"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

    1. Golpe dado no fociño.

    2. Golpe dado na cara coa man aberta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. 3 morriña.

    2. Cousa de pouca entidade e importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo SO da parroquia de Casoio (Carballeda de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.633 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival de teatro organizado pola Asociación Cultural Abrente en 1973. Co tempo converteuse no punto de encontro do teatro galego emerxente, marco de reflexión e debate arredor das posibilidades dun teatro de expresión galega e sobre a viabilidade dun teatro profesional. Entre 1973 e 1978 Ribadavia constituíu a cita anual do teatro en galego e por alí pasaron compañías como Ditea, Antroido, Teatro Circo, O Facho, Tespis, Troula, Candea, Malveira, Histrión 70, Grupo de Teatro Auriense, Martín Códax, Teatro Popular Queizán, A Farándula, Artello ou Máscara 17. Asociado á Mostra, a Asociación Cultural Abrente tamén organizou o Concurso de Textos Dramáticos, que deu a coñecer a autores como Manuel Lourenzo, Roberto Vidal Bolaño ou Euloxio R. Ruibal. En 1984 a Mostra, que deixara de celebrarse desde 1979, volveu presentarse como Festival Internacional de Teatro, con dirección de Rubén García. Desde esa data constitúe un dos festivais de teatro de maior relevancia de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe que se dá coa man aberta nunha moufa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización da esquerda revolucionaria portuguesa que integraba aos militares, dos que destacaron Ernesto Melo Antunes, Otelo Saraiva de Carvalho e Vasco Gonçalves, que organizaron a Revolução dos Cravos. Coñecida como os capitães de abril, o 25 de abril de 1975 enfrontouse co réxime fascista de Portugal e derrocouno. Tras o triunfo asumiron a reorganización do goberno e das forzas armadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Segundo rei de Granada. De nome Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad al Faqīh, foi un hábil político e aliouse repetidamente, tanto coas coroas castelá e aragonesa como co reino norteafricano dos benimeríns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Terceiro rei de Granada (1301-1308), fillo e sucesor de Mu Palatino; Palatino;ḥ ammad II. Ampliou os dominios granadinos, pero, por mor da súa cegueira, obrigárono a abdicar a favor do seu irmán Na Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ṣ r.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sexto rei de Granada. De nome Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad ibn Ismā’īl, sufriu disputas internas ao principio do seu goberno, que foron aproveitadas habilmente tanto por Afonso XI de Castela como por Afonso IV de Aragón. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Oitavo rei de Granada (1354-1359 e 1361-1390), fillo e sucesor de Yūsuf I. De nome Mu Palatino; ḥ ammad ibn Yūsuf, distinguiuse pola súa habilidade política e polo seu apoio ao desenvolvemento cultural por medio do mecenado. Construíu hospitais e a madrasa que leva o seu nome en Granada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Décimo rei de Granada (1359-1361). Coñecido nas crónicas castelás como el rey Bermejo, asumiu o poder ao morrer asasinado Isma’īl II, o sucesor do derrocado Mu Palatino; ḥ ammad V. Este, aliado tamén con Pedro I de Castela, recuperou o trono e Mu Palatino; Palatino;ḥ ammad VI morreu executado polo rei castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Décimo cuarto rei de Granada (1417-1427, 1429-1431 e 1432-1445), fillo e sucesor de Yūsuf II. Foi derrocado por Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad IX (1427-1429), por Yūsuf IV (1432), á morte de quen recuperou o poder, e por Mu Palatino; Palatino;ḥ ammad X (1445-1453).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro rei de Granada (1482-1492), fillo de Muley-Hacén e de ‘Āiša. De nome Mu Palatino; ḥ ammad Abū ‘Abd Allāh, foi coñecido como Boabdil nas crónicas castelás. Foi vítima das intrigas que provocaron o derrubamento da dinastía nasarita. Rebelouse en Guadix, pero a alianza que o seu pai fixo co seu tío, coñecido como El Zagal, e o feito de caer prisioneiro dos Reis Católicos obrigárono a asinar o Pacto de Córdoba (1483) con tal de obter a axuda cristiá. Perdida Granada, seguiu vivindo alí ata que foi desterrado a Andarax polos Reis Católicos en 1493, e de alí pasou á corte benimerina de Fez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Granada (1485-1486). De nome Mu Palatino; ḥ ammad Abū ‘Abd Allāh, era coñecido como El Zagal nas crónicas castelás. Acordou co seu sobriño Boabdil (Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad XI de Granada) a partición do reino, pero, enfrontado con el, colaborou cos Reis Católicos na conquista da capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Granada (1231-1272). De nome Muḥammad ibn Yūsuf ibn Na ṣ r, foi o primeiro monarca da dinastía nasarita. Declarouse independente dos almohades, e despois de conquistar Guadix, Jaén e Baza, proclamouse emir de Al-Andalus. Iniciou a construción da Alhambra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cantidade dun produto que se moe dunha soa vez.

      2. Cantidade de gran que se leva de cada vez ao muíño.

    1. amoada.

    2. Medida de olivas de valor variable, segundo as bisbarras e o tipo de traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Contrario aos postulados da escola clásica, negou a existencia de leis económicas de comportamento xeral. Das súas obras destacan Die Elemente der Staatskunst (Os elementos da política, 1809) e Versuch einer neuen Theorie des Geldes (Ensaio sobre unha nova teoría do diñeiro, 1816)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Desde 1971 reside en EE UU, onde traballou no Institute of Technology of Massachusetts. Iniciouse na pintura e ao redor de 1971 aproximouse á arte conceptual. Posteriormente, centrouse na experimentación sobre medios alternativos, especialmente a videoarte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Traxe tradicional feminino de cor negra e de gran distinción. Está composto polo refaixo que é negro e con adornos da mesma cor e broche de prata e incluso de ouro; o dengue, corpiño e mantelo, en que había adornos con abelorios de acibeche; e a cofia. Nalgunhas zonas úsase como traxe de gala e incluso de voda.

    2. Peza do traxe tradicional que consiste nun mantelo negro con veludo e adornado con abelorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Sistema montañoso situado nas parroquias de Pacios e Piñeira (A Fonsagrada). As súas altitudes máximas oscilan entre os 1.000 e os 1.111 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO