"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de procesos de asimilación dos nutrientes (substancias simples) e a súa transformación en materia vivente (substancias complexas). É, por tanto, un fenómeno construtivo que inclúe procesos de síntese e require enerxía. Forma parte do metabolismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera composto formado como resultado dun proceso anabólico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que activa o anabolismo favorecendo a síntese das proteínas e diminuíndo a súa desintegración excesiva. O seu uso produce un aumento do apetito, do peso e unha mellora do estado xeral; diminúe a eliminación de nitróxeno e favorece tamén o depósito de calcio nos ósos. A maioría dos anabolizantes son de estrutura química semellante aos andróxenos, o que lles confire, ás veces, unha certa acción virilizante.
-
-
-
Relativo ou pertencente á reflexión, especialmente dos sons.
-
reflectido.
-
son anacámptico
eco.
-
-
Curva producida pola reflexión da luz sobre unha superficie, mentres a posición do ollo permanece fixa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento para medir a reflexión da luz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Da cor do nácar.
-
-
Que pertence á familia das anacardiáceas.
-
Planta da familia das anacardiáceas.
-
Familia de árbores ou arbustos da orde das rutais, de distribución tropical e subtropical, cuns cantos xéneros propios de Eurasia. A maioría teñen tecidos resiníferos e o seu exudado é, ás veces, irritante ou velenoso. As anacardiáceas proporcionan taninos, madeira e, sobre todo, froitas (mango) e froitos secos (anacardio, pistacho e outros). En Galicia pódense atopar o escornacabras e o sumagueiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compoñente do aceite da casca do froito do anacardio.
-
-
Relativo ou pertencente ao anacardio, que está confeccionado con anacardios.
-
Confección de anacardios.
-
-
-
-
Árbore de follas alternas, simples e coriáceas, e de flores irregulares, propio de América Central e moi cultivado nos países cálidos pola súa froita, que tamén recibe o nome de anacardio, e pola súa madeira.
-
Pedúnculo carnoso e piriforme do froito do anacardo, zumarento, agridoce, recendente e comestible. Do produto carnoso obtense, por fermentación, unha bebida alcólica. Como froito seco emprégase en repostería e como aperitivo.
-
-
-
Exudado da casca do anacardo. Goma dura de diversas aplicacións como tintas, insecticidas, produtos farmacéuticos, vernices, encadernacións, etc.
-
líquido de anacardio
Líquido que se obtén da pel do froito do anacardo. Os seus principais compoñentes son o ácido anacárdico (90%), un difenol e un produto vesicante. Ten aplicacións técnicas importantes (vernices, plastificantes, insecticidas, tintas, etc).
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo siamés que se atopa unido ao xemelgo unicamente pola parte central do corpo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise do verso, a frase ou a palabra que ten exactamente o mesmo sentido lido de dereita a esquerda ou de esquerda a dereita.
-
-
Na métrica clásica, cambio de lugar dunha sílaba curta ou longa que introduce un efecto de contratempo.
-
Refracción da luz.
-
-
-
Relativo ou pertencente á anaclase.
-
-
Pertencente á refracción da luz.
-
Producido pola refracción da luz.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do grego Ảνάκλετος ‘invocado’, derivado de ἀ νακλέω ‘invocar, berrar’, ou mellor de Ảν ένκλετος ‘libre de toda culpa, irreprensible’. Santo Anacleto (s I) de Atenas aparece tamén na lista dos papas co nome de Cleto, forma abreviada con aférese do nome completo.
-
PERSOEIRO
Nado en Atenas, foi o terceiro Papa (79-91) despois de san Pedro e san Lino e morreu lapidado en Roma baixo o goberno de Diocleciano; enterrárono onda san Pedro. A súa festividade celébrase o 13 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Curso de auga ou dun val que ten unha pendente con sentido oposto á inclinación dos estratos do terreo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo a anaclinal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relación primitiva entre os impulsos sexuais e os impulsos de autoconservación que proporcionan a fonte orgánica e o obxecto aos primeiros.
-
-
Relativo ou pertencente á anáclise.
-
Conxunto de trastornos semellantes aos da depresión do adulto que se manifestan progresivamente no neno privado do contacto coa nai, despois de ter, polo menos nos seis primeiros meses de vida, unha relación normal con ela.
-