muradá

muradá

(< muradán)

  1. s f [INDUM]

    Traxe tradicional feminino de cor negra e de gran distinción. Está composto polo refaixo que é negro e con adornos da mesma cor e broche de prata e incluso de ouro; o dengue, corpiño e mantelo, en que había adornos con abelorios de acibeche; e a cofia. Nalgunhas zonas úsase como traxe de gala e incluso de voda.

  2. s f [INDUM]

    Peza do traxe tradicional que consiste nun mantelo negro con veludo e adornado con abelorios.