"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Acción e efecto de culturizar ou culturizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edicións do Cumio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Fillo dun farmacéutico nacido en Cambados, Xoaquín, casado con Pepita -da estirpe dos Moirón de Cachán-, parente dos Valle-Inclán e tamén dos Vicetto, instalouse coa súa familia fronte á Fonte Vella mindoniense. Cunqueiro dende cativo compaxinou a súa paixón pola lectura co contacto coa máxica realidade que lle proporcionaron as terras natais, paisaxe omnipresente nas súas ficións e nas súas reflexións sobre a vida; e foi nesta época cando escribiu en castelán unha novela de vaqueiros na que os indios se expresaban en galego. Era un texto no que os indios vencían os brancos pero que revelaba unha clara comprensión do noso conflito lingüístico. Trasladouse a Lugo para estudar o bacharelato e alí frecuentou a miúdo a Biblioteca Provincial e entrou en contacto con Ánxel Fole, os irmáns Correa Calderón e co poeta Luís Pimentel. Xa en Santiago de Compostela matriculouse, desde o curso 1927-1928, en Filosofía e Letras, na sección de historia, e tomou parte activa na intensa vida cultural...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • bronce de silicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de curar ou curarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador latino. Escribiu a Historiae Alexandri Magni Macedonis (A historia do macedonio Alexandre Magno), obra en dez volumes dos que se perderon os dous primeiros. Malia o seu pouco rigor histórico e crítico, presenta un gran sentido dramático e manifesta a influencia de Séneca. Durante a Idade Media tivo unha gran difusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Activista político italiano. Estudiou socioloxía na Universidade de Trento. Pertenceu á Sinistra Proletaria e en 1970 converteuse en ideólogo e fundador das Brigate Rosse. En 1974 foi detido, acusado de roubo, de homicidio frustrado e de pertencer a banda armada. Liberado en 1975, foi novamente detido en 1976 e encarcerado ata 1998.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A fundación constitúese o 6 de maio de 2004 co apoio do Concello de Celanova, a Deputación Provincial de Ourense, a Consellería de Cultura, a Consellería de Educación, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e as tres universidades e as dúas caixas de aforro galegas, para facerse cargo da antiga casa familiar do poeta Curros Enríquez, que foi nomeada Monumento histórico-artístico de interese local en 1976. A restauración da casa foi subvencionada polas tres primeiras institucións xunto co Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, e na actualidade alberga un museo sobre a vida e obra de Curros Enríquez e doutros escritores celanovenses, como Celso Emilio Ferreiro, Castor Elices ou Méndez Ferrín. As instalacións, chamadas por este motivo Casa dos Poetas, preséntanse como un edificio típico da Galicia vilega de mediados do século XIX, cun patio interior que o conecta a outra vivenda de estrutura máis rural. Na parte posterior ubícase unha horta anexa onde se organizan actividades...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diferencia entre a distancia real dun planeta ao Sol ou á Terra e a proxección ortogonal desta distancia sobre o plano da eclíptica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de transposición, descuberta por T. Curtius en 1894, coa que se obtén a formación de isocianatos e dos seus derivados por descomposición de acidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impregnación con cutina da membrana celulósica das células vexetais epidérmicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de diagnose inmunolóxica que consiste en pór en contacto un antíxeno sobre a pel, con ou sen escarificación previa da derme.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Dacia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Dacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome étnico procedente do xentilicio latino Dacius ‘dacio’, natural de Dacia (actual Romanía). A festividade de S. Dacio celébrase o 14 e o 27 de xaneiro, e o 1 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de dar unha cousa a alguén.

    2. Acto de cumprimento dunha obriga mediante a realización dunha prestación distinta á debida, sen empregar o diñeiro, e efectuada de mutuo acordo entre o acredor e o debedor. Diferénciase da cesión de bens na transmisión da propiedade da cousa, ademais do dereito de posesión e administración da mesma. Ten o pleno efecto de supor a extinción da obriga. Non é necesario que o valor do dado sexa equivalente ao debido e abonda coa aceptación da prestación substitutoria. Os organismos recadadores poden aceptar as dacións como método substitutorio do ingreso de tributos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema mediante o que se pode levar a cabo a composición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Solución neutra de hipoclorito sódico ao 0,50% e de ácido bórico ao 0,40% utilizada para limpar feridas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome masculino que provén do xentilicio latino Dalmatius ‘dálmata, natural da Dalmacia’, rexión do Adriático oriental poboada polos ilirios. No santoral figuran, entre outros, un santo mártir bispo de Pavia (s IV), celebrado o 15 de decembro, e un arquimandrita de Constantinopla, celebrado o 3 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo compostelán (1094-1095). Monxe da abadía francesa de Cluny, foi destinado á Península Ibérica no 1090, onde participou nas loitas contra os mouros e na toma de Lisboa antes de acceder á mitra compostelá. Nomeado bispo de Compostela polo Papa Urbano II, durante o seu bispado tentou consolidar a reforma gregoriana, participou no Concilio de Clermont (1095), onde solicitou a independencia da igrexa compostelá da sé metropolitana de Braga e a constitución dunha nova sé episcopal en Santiago de Compostela, logo da extinción da sé iriense. Deste xeito, Compostela viuse eximida da xurisdición metropolitana de Braga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (350? - 440) Arquimandrita de Constantinopla en tempos de Teodosio o Grande. Combateu a herexía de Nestorio e durante o Concilio de Éfeso apoiou a causa de Cirilo de Alexandría. A súa festividade celébrase o 3 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO