Murad, Ferid

Murad, Ferid

Médico estadounidense. Estudou na Escola de Medicina da Western Reserve University (Cleveland), onde se doutourou en 1965. Centrou as súas investigacións en averiguar como o óxido nítrico regula as funcións celulares e sobre determinadas hormonas. Ten numerosos artigos, como “Quantitative protein profiling in heart mitochondria from diabetic rats” (2003), “The excitement and rewards of research with our discovery of some of the biological effects of nitric oxide” (2003) e “Intrauterine devices containing progesterone” (1977), entre outros. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1998), xunto con R. Furchgott e L. J. Murad, polos seus descubrimentos relacionados co óxido nítrico como sinal molecular no sistema cardiovascular.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Whiting, Indiana