peces (1952) e a tradución Mi conversión al catolicismo (1940), do cardeal Newman. En setembro de 1949 foi nomeado fillo predilecto da vila de Cangas e déuselle o seu nome a unha rúa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Filoloxía Románica, foi catedrático de Lingua e Literatura de ensino medio. Desde os dezaoito anos formou parte, xunto con Celso Emilio Ferreiro, do consello de redacción da revista de poesía Alba e durante a súa etapa de estudante en Salamanca (1955-1957) foi un dos impulsores da revista Clavero e da tertulia Marabunta, organizadora de encontros culturais e diversos recitais poéticos na universidade salmantina ao lado de Rafael Laínez Alcalá. En 1958 participou en Madrid na fundación do grupo Brais Pinto e colaborou en diversas publicacións. Incluído na Xeración das Festas Minervais, da súa produción destaca, Poema do home que quixo vivir (1958), Vinte mil pesos crime (1962), Contos populares da provincia de Lugo (1963), Profecía do mar (1966), O león e o paxaro rebelde (Premio O Facho 1969), Fins do mundo (1974), Sinfarainín contra don Perfeuto (1975), Non vexo Vigo nin Cangas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Covelo baixo a advocación de san Bernabeu.
VER O DETALLE DO TERMO